As relacións tóxicas tamén son violentas

Colamos (traducido) este artigo asinado por Alice publicado no blogue Amor Libre:

Toxic-Heart-777x437 A día de hoxe todo o mundo ten unha idea máis ou menos clara do que é a violencia nunha relación sexo-afectiva e xeralmente asociámolo coa violencia de xénero e máis concretamente coa parte física da violencia de xénero (VX). Pero ese non é o único tipo de violencia dentro da parella e con este artigo quérome centrar nesa violencia psicolóxica que se pode considerar VX ou Violencia doméstica segundo o caso, xa que pode ser exercida por calquera des membres da parella sen que estea motivada polo xénero do outre. Esta violencia é a intrínseca ás relacións tóxicas.

Unha relación tóxica é aquela na que as súas partes padecen máis sufrimentos que alegrías, nas que a tónica xeral é a infelicidade por varios motivos e nas que vivimos máis momentos malos que bos. Esa infelicidade é provocada por condutas disfuncionais que pode presentar un, dous ou máis membros da parella, como poden ser a posesividade, inseguridade, celos, episodios de agresividade ou descontrol emocional, dependencia emocional, etc. E á súa vez estas condutas poden exercerse sobre ele/s outre/s (posesividade, celos, control…) ou sobre une misme (inseguridade, infravaloración propia, dependencia), pero a longo prazo afectan a todes.

toxic-love-by-zig-andrew-leipzig1-600x250-300x125 O problema con estas condutas que producen toxicidade é que moitas veces asócianse culturalmente a mostras de amor ou como algo natural e ata que a situación non se converteu nunha espiral de violencia non nos damos conta e como na VX unha vez que se chega a ese punto é moi difícil saír. A toxicidade mina a autoestima e favorece a dependencia, métenos na cabeza ideas do tipo “Que faría sen ti” e realmente chegamos a crer que non temos nada máis aló desa relación, que seremos incapaces de ser felices soles e que por suposto non atoparemos a ninguén mellor, porque quen nos vai a querer co pouca cousa que somos. E entón xa estamos atrapades.

Ademais esta violencia pode ser exercida simultaneamente por todas as partes da relación autoalimentándose e autodestruíndose mutuamente, o cal complica moito máis a situación xa que se quen maltrata é un único membro da parella é relativamente fácil de detectar, pero se todas as persoas involucradas son vítimas e maltratadoras á vez, cústanos moito ver o que ocorre realmente.

E máis dun preguntarase: ¿Quen sería tan estúpide de manter unha relación que lle fai sufrir? Pois case todo o mundo.

Non atopei datos oficiais pero realizando unha pequena enquisa entre noses seguidores e algunes non seguidores do noso Twitter obtiven que o 80% de les enquisades (de 432 votos) ten ou tivo unha relación tóxica e noutra enquisa o 69% (de 517 votos) recoñece ter ou haber tido comportamentos tóxicos.

Esta é unha mostra potencialmente nesgada, pero reflicte unha realidade e se non preguntade entre voses coñecides, seguro que hai alguén que ten ou tivo unha relación deste tipo.

A explicación a estes resultados é moi sinxela e pódese resumir no refrán “quen ben te quere, faraite chorar” ou nas frases tipo “no fondo quérete/me”, “se é celose é porque te/me quere” e mesmo “o verdadeiro amor é aquel que supera calquera adversidade”. A explicación está nese falso amor que a sociedade nos inculca desde que nacemos como única e verdadeira forma de amar e que se empeña en chamar “amor romántico” aínda que nin é amor nin é romántico, é toxicidade en estado puro.

E agora que sabemos cal é o problema e que non é un caso illado ¿Que podemos facer para evitalo? LOITAR. Debemos ser máis fortes que a tradición e cambiala. Debemos perder o medo para dicir BASTA cando aínda somos capaces de facelo. Hai que deixar de pensar que un ataque de celos non é motivo de ruptura ou que se pillas á túa parella furgando na túa Facebook non pasa nada. PORQUE SI QUE PASA. E se a túa parella non é capaz de entendelo, que lle dean.

Ademais, mellor previr que curar ¿non?

blog_yelling-300x200Todo o mundo sabe que se a túa parella dáche unha labazada está a maltratarte, o que non todo o mundo sabe é que antes desa labazada a túa parella reproduciu algún ou varios dos comportamentos tóxicos de antes. ¿Significa isto que todas as persoas que teñen comportamentos tóxicos acabarán dándoche unha malleira? POR SUPOSTO QUE NON. Pero todes es que acabarán dándote unha labazada primeiro intoxicarante. Así que se non permites estes comportamentos, se freas ao primeiro de vez, a cousa non irá a máis, porque TI non o permitirás.

Obviamente estou a falar do principio dos problemas, dese primeiro ataque de celos, desa primeira infravaloración, dese primeiro “sen ti non podería vivir”, dese primeiro “déixame ver o teu Twitter a ver con quen falas. Porque non tes nada que ocultar ¿non?” e quizais (só nalgúns casos, noutros pode ser xa moi tarde) desa primeira pelexa que acaba nun ultimato que non se cumpre, dese “ou me pides perdón ou deíxote” que ao final perdoas de todos os xeitos. Se freas nese momento, se non consentes que iso ocorra (aínda que iso implique romper a relación), aforraraste semanas, meses ou anos de sufrimento, de dor e dunha autoestima tirada ao lixo.

Está na man de todes frear este tipo de violencia, igual que calquera outro tipo de violencia. Deixar de reproducir patróns de “amor” tóxico e deixar de “amar” tóxicamente, porque nin iso é amor, nin é unha forma sa de vivir.

Alice

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: