[Compostela] Hoxe Xoves 26 ás 20:00′ Lanzamento do libro “Diários” de Carlos Calvo na Fac. de Filosofía

Damos pulo a esta convocatoria que recollemos do blogue “De volta para Loureda”, Rede de Apoio a Carlos Calvo:

presentacion-diarios-de-carlosHoxe, xoves 26 de novembro, ás 8 da tarde, presentarase ‘Diários’, de Carlos, un libro editado por Através. Será no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Compostela (Praza de Mazarelos).

Gustaríanos moito que se enchera o salón, que toda a xente que aprecia a Carlos ou que non o coñece persoalmente pero sinte interese polo seu caso, ou polo que escribe ou polo que debuxa, estivera ese día alí.

Preséntase o seu libro, de artigos e debuxos enviados desde a cadea nestes últimos anos, e el non vai poder estar. Que menos que cubrir a súa ausencia coa nosa presencia, aínda que a súa ausencia nunca poderá ser cuberta por ninguén mentres el non volte para Loureda. Na presentación haberá música, haberá debuxos, haberá letras e haberá a palabra de todas as persoas que desexen falar, para despois facerllo chegar tamén a el e enviarlle todo o ánimo a dentro da prisión. Estará Séchu Sende, autor do prólogo do libro, estará tamén Valentim Fagim, coordenador da edición, e moito máis.

Vémonos o xoves. Non faltedes! Por favor, avisade a toda a xente, compartide, que ninguén quede sen saber, e que todo o mundo acuda á cita!

Onde mercar o libro? Moi fácil, aquí tedes todas as librarías nas que distribúe Através

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: