[México] Novo blogue da revista “Negación”

Recollemos (traducida) a súa presentación deste blogue:

A expresión “Ai ferri corti con …” úsase para caracterizar un punto de non retorno, de ruptura inminente e violenta con algo ou alguén. Ferro corto úsase para falar das armas brancas, que poderían ser dagas ou puñais e que constituían o ultimo estado dun típico duelo dos séculos pasados; a loita con armas curtas que se desenvolvía corpo a corpo, cara a cara. Romper con esta realidade, nun duelo a matar co existente, os seus defensores e os seus falsos críticos.
Ai ferri corti con la vita
.

Fóra das leis da dialéctica, a negación consiste nun método individual de confrontar algo negando a súa existencia, a súa influencia ou o seu control sobre o individuo. Pero, negar a autoridade non significa simplemente negala e punto, significa ante todo, desenvolver a partir desa negación da autoridade un proxecto individual (ou colectivo) de destrución do poder. Non é suficiente con negar algo e conformarse con iso, sobre a práctica hai que superar iso que negamos. Se negamos ao Estado non é suficiente con afirmar a súa inexistencia, que xa non pesa sobre nosa propia persoa. Negar ao Estado significa desenvolver a partir desa negación un proxecto de destrución do Estado e por consecuente unha maneira de vivir que supere ao Estado. En contra cara ás teses hegelianas sobre a negación, a nosa nova realidade ou a nosa utopía non contén aspectos “positivos” do pasado, pois para nós este presente non é portador de ningún aspecto positivo. Iso novo que supera ao vello non é unha materialización que se dá necesariamente despois da destrución do Estado no seu sentido maximizado, é algo que aflora día con día, que aflora neste mesmo presente, no aquí e agora negando o que nos oprime, superándoo e destruíndoo, por tanto, non arrastrando vellos esquemas de autoridade.

Este proxecto de revista dedicada á difusión do pensamento anarquista naceu practicamente no mes de Maio do 2013 como unha experiencia máis de parte da unión de compañeiras e compañeiros afíns. Por diversas cuestións e retrasos varios, non foi ata novembro do 2013 que terminamos, imprimimos e distribuímos exemplares desa publicación. Desde ese momento e ata o día de hoxe na súa maioría esta revista foi difundida vía web en varias páxinas que contribuíron á súa propagación entre os compañeiros; pero tamén foi difundida de maneira impresa por medio de diversas distribuidoras de material anarquista que apoian na súa difusión. Esta publicación nace tamén a partir de autocríticas propias formuladas a desde a nosa experiencia de loita, así como de propostas tamén fundadas sobre a nosa experiencia nesta loita.

Unha crítica e unha serie de discusións dentro de quen entendémonos na anarquía, pero de maneira diversa, é sempre necesaria. Unha discusión e unha crítica, cando os argumentos faltan para debatelas, non deben de ser reducida a unha “pelexa de todos contra todos” ou a un non-argumento do tipo Ad-hominem. É en parte por isto que nace Negación, para ocupar o campo baleiro a falta do brote de crítica dirixida, análise e ataque, que moitas veces é reducido a unha “falacia”.

Este blogue non é un espazo alternativo de contrainformación; é un espazo de análise, crítica e ataque ao poder.

Contacto: negacion_contacto(arroba)riseup.net

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: