[Tokata y Fuga 21-XI-2015]. Malos Tratos nos Cárceres de Teixeiro, Topas e Dueñas
Colamos do Boletín Tokata:
http://www.ivoox.com/tokata-y-fuga-21-xi-2015-malos-tratos-en-las_md_9465004_wp_1.mp3″
Entrevistamos o avogado de ESCULCA Fernando Arce sobre a morte de Gavioto e o que está a pasar coa querela para aclarala e dos malos tratos a presos denunciados recentemente no cárcere de Teixeiro en represalia por accións reivindicativas fronte ás infrahumanas condicións de vida e malos tratos permanentes que imperan alí.
Mencionamos a folga de fame de Noelia Cotelo no cárcere de Topas e a súa denuncia de ser maltratada unha vez máis polos carcereiros.
Lemos tamén unha carta de Juankar Santana sobre os abusos de autoridade que está a sufrir no cárcere de Dueñas.
Falamos con Raquel, da plataforma de afectados pola hepatite C do Bierzo, sobre a concentración de 24 horas de xente das plataformas de diversos lugares realizada entre o 19 e 20 deste novembro, convocada pola coordinadora de afectados, para reivindicar entre outras cousas tratatamiento sen discriminación para todas as persoas enfermas de VHC, incluídas as presas.
Deixar unha resposta