Siloxismo Punitivo x Pisa Gómez, nai de preso

Colamos (traducido) do Boletín Tokata este escrito de Pisa Gómez, nai do preso Lukas Barone, quen “desaparecera” lá por outubro de 2015 do cárcere de A Lama e non querían dicerlle onde estaba, e que ao final “apareceu” no penal de Puerto de Santa María (escuitar acá o programa de Tokata y Fuga na que Pisa da conta dese suceso; e estoutro “La Vida en Régimen Cerrado”, do sábado pasado, no que Pisa comparte espazo con Chema e Beni para falar, entroutras cousas, das difíciles condicións de vida a que se somete aos presos de primeiro grado que afectan tambén ás súas familias):

“Me avergüenzo de pedir, pero si robo me trinkan”. Como choven chuzos está sentada nunha caixa de froita baixo o teitume da igrexa de Fátima. Achégome porque a coñezo de vela no vestíbulo da prisión de Villabona acompañada dun adolescente que adoitaba pedirme un pito achegando índice e corazón aos beizos. Un día un funcionario saíu da garita, dirixiuse á expendedora automática de bebidas, sacou do peto do pantalón unhas moedas, sacou dous vasiños fumarentos e ofreceullos. Antes de volver entrar na garita o funcionario achegouse a min e rumoreoume: “Ya ve que los funcionarios no somos tan desgraciaos como ustez va pregonando por ahí”, díxome. Ao saír da visita, nai e fillo piden ao resto dos familiares visitantes para o tren de volta. Tocoume o corazón unha vez que o rapaz, como vira a Lukas na roda de presos previa á comunicación, díxome con admiración que o seu irmán comentáralle que o meu fillo “era un crak, mu legal y desprendido”. Desde entón, cada vez que coincidíamos, falábamos e ela contoume que ademais do seu fillo maior, tiña ao marido preso en Topas por roubar cable, pero “¿quien podía ir a Topas con lo lejos que debe estar eso?” A última vez que souben deles foi hai uns meses cando o rapaz entrou no autobús, despois de que o chofer da linea seis lle permitise a entrada para facer unha colecta e poder pagarse a viaxe a portuarios. Tamén chovía a cachón aquel día. Pregunteille como lles ían as cousas posto que eu xa non ía a Villabona e perdíalles a pista. Díxome que “a su hermano también lo habían kundao pa Soria, así que ya no podían ir a visitarle”. Esta mañá achegueime a ela. É maior, pero probablemente por idade podería ser a miña irmá a pequena. A mendicidade queima moito. “Bonito cartel”, díxenlle. “Lo hizo el guaje… yo no sé leer ni escribir”.

O Sábado previo ao Nadal, día de reflexión, o panorama que me atopei na entrada de Puerto 2, fíxome reflexionar, e moito. Como xa vos contei, para acceder a Puerto 1 que é o cárcere da soidade e as sombras porque alí as visitas entran de unha en unha dada o perigo dos penados, hai que pasar de flanco pola entrada de Puerto 2 e alí se arremuiñaba un xentío de pobres de solemnidade, pobres sen paliativos, pobres de pedir, que diría a miña mamá cando saía de casa cun monederito a parte lleno de rubias y monedas del ahijerito para los pobres de pedir. Como era día de reflexión, véspera de xornada electoral, eu reflexionei mentres os gorilas da garita de Puerto 1 permitísenme acceder ao recinto. A miña reflexión pode dicirse que consistiu nun deses siloxismos deses que se estudaban en filosofía (¿será que eliminaron a filosofía das aulas por iso, por que che ensina a pensar con lóxica?). O siloxismo este poida que non sexa do todo correcto se o analiza un experto, pero a min serviume. Di así:

Os cárceres serven para encerrar aos malos.
Ao cárcere van os pobres.
Os pobres son os malos.

E nin que dicir ten que me alegrei moito e feliciteime por non ir a votar por ningún partido que sostén ese siloxismo.

Pisa Gómez

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: