[Atenas, Grecia] Os múltiples usos das pancartas

Desta se pasou na capital grega e desde alá nos chega esta reflexión sobre este accionar con pancartas; se ben, quen isto colga (e traduce) xa ten visto esta “acción” por lares máis próximos á Galiza na testa dalgún outro sindicalista oportunista(ver foto1). Colamos do VerbaVolant:

O 21 de xaneiro de 2016 no centro de Atenas realizouse unha manifestación de protesta contra o proxecto de lei de “reforma” do sistema de seguridade social. Na manifestación participaron médicos, avogados, enxeñeiros e outros profesionais libres, polo que foi chamada a protesta dos garabatados.

Deixaremos de lado o feito de que devanditos sectores da poboación saíron á rúa só cando a ofensiva do neoliberalismo chegou a afectar os seus gremios. Tampouco imos estendernos, explicando que as súas demandas na súa gran maioría non se volven contra a política neoliberal e as súas consecuencias para os de abaixo, senón que están orientadas á consolidación do seu status dentro da xerarquía capitalista. Nesta entrada imos facer unha breve referencia a un incidente acontecido nesta manifestación.

Cando chegou ao lugar da concentración o presidente da Confederación Xeral de Traballadores Gregos, un tal Panagópulos, unha parte dos manifestantes puxéronse a apupalo e a gritar lemas contra o papel dos sindicatos amarelos e vendidos á patronal. Pronto se creou un cerco en torno ao xefe do maior sindicato vertical en Grecia. Un dos manifestantes que suxeitaba unha pancarta que poñía: “Non nos ides botar do país” [1] deulle un leve golpe na cabeza, enviándolle a clara mensaxe que non era benvido na manifestación. A xente seguiu apupando a Panagópulos, quen, escoltado polos seus gardacostas, e recibindo a mensaxe fuxiu a outro lugar, lonxe da manifestación, onde fixo unhas declaracións ante un puñado de mercenarios dos medios de desinformación masivos.

Non é a primeira vez que tales suxeitos son apupados ou agredidos, nada máis aparecer en manifestacións masivas. Ultimamente tales accións de contraviolencia son cada vez máis frecuentes. Con todo, aínda distan bastante de ser organizadas e coordinadas.

[1] Está estimado que durante os últimos 5-6 anos unha parte da poboación, sobre todo xente nova, emigrou a outros países, por mor da pobreza e a falta de perspectivas de futuro.

Colado e traducido por Xan do Can para Abordaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: