[CP Madrid VI] Desestimado o recurso á prisión preventiva de Nahuel. Mañán día 5 terá nova vista

Colamos (traducida) do Barcelona Indymedia esta información asinada por Solidaridad anarquistas presxs:

Mais dunha semana despois da vista xudicial celebrada o pasado 18 de xaneiro, o xulgado desestimou o recurso imposto, polo cal Nahuel continuará en prisión preventiva indefinidamente.

Ante esta situación chamamos á solidariedade anarquista.

O pasado luns 18 de Xaneiro tivo lugar na Audiencia Nacional a vista xudicial para valorar o recurso interposto ante a actual situación de prisión preventiva do compañeiro Juan Manuel Bustamante Vergara (Nahuel). Tras mais dunha semana de espera comunicáronnos que o recurso desestimouse.

O 5 de febreiro o compañeiro está citado a declarar novamente para valorar se se levanta a preventiva tras un novo recurso.

Nahuel leva case tres meses encerrado sen sequera ser declarado culpable. Claramente este tipo de medidas forman parte dunha lóxica que pretende un golpe de efecto que amedrente a curto prazo, mais que un castigo (por non falar do afastado que isto se atopa da “xustiza” ou da “reinsercion”) dun delito determinado.

O 24,77% das persoas encerradas nos cárceres do Estado Español atópanse nesta situación preventiva, feito que demostra sobradamente o falaz do seu discurso democrático e a súa literatura sobre dereitos e liberdades.

Non lle otorgamos a este sistema totalitario, monolítico e devastador ningunha lexitimidade para xulgarnos. O único que fan é administrar a inxustiza e a miseria segundo os seus propios intereses.

Queremos a Nahuel e ao resto das nosas compañeiras presas na rúa. Por todo isto, e ante a actual situación do compañeiro, animamos a difundir e apoiar cos medios dos que se dispoñan. Que a solidariedade anarquista sexa algo mais que palabra escrita.

Se nos reprimen por loitar, respondamos loitando!

Liberdade para as nosas compañeiras e morte ao estado que as ten secuestradas.

Para escribir a Nahuel:

Juan Manuel Bustamante Vergara
Centro Penienciario Madrid IV, Navalcarnero.
Estr. N-V, km. 27.7,
28600 Navalcarnero, Madrid, España.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: