Gabriel Pombo Da Silva transladado ao CP Dueñas (Palencia)
Soubemos pola web da CNA deste novo translado de Gabriel, de onde recollimos (e traducimos) a seguinte nota:
Na tarde noite de antonte 12 de xaneiro, o compañeiro Gabriel, que permanecía recluído na prisión de Topas (Salamanca), foi trasladado á prisión de Dueñas (Palencia).
Entendemos que a aplicación arbitraria da dispersión só responde á máis prepotente das vinganzas, un covarde castigo dirixido a dobregar ao insubmiso. O compañeiro deixa demasiado claras as razóns que tachan a esta sociedade de carceraria e as críticas públicas e explícitas parece que non senten do todo ben aos señores do ordeno e mando. Por moi lonxe e por moito que o dispersen, alí estaremos para expresarlle a nosa solidariedade e agarimo.
Saúde e anarquía
CNA
Deixar unha resposta