[Vigo] Xoves 4 ás 11:30 Concentración na Delegación da Xunta: STOP Pobreza Enerxética

Colamos convocatoria que nos remitiron desde a Oficina Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia):

4_02_xunta_web A ODS-Coia, PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os Ninguéns, RSP Vigo e G.A.S. xuntámonos para dicir: Cos nosos dereitos non se negocia. Subministros básicos para todas!

Sufrimos a miseria e a precariedade que provoca a privatización de dereitos básicos, convertidos en produtos de consumo sometidos ao mercado e non aos intereses colectivos. Necesidades básicas coma: ter electricidade, quentar os nosos fogares, ducharnos ou facer a comida están a ser sometidos á lóxica perversa e depredadora da especulación dos capitais.

Fronte a esta terrible realidade a Xunta de Galicia volve a convocar unhas mal chamadas “axudas públicas” contra a pobreza enerxética: o “Ticket eléctrico social” e as “Axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica”. Coma noutras ocasións, parches propagandísticos, miserentos, restritivos e totalmente inútiles para loitar contra a precaria situación na que se atopan moitas familias do noso país. Ao igual que o Concello de Vigo, a Xunta intenta agochar con esmolas o terror que sofren moitos fogares en Vigo e na Galiza que son privados duns mínimos para a vida.

O dato de 100.00 fogares na Galiza que padecen pobreza enerxética choca cos beneficios das grandes eléctricas: en 2015, un 18% máis de beneficios que no ano anterior.

Perante esta situación concentrarémonos diante da Xunta para esixirmos xunto a todas aquelas:

– Xestión pública dos servizos básicos: fin das concesións ás empresas privadas que non garanten os nosos dereitos.
– Luz, auga e gas para todas: tarifas sociais en función dos recursos das persoas. Quen non ten non paga.
– Cese inmediato dos cortes de subministros.

Vigo, febreiro de 2016

ODS-Coia, PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os Ninguéns, RSP Vigo e G.A.S.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: