[Ceuta] 3 mortes máis na fronteira: “Cheguei con máis compañeiros a través da auga, pero a Garda Civil golpeounos e entregounos a Marrocos”

Gendarmes-marroquies-intento-Ceuta-EFE_EDIIMA20160104_0312_4 Pese a que todos os falsimedios aseguran que a Garda Civil non tivo nada a ver nestas 3 mortes, El Diario recolle as palabras de Kone e Eyoum –nomes ficticios– por teléfono desde o autobús das forzas auxiliares marroquíes, nas que ambos coincidem em sinalar que a Garda Civil os entregou a Marrocos depois de chegar a territorio ceutí. Ambos sairan xunto a uns 200 compañeiros ás cinco da mañán dos bosques marroquinos de Bel Younech.

“Cheguei con outros nove compañeiros a Ceuta, a través da auga, pero a Garda Civil sacounos de alí, golpeounos e entregounos a Marrocos”, explica o mozo camerunés, Eyoum.

“Había muita xente na auga. Vin na praia os corpos de tres compañeiros afogados”, conta Kone, quen relata que conseguiu chegar ao outro lado do valo, escalando, xunto a outras seis persoas: “Cruzamos o valo. Chegamos a España e entregáronos aos marroquinos”, asegura antes de colgar pois non quere que os axentes marroquinos o vexan falando por teléfono.

Segundo o relato dos inmigrantes, a moitos deles rexistráronlles e requisáronlles os teléfonos, un procedemento habitual. “Eramos unhas 200 ou 250 persoas esta mañá, tentando cruzar. Agora hai decenas de persoas arrestadas. Subíronnos aos autobuses aquí en Castillejos (Fnideq) pero aínda non emprendemos a marcha”, explica Eyoum. O mozo conta que na praia viu o corpo sen vida dun compañeiro afogado. “É guineano”, asegura.

Durante o intento de cruzar a Ceuta e na redada posterior, varios inmigrantes resultaron feridos. “Cóntannos que hai moitos con feridas. Aos que tiñan fracturas leváronos ao hospital”, explica Helena Maleno, responsable da ONG Caminando Fronteras.

Marrocos non ofreceu ata o momento ningunha información oficial respecto diso.

A versión da Garda Civil é distinta. Fontes do Instituto Armado explicaron a El Diario que “a intervención foi só de Marrocos” e que non foi necesaria a acción das forzas de seguridade españolas porque ninguén conseguiu entrar na cidade autónoma.

Que cada quen tome por boa a versión que lle convenza, eu teño moi claro a quen crerlle.

Xan do Can para Abordaxe

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: