[Grecia] O traballo nas Ong é amizade co Exército e a Policía

Colamos (e traducimos) do VerbaVolant o texto do cartel adxunto do grupo “Detonantes da cultura estudantil”, pegado nas paredes dos edificios de Atenas, e publicado na súa páxina web. Unha reflexión na Grecia do goberno de Syriza, os amigos de Podemos, sobre a participación voluntaria do estudantado en ONGs colabouradoras coa policía e exército no control de imigrantes:

O humanismo institucional é unha industria, non é simplemente unha ideoloxía que tenta facer desaparecer a posición dos e das inmigrantes na xerarquía de clases, presentándoos como uns pobriños que piden axuda ao Oeste civilizado. Constitúe, á vez, a participación dun conxunto de corporacións do chamado terceiro sector (entre os sectores público e privado) na xestión militar do proletariado poliétnico. As organizacións non gobernamentais (Ong) e as corporacións semellantes a elas, que apareceron nas fronteiras e nos “hotspots” (centros de reclusión de inmigrantes), constitúen o “paquete” orgánico do fascismo moderno.

¿Pero quen traballan nas Ong? Hai moito campo de negocio nelas. Xa os madeiros non teñen o monopolio. Xa xunto a eles teñen e seguirán tendo traballo os desempregados cualificados ou sen cualificar. O traballo nas Ong é utilizado como unha xestión activa do paro, que entrega aos desempregados e as desempregadas ao servizo da Policía.

¿E cal é o funcionamento da Universidade? A xestión política e o control do desemprego. Deste xeito, os graduados en psicoloxía, antropoloxía, socioloxía e dos estudos humanitarios en xeral, poden esperar a súa quenda na cola das escorias. Cada novo “*hotspot” significa máis traballo para as Ong, máis traballo para os que teñen a vontade de poñerse á beira dos madeiros, de estudar o proceso do rexistro, da reclusión, e en xeral a vida, o traballo e a morte dos e das inmigrantes.

Nosos compañeiros de clase voluntarios non son inocentes. Non fan simplemente un traballo: Traballan, cobrando ou como voluntarios, para os patróns, e por iso imos estar sempre fronte a eles.

Detonantes da cultura estudantil

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: