[Publicacións] Dúas novas edicións da Ex Nihilo distribuidora: “Anarquismo y Liberación animal” e “El barco de los locos”

As compas desta distri remitíronos vía e-mail outras dúas das súas publicacións que están libres para súa descarga na rede (en castelán); ás que damos pulo (e traducimos a súa psinose):

Anarquismo y Liberación animal (clica acá para súa descarga)
«Este folleto que tes entre as túas mans é un texto sinxelo, para quen estea interesados na liberación animal como un compoñente da liberación total. Non pretendemos impoñer a nosa forma de pensar, só reflectir o actuar da dominación e da explotación sustentadas nunha ideoloxía autoritaria; trátase de chegar á crítica, a análise e a reflexión acerca das relacións de poder e dominación que se dan na sociedade moderna civilizada. Onde inclusive os antiautoritarios reproducen estas relacións cos seus homólogos non-humanos, tamén argumentamos por que cremos que esta actitude é incoherente e impropia de calquera que loite contra a autoridade e a dominación.

Todos achegamos á explotación animal non-humana e humana a través da nosa indiferenza-submisión ao sistema capital-especista. Non esperamos que a sociedade cambie, o noso afán é derrocala xunto a todos os seus valores e moral relixiosa porque a liberación total vén dada pola destrución do sistema na súa totalidade».
……..

El barco de los locos x Ted Kaczynski
(clica acá para súa descarga)
«O capitán e os seus oficiais estiveran observando toda a escena, e a un sinal do capitán, o terceiro oficial volveu baixar a cuberta, e mesturándose entre os pasaxeiros, dixo: Aínda quedaban moitos problemas no barco, logramos importantes avances. Pero aínda seguen sendo duras as condicións de traballo para os mariñeiros, o mexicano non gaña aínda igual que os anglosaxóns, as mulleres aínda non teñen as mesmas mantas que os homes, o dereito para poder organizar partidas de dados os sábados é, certamente, unha pobre compensación polo roubo das terras aos seus antepasados, é inxusto que o contramestre deba chupar as pollas no armario e que o can se siga levando patadas de cando en vez. Creo que hai que presionar un pouco máis ao capitán. Sería de gran axuda se fixésedes outra protesta, sempre que esta non sexa violenta.

Mentres o terceiro oficial volvía ao posto, todos lle insultaban pero, ao final, fixeron o que este propuxo.

O capitán, unha vez escoitadas as súas queixas, reuniuse cos seus mandos en conferencia, durante a cal se chiscaron o ollo e sorriron abertamente; entón foise cara á varanda do castelo de popa e anunciou que aos mariñeiros darianlles luvas para manter as mans quentiñas, o mexicano recibila tres cuartas partes do salario dos anglosaxóns, ás mulleres entregaríaselles outra manta máis, ao mariñeiro indio deixaríanlle organizar partidas de dados os sábados e domingos e ao contramestre deixaríanlle chupar pollas en público a partir de anoitecer e ninguén podería darlle patadas ao can sen un permiso especial do capitán.

Os pasaxeiros e a tripulación quedaron extasiados con esta gran vitoria revolucionaria, pero á mañá seguinte, de novo sentiron insatisfeitos e comezaron outra vez para queixarse do de sempre».

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: