[CP A Lama] Outra morte dunha persoa presa neste centro de exterminio

H24Y3052 Todos os cárceres son centros de exterminio, mais o de A Lama vai en camiño de gañar o título estatal da prisión onde máis mortes se producen anualmente.

A responsabilidade legal na custodia dos presos é unha falacia que se manifesta nestes casos obscuros e que motiva que, como conta Esculca, se investiguen as causas desta nova morte entanto seguemos ignorando que medidas terá tomado, se as tomou, a dirección do centro para evitar esta situación e o seu previsíbel desenlace:

ASCV faleceu o pasado día 19, aos 24 anos, na súa cela da prisión da Lama (Pontevedra). As autoridades investigan se se trata dun suicidio ou dunha morte por consumo de metadona adulterada. Persoas achegadas ao preso sosteñen que consumía a droga consciente do seu mal estado coa intención de acabar coa vida, pois levaba xa moitos meses «moi abatido e deprimido».

AS fora condenado a 15 anos como autor dun delito de asasinato e recén fora xulgado por un delito de tráfego de drogas en prisión polo que foi condenado a 5 anos máis de cárcere. «Eso lo abatió», segundo contou un seu achegado a un falsimedio (de onde collemos tamén a foto).

Xan do Can para Abordaxe

2 Respostas a “[CP A Lama] Outra morte dunha persoa presa neste centro de exterminio”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: