Alcol, drogas e financiamento da loita

Colamos (traducido) do Portal Oaca sobre a súa tradución deste texto que convida a reflexionar e debater publicado en catalán no blogue La Vaga que Volem (“A Folga que Queremos”):

A través deste escrito facemos pública a decisión que tomamos sobre como queremos afrontar o proceso represivo que se iniciou en 2012 contra un compañeiro por participar na folga xeral do 29 de marzo do mesmo ano. Gustaríanos que este texto e os que se irán achegando a medida que se desenvolva a campaña, sirvan de base para a apertura dun debate colectivo sobre a forma en que estamos a afrontar a onda represiva contra aquelas persoas que nun contexto de conflitividade social participan activamente na loita. Como represaliadas que somos, sostemos que a única forma de facer fronte ao Estado na loita antirrepresiva é poñer por diante o contido político das accións polas que somos reprimidas e darlle unha dimensión colectiva.

En concreto, este documento céntrase no financiamento da loita a través da venda de alcol en festas organizadas para cubrir os gastos que xeran os procedementos xudiciais. Sen dúbida o alcol e a festa venden, cumpren este requisito, cumpren esta función. Parece ser, pois, que non podemos falar da ética libertaria e da idoneidade dos medios, non só como ferramentas, senón como verdadeira praxe revolucionaria. Parece ser que non podemos cuestionar as festas e o alcol sen pasar por moralistas, puritanas, inxenuas ou afastadas da realidade.

O alcol é o puntal que sostén o financiamento do movemento e é unha realidade pechada (e non hai outras opcións para o presente). Temos presas e represaliadas, que non nos veñan con romances puritanos, que a realidade material obríganos a seguir sostendo o lecer alienado, o alcolismo e as dinámicas socializadoras como eixo central do movemento. Dubidamos do carácter revolucionario ou transformador que este tipo de festas poden ter, entre outras cuestións, pola dinámica alienante que xeran e por estar en moitas ocasións baleiras de contido político. É certo, todas temos quefaceres á marxe da militancia e mesmo contradicións, pero ningunha delas é levantada como bandeira, ningunha é utilizada como referencia do noso movemento. Con todo, o alcolismo social é algo tan integrado, normalizado e enterrado pola súa presunta necesidade, que é frecuente ver polos nosos barrios ou pobos carteis políticos chamando ao consumo deste tipo de lecer.

Non estamos en contra do gozar e das festas, cremos que debe haber un espazo para todo, e aínda que a nosa finalidade é a de unir celebracións coas nosas reivindicacións, tamén entendemos que en ocasións non pode facerse, e en tal caso, dicimos non ao diñeiro que se recada coa venda de alcol nas mesmas. Non queremos que a nosa loita se confunda co lecer alienante e alienado. Neste punto preguntámonos, ¿como poderiamos reivindicar os aspectos políticos dunha festa? ¿Como facelo sen caer na alcolización? E non só iso, senón que tamén nos cuestionamos, ¿que tipo de lecer estamos a fomentar desde os movementos sociais e organizacións políticas nestes eventos? ¿En que medida as festas alternativas poden seguir dicíndose “alternativas”? ¿Cal é, valla a redundancia, a alternativa que ofrecemos?

As “festas libertarias” pouco teñen de alternativas: non son alternativas de socialización, non son alternativas de consumo, non son alternativas de lecer e desde logo non representan a esencia de ningunha práctica revolucionaria, máis ben o contrario. Hai moitas cousas que revolucionan ás persoas: a cultura, a conciencia, a práctica revolucionaria… En cambio, as drogas e o lecer alienado fan durmir as conciencias; esta é a súa función, son mecanismos para fuxir (non de confrontación), ferramentas de control social que fomentan prácticas que chocan frontalmente coas ideas polas que loitamos, coas ideas polas que caemos.

A necesidade do diñeiro como escusa para vender alcol constitúe un argumento que cae en por si, pois é mentira que non haxa diñeiro, como mínimo hai cando de beber trátase. Sen dúbida, é máis fácil estender este produto de autoconsumo – o alcol -, socializarlo cunha etiqueta política para poder atraer a certos sectores e conseguir máis beneficios, que traballar pola solidariedade entre as compañeiras, entre quen loitamos e compartimos un proxecto. Sen dúbida constitúe unha vía rápida, pero non é a única e rexeitámola por iso, porque cremos na necesidade de construír redes de apoio libres de alcolismo. Todas as dinámicas colectivas e sociais son de difícil transformación, por iso deixámonos o tempo, a saúde e a pel durante anos. Sabemos que non hai mellor forma de tomar conciencia e transformación que a praxe, que a propaganda polo feito. É esta práctica e non as palabras, as impulsoras dos cambios, e é por iso polo que decidimos non aceptar diñeiro do alcol para facer fronte a este caso represivo, non contribuíndo así ao fomento de dinámicas colectivas que cremos perniciosas para o noso movemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: