Anonymus denuncia que El Corte Inglés financia a un número elevado de xornalistas e de medios de comunicación e tamén ao Arcebispado de Madrid e á Policía

Recollemos (traducimos) da web Información Sensible esta entrada na que Anonymus descobre o que xa era notorio e que a calqueira persoa non influenciada polos “mass merdas” non chama a sorpresa, dado que os múltiples abusos laborais na historia de El Corte Inglés sempre foron silenciados por estes medios e os seus xornalistos “benpagaos”:

De momento o grupo de hackers La 9 de Anonymous entraron á intranet de El Corte Inglés e extraíron detalles de pagos e facturas a algúns xornalistas. Isto é algo que a propia compañía, coa que contactou Información Sensible, nega coñecer.

Os hackers aseguran que conseguiron información confidencial sobre as contas de El Corte Inglés. A través desta información podería demostrarse a relación da compañía con medios de comunicación nacionais e quedar así probado o suposto control que aquela exerce sobre estes.

Entre os medios afectados estarían tanto axencias, como EFE ou Europa Press, como periódicos e grupos de comunicación: El País, El Mundo, eldiario.es, ABC, El Periódico, Interviú ou Intereconomía. Algúns reciben financiamento a través de publicidade, pero outros o fan por pagos directos, aseguran os hackers.

Tamén aparecen na comunicación de Anonynous organizacións como a APM, a Policía ou o Arcebispado de Madrid, que recibiría de parte de El Corte Inglés 8 millóns de euros polas Xornadas Mundiais da Mocidade en 2011.

Os hackers anunciaron que a súa mensaxe “non é unha ameaza nin tampouco unha vendetta, é a exposición da nosa próxima acción levada a cabo de acordo a unhas conviccións segundo as que o coñecemento ha de ser libre. Especialmente, se se trata de órganos gobernamentais ou empresas cun papel determinante na nosa sociedade”.

Este grupo pertencente á organización Anonymous, xustifica a súa intrusión no peso que El Corte Inglés ten na economía nacional: “A súa achega á renda nacional rolda os 3.500 millóns de euros anuais. E de cotizar en bolsa sería a empresa número 18 do Ibex 35”.

Destacan os pagos directos a xornalistas. Fernándo Ónega, ex Director de Prensa da Presidencia do Goberno, estaría a recibir de El Corte Inglés e baixo o concepto “colaboracións para o Departamento de Relacións Externas” un soldo mensual de 6.000 euros.

Os hackers tamén mostran na súa comunicación o pago a outro xornalista, o xefe de Opinión do ABC, Jaime González, quen percibiría un soldo mensual de 800 euros por parte de El Corte Inglés en concepto de “colaboración anual con programa de Intereconomía TV”.

Quen dá a coñecer esta información aseguran que a lista de xornalistas “en nómina” de El Corte Inglés é moito maior e que non tardarán en seguir dando datos respecto diso.

“El Corte Inglés convértese no noso primeiro gran target de 2016, un ano que augura grandes cambios no noso panorama políticosocial”, avisan os hackers.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: