[Bosque de Hambach, Alemaña] O conflito contra RWE segue a quentarse… Chamado Internacional Solidario á Loita

Recollemos (e traducimos) de Rebelión de las Palabras sobre a súa traducción (de inglés a castelán) deste Comunicado asinado por algun*s anarquistas publicado no blogue Rabble que remata con un Chamado a todas as células e individualidades caóticas tendendo cara á ofensiva anarquista internacional contra o poder, á acción directa contra RWE, as súas filiais, os seus compañeiros como Siemens e VGB Power Tech e os seus proxectos:

O conflito contra a empresa RWE, concesionaria dos destrozos no bosque de Hambach intensificouse cada día desde o comezo deste novo ano.

Moitas individualidades abrazando unha diversa variedade de tácticas estiveron traballando duro para traer as travesuras anarquistas á mina.

Algúns elementos de rexeitamento práctico por parte dxs okupas do bosque inclúen:

* Barricadas continuas bloqueando as estradas usadas polos vehículos de seguridade e construción, así como danos estruturais ás pontes que usan con lume e picarañas.
* Cravos nas árbores e colocación de artefactos “explosivos potenciais improvisados” nas zonas ameazadas do bosque, así como tamén máis e máis barricadas, plataformas e defensas de árbores máis profundas no bosque.
* As aparataxes tecnolóxicos de RWE, tales como estacións de bombeo de auga, mastros de radio e transformadores eléctricos sendo incendiados case a diario.
* Sabotaxe da infraestrutura de transporte de carbón, tales como curtocircuítos nas liñas de enerxía que corren por encima das vías do tren e queima de compoñentes eléctricos ao longo da vía.
* Numerosos ataques con pedras, tirabolos, pirotecnia e cócteles molotov contra as forzas de seguridade da mina, xa sexa emboscándolles nas súas patrullas ou enfrontándolles directamente nos puntos de control.

Moitos deses actos foron agora levados a cabo en vinganza polo intento de asasinato, a hospitalización e o subsecuente encarceramento dun compañeiro o 21 de xaneiro.

Por suposto, isto non pasou desapercibido pola policía, que coñece abertamente a área rodeando a mina como “territorio sen lei”. Durante ao redor dunha semana desde agora, a vixilancia nas okupacións do bosque incrementouse, con helicópteros roldando o ceo durante algún tempo case cada día, e enviando grupos de madeiros con equipo antidisturbios ao interior do bosque. Tamén fixeron varios intentos de controis de identidade a persoas que viñan ao bosque desde a estación de tren.

Non deberiamos irnos sen dicir que non seremos intimidadxs pola presenza dalgúns furgóns de policía, bordeando medorentos o bosque. Cada vez, o helicóptero foi recibido rutinariamente con fogos artificiais, e un coche de policía que se aventurou demasiado na profundidade da zona autónoma foi esnaquizado, como o foi o coche enviado despois para recuperalo.

Día e noite, recostamonos no bosque, observando, esperando, preparadxs para atacar en calquera momento, e se encarcerades ou derrubades a calquera de nos, como xa sabedes, haberá consecuencias, aquí en Alemaña, ou en calquera outro lugar onde RWE expanda os seus noxentos tentáculos.

É agora importante afirmar que por suposto RWE non só é responsable da minaría de lignito ao descuberto e a deforestación en Renania en Alemaña. RWE, as súas filiais e os seus cómplices atópanse en todas partes. Os seus proxectos, as súas oficinas, os seus vehículos, a súa maquinaria, os nosos obxectivos, atópanse en todas partes.

Son responsables das operacións de minaría de carbón en marcha en todo o mundo, como a colaboración con Hrvatska Elektroprivreda para poñer en marcha a planta enerxética de combustión de carbón Plomin en Croacia, a planta enerxética de combustión de lignito e gas Mátra en Hungría, onde RWE é o 2º competidor máis grande do mercado eléctrico nacional, que comparte co ELMÖ/ÉMASZ Group, FÍGÁZ e TIGÁZ. Tamén buscan expandir o desenvolvemento da industria do carbón na rexión do Pacífico asiático con oficinas abertas en Singapur, e operacións baseadas nas súas oficinas da planta 22 da Praza Office Tower en Iacarta, Indonesia.

RWE tamén comete asasinatos (literalmente) polo seu papel xogado no desenvolvemento crecente da ameaza atómica, poñendo en marcha e servindo a estacións enerxéticas nucleares ao longo do mundo, coa colaboración de Technical Association of Large Power Plant Operators e VGB Power Tech.

E que sería de RWE sen as súas contribucións á industria da fractura hidráulica e a construción de plantas enerxéticas de combustión de gas tales como a planta enerxética CCGT en Denizli, Turquía, coa axuda de Turcas Petrol e Metka, ou a exploración incrementada de gas e petróleo en Polonia, baixo a bandeira de RWE Leste, cuxas oficinas centrais están localizadas na dirección Limuzská 12/3135, 100 98 Prague 10, Strasnice, República Checa.

RWE Innogy, a filial cómplice na farsa do industrialismo verde, que conta con operacións de enerxía “renovable” ou “sustentable”. Con este enfoque, RWE alimenta a fame insaciable do Leviatán industrial e ao mesmo tempo satisfai as necesidades fabricadas deses “benevolentes” e “conscientes” consumidores, polo que tamén poden pasar toda a súa vida no resplandor da luz artificial, con ollos mortos mirando en branco a unha pantalla, mentres tentan distanciarse a si mesmas das duras realidades do dominio mecanizado e sistémico do que dependen e ao que contribúen, mentres ao mesmo tempo sacrifícanse a si mesmxs sobre o altar da “economía verde”.

Con plantas enerxéticas de biomasa, enerxía solar, eólica e hidrogranxas – todas elas altamente dependentes dos mesmos métodos ecocidas usados na súa produción, operación e mantemento, tales como a extracción de minerais raros para os circuítos e outras tecnoloxías sofisticadas, e a queima de inmensas cantidades de combustibles fósiles só para mantelos en funcionamento e completamente integrados na rede eléctrica – en Bélxica, Holanda, Francia, Reino Unido, Italia, España, Portugal, Polonia, EE.UU. e moitos outros países (que están convenientemente listados na súa páxina web, xunto coas localizacións das súas oficinas e así sucesivamente).

RWE tamén está a traballar xunto con Siemens para construír plantas enerxéticas virtuais… “¿E que cona é unha planta enerxética virtual?”, preguntarédesvos.

Segundo a páxina web de RWE: “Unha planta enerxética virtual é unha ligazón de plantas pequenas, distribuídas, como granxas eólicas, unidades CHP, sistemas fotovoltaicos, pequenas plantas hidroeléctricas e unidades de biogas, pero tamén de cargas que poden ser apagadas, para formar unha rede integrada. As plantas son controladas desde unha habitación de control central”.

Con isto, Siemens e RWE buscan crear unha rede eléctrica interconectada, fácil de controlar e dixitalizada, de forma que o funcionamento do capitalismo, e o suave fluxo de beneficios e produtos poida ser manexado con facilidade, por algunhas catervas de tecnócratas, enchufados, encerrados, traballando polo control total e a destrución do medio natural do que toda vida depende.

En palabras da marioneta de Siemens Thomas Zimmermann: “Con este sistema tecnoloxicamente líder, RWE será equipado para afrontar os desafíos dun mundo enerxético cada vez máis dixitalizado”.

RWE tamén está a levar a cabo contribucións maiores cara á singularidade tecnolóxica que se aproxima, que busca compasar todos os aspectos da vida baixo unha realidade sufocante, automatizada e artificial. Coa axuda do seu proxecto de investigación “E-DeMa” están a traballar en proxectos como “fogares intelixentes” e “metros intelixentes”, de modo que cada unidade consumidora, individual ou familiar, estea completamente integrada na maquinaria capitalista industrial autómata.

Permanentemente enchufadx, unx pode usar o seu smartphone para manexar os seus niveis de electricidade consumida ou apagar ou acender as luces ou a calefacción mentres está escravizadx nalgún traballo sen sentido, simultaneamente quedando e enviando “emoticonos” aos seus chamados “amigos” en “Disgracebook” (*), pedindo a última aspiradora automatizada para manter casa-prisión esterilizada, todo desde o confort do teu lugar no traballo-prisión, traballando por diñeiro dixital, para gastar en drogas atontamentes e “coidado da saúde”, e nas últimas distraccións, todo mantido seguro e a salvo baixo a vixilancia de incontables corporacións, traballando man en luva para espiar, colleitar e almacenar en bases de datos todos os aspectos da túa vida… todo isto pola túa seguridade, todo isto en nome da conveniencia…

Por suposto, esta visión distópica do futuro ofrecido por RWE e os nerds do sistema tecno-industrial só está dispoñible para aquelas persoas ansiosas por cumprir a vontade de outrxs e dobregarse a ela, e aquelxs o suficientemente privilexiadxs como para que o desenvolvemento incrementado desta sociedade dirixida pola tecnoloxía aínda non lles aterrara no cárcere ou nalgunha fosa común distante.

Concluímos este texto cun chamado a todas as células e individualidades caóticas tendendo cara á ofensiva anarquista internacional contra o poder, á acción directa contra RWE, as súas filiais, os seus compañeiros como Siemens e VGB Power Tech e os seus proxectos.

Os nosos obxectivos están en todas partes. As oportunidades preséntanse soas en todas partes.

Desde caras, illadas e indefendibles pezas da infraestrutura nos arredores das cidades-prisión, tales como liñas enerxéticas, subestacións e transformadores eléctricos, granxas eólicas/solares/hidroeléctricas e así sucesivamente, que se son destruídas terán todas un amplo efecto dominou, aos densamente empaquetados conxuntos de obxectivos nas cidades, como oficinas e grupos de vehículos aparcados fóra, cámaras de vixilancia CCTV, mastros de telecomunicacións e caixas eléctricas cheos de liñas de cableados de fibra óptica nas rúas, pedindo ser saboteados, rompendo o peche da normalidade civil durante un tempo, quizá o suficientemente longo como para que alguén mire máis aló das súas brillantes pantallas e vexa o lume da anarquía caótica nas rúas. Cunha pequena investigación, os fogares dxs tecnócratas quedan ao descuberto, e as súas vidas cotiás poden ser rotas en calquera momento, cos seus ostentosos e caros coches ardendo nas súas beirarrúas, e as xanelas rompéndose polas noites.

Con métodos facilmente reproductibles e simples elaborados nos numerosos comunicados de células de acción anarquistas, como a colocación dun simple cubo de chisqueiros, ou a aplicación indiscriminada de cizallas, pancas, pedras, martelos e cócteles molotov, os nosos obxectivos son todos facilmente destruídos. Os nosos obxectivos están en todas partes. As nosas ferramentas son moitas, e os autómatas da orde non poden estar en todas partes á vez…

En solidariedade co guerreiro encarcerado Fledermaus.

¡Pola coordinación internacional e a anarquía combativa!

As traducións son benvidas.

Algunxs anarquistas…


(*) Nota da tradución do inglés ao castelán: Decidiuse traducir o texto tal e como se atopaba en inglés, e por iso deixouse a palabra “Disgracebook”, que se entende como unha forma de referirse críticamente á rede “social” Facebook. “Disgracebook” sería un xogo de palabras entre Facebook e Disgrace, que significa Desgraza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: