[Estado español] Máis información sobre as detencións de solidarios con Kurdistán + Comunicado de Rojava Azadi Madrid

No seu día xa dimos conta destas detencións arbitratias e agora recollemos (traducida) esta información da Publicación Refractario que amplia o xa dito:
Durante a madrugada do 27 de xaneiro do 2016 iníciase unha nova operación antiterrorista por parte da Audiencia Nacional, comandada polo Xuíz Eloy Velasco (mesmo xuíz que mantén o proceso contra xs compañeirxs anarquistas Monica e Francisco).

A chamada “Operación Valle” culminou con 9 detencións que se realizaron en Madrid, Valencia e Bilbao acusando xs detidxs de apoiar e solidarizarse coa guerrilla do PKK (Partido dos Traballadores de Kurdistán), grupo ilegalizado e incluído na lista de organizacións terroristas da Unión Europea tras a histeria antiterrorista logo dos atentados ás torres xemelgas de New York

De forma específica, acúsaselles de pertenza a organización criminal e colaborar con organización terrorista, por solidarizarse directamente coas YPG (Unidades de Protección Popular) que actualmente están a combater en Rojava enfrontando e esmagando aos fascistas do Estado Islámico. En Rojava, tanto as YPG como distintas organizacións e individualidades comezan a realizar distintas experiencias autónomas, autoxeridas e asemblearias no territorio liberado.

Comunicado de Rojava Azadi – Madrid

Desde o colectivo Rojava Azadî – Madrid queremos mostrar o noso total rexeitamento ás últimas detencións de activistas, que loitaron e loitan en apoio á causa kurda, dentro do Estado Español.

As detencións de polo menos 9 activistas en Valencia, Bilbao e Madrid; que apoian a causa kurda, mostrando a súa solidariedade cos pobos oprimidos así como o apoio á revolución de Rojava; son unha mostra máis da complicidade do Estado español co fascista goberno turco.

A través do aparello represivo, representado a día de hoxe na figura do maxistrado Eloy Velasco, así como das institucións da Brigada de Información Central e Provincial; detivéronse aos activistas baixo falsa acusación de axuda á organización do PKK. Podemos comprobar a carreira do devandito maxistrado, que é promotor das últimas operacións contra anarquistas e outros movementos sociais de base no Estado español; sendo un dos principais motores da represión neste país.

Queremos recalcar que os medios de información, La Razón e El País, están a promover información falsa, insistindo en que as YPG (Unidades de Defensa do Pobo) son parte da organización do PKK (Partido dos Traballadores do Kurdistán), considerada terrorista por varios países a nivel mundial. Insistimos en que as YPG/YPJ non son consideradas organizacións terroristas por ningún Estado, fóra de Turquía, e que moitas organizacións están a loitar por sacar ao PKK das listas internacionais de organizacións terroristas, xa que este grupo é unha das principais forzas de choque contra o ISIS (Estado Islámico) na rexión de Iraq.

* Condenamos firmemente estas detencións de activistas que apoia coa súa solidariedade internacional ao pobo kurdo así como ás YPG/YPJ, principais valedores da resistencia contra o ISIS sobre o terreo en Siria e Iraq.

* Condenamos firmemente ao aparello represor deste Estado, que focaliza os seus esforzos nas detencións de activistas e deixa libres e impunes aos políticos, banqueiros e outras personalidades corruptas que saquean ás poboacións deste Estado.

* Condenamos aos medios de comunicación que coas súas falsas informacións confunden, enganan e manipulan a realidade que recibe a poboación neste territorio, facendo aos cidadáns menos conscientes e máis manipulables a mans do Estado e as súas institucións represoras.

Contra a súa represión a nosa solidariedade!

Liberdade detidos por apoiar a causa kurda!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: