Os derradeiros programas do “Tokata y Fuga” de 2015 profundizan no debate sobre luitas anteicarcerarias e anarquismo

Colamos ambos programas do  19 e 26 de decembro:

Día 19: Outras maneiras de experimentar a loita anticarceraria desde o anarquismo

http://www.ivoox.com/tokata-y-fuga-19-xii-2015-otras-maneras-de-experimentar_md_9779674_wp_1.mp3″

Tentamos aclarar un pouco as cousas con xente afín de Santander que se sentiu atacada polo dito no debate sobre presos anarquistas e presos en loita de hai dúas semanas. Chema Pirla ofrécenos nunha entrevista unha visión lúcida, sincera e verdadeira das loitas anticarcerarias desde a súa experiencia persoal e, por suposto, desde o anarquismo. Lembramos ao noso compañeiro e amigo Txema Bofill, morto en accidente hai uns días, que participou nunha experiencia de loita anticarceraria e antirrepresiva desde a rúa tan interesante como foron os GARI e deixounos tamén o seu relato do vivido nela. Falamos finalmente con Pope da súa loita por denunciar como o que é (tortura) o abandono sanitario sufrido en prisión, e de recentes actividades anticarcerarias en Madrid.

Día 26: Loitas anticarcerarias ficticias e loitas anticarcerarias reais

http://www.ivoox.com/tokata-y-fuga-26-xii-2015-luchas-anticarcelarias-ficticias-y_md_9845962_wp_1.mp3″

Lemos varias cartas de compañeiros presos que reflexionan sobre as loitas recentes e as posibilidades actuais de darlles continuidade. Falamos dos pros e contras das actividades anticarcerarias do Nadal que se terminaron convertendo en costume. Falamos con Beni da situación dos compañeiros Xavi e Toni, que están a sufrir represalias no cárcere de Estremera pola súa implicación, cando estiveron recentemente libres, na denuncia do que sucede dentro. Entrevistamos a unha muller que pertence a un grupo de barrio contra os cárceres racistas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: