[Memoria Histórica] Falando de Guerra Química.- O terrorista do “antrax” dos EEUU, un fundamentalista católico

Ántrax, el miedo paranoia y confusión
Lo guarda el correo del terror
Llega con la carta la infección
Sobres que contienen el ántrax

Creo que adivino la intención
Hay guerra psicológica en acción
El terrorismo fuera de control
Es todo producido por el ántrax
Pánico y contaminación
Bacteriológicamente lo peor
Que llega con la carta a la infección
Sobres que contienen el ántrax

Es todo producido por el ántrax
Sobres que contiene la muerte
Es todo producido por el ántrax

Las Manos de Filippi

En 4 de Septiembre de 2008; Leo Bassi publicaba unha extensa e intensa editorial no seu site con o titular: Sorprendente informe del FBI: El terrorista del Antrax era un fundamentalista católico, que vos convido a ollar, se tendes interés en saber máis do caso; mais o artigo que deu pé a publicar esta entrada é estoutro que saiu publicado en 21 de maio de 2012 no curioso blogue “Mundo Criminal. delincuentes, policías, crímenes y su investigación” con o titular: Alerta Anthrax e do que recollemos boa parte e traducimos.

295 Se ben aclarar antes que o motivo que me leva a publicar esta entrada e encadrala como [Memoria Histórica] é por contastar que fácil esquecemos a realidade relativamente cercana; pois este suceso conmocionara ao mundo (ocidental por suposto) xa de per se “descolocada”; só unha semana depois do 11-S e ata maio de 2008, case oito anos despois o FBI deu con o autor e non era de Al-Qaeda senón un enxeñeiro que traballaba con o FBI nos laboratorios onde investigan con armas químicas e alén integrista católico que asasinou con sobres de antrax a 5 persoas; feito que a prensa do estado español mesmo tratara de ocultar. A mesma prensa que agora cando fala da ameaza de guerra química so lembra o ataque terrorista no metro de Tokio da seita Aum Shinrikyo, cando en marzo de 1995 membros desa seita liberaran gas sarín expoñendo a perto de cinco mil persoas a eses fumes mortais co resultado de trece persoas asasinadas e cincoenta gravemente feridas; tamém a relixión por medio… Dito iso colo:

Alerta Anthrax

Unha semana despois do 11-S Estados Unidos e o Mundo enteiro seguía en estado de shock. A psicose terrorista estendíase por toda América. Os medios apuntaban desde os primeiros momentos á autoría de Al-Qaeda e descoñecíase se haberían máis ataques en marcha. No medio deste caos xurdiu unha ameaza máis inquietante aínda, por invisible e silenciosa: unha sustancia denominada Antrax (carbunco) era a presunta responsable dunha serie de mortes e contaminacións cuxo orixe estaba nuns envíos de cartas contaminados coa devandita sustancia a diversas personalidades e medios de comunicación en Estados Unidos.

Os ataques producíronse en dúas ondas cun total de doce cartas. A primeira remesa de cartas tiña un cuño de Trenton, en New Yersei, e estaban datadas o 18 de setembro de 2001. Crese que foron cinco cartas enviadas a: ABC News, NBC News e o New York Post, todos na cidade de New York e ao National Enquirer en Boca Raton, Florida.
A alarma estendeuse a nivel mundial e pronto se detectaron presuntos casos fóra dos Estados Unidos. Todos foron negativos pero as forzas da orde de todos os países tiveron que implementar protocolos e procedementos para os casos de ataques con esta sustancia. O estado español non estivo exento de presuntos casos.

A SUSTANCIA


A denominación correcta é carbunco (anthrax en inglés). En castelán antrax fai referencia a outra enfermidade do tipo furunculosis. O carbunco é unha enfermidade contaxiosa, aguda e grave, causada por Bacillus anthracis. O carbunco pulmonar é letal na maioría dos casos. As esporas de B. anthracis investigáronse como axentes de guerra biolóxica. Para este fin, utilízanse cepas especialmente virulentas e a súa preparación require de condicións altamente complexas..

AS PRESIÓNS DO GOBERNO

Pouco despois dos ataques con Antrax, persoal da Casa Branca presionou de forma insistente ao Director do FBI Robert Mueller para que probase que se trataba dunha segunda onda do ataque do 11-S por parte de Al-Qaeda. Durante os briefings ou reunións matutinas de intelixencia co presidente, Mueller era case literalmente mallado por non conseguir probar que o ataque con Antrax tiña como orixe Al-Qaeda ou alguén en Oriente Medio. O FBI pronto comprendeu que para a elaboración dese tipo de Antrax requiríase un sofisticado equipamento. A autoría non apuntaba precisamente aos islamitas radicais. Ao mesmo tempo o presidente Bush e o vicepresidente Cheney especulaban en público sobre a autoría de Al-Qaeda. Pronto diversos medios fixéronse eco desa campaña de desinformación. A principios de Outubro The Guardian informaba que científicos americanos implicaban a Iraq como fonte do Antrax. Pouco despois sería o Wall Street Journal o que implicaba a Al-Qaeda e Iraq como orixe dos ataques. O Canle ACB News falaba de informes que identificaban a bentonita como un dos ingredientes do antrax, implicando desta forma a Iraq directamente. Finalmente a bentonita nunca apareceu, así o recoñeceron diversos informes oficiais e mesmo a propia Casa Branca.

O SOSPEITOSO

Bruce Ivins, biólogo civil dos laboratorios militares de Fort Derrick, Maryland, traballou durante vinte e oito anos cos mellores científicos nos laboratorios máis seguros do exército americano, publicando numerosos estudos científicos. Tiña unha acreditación de seguridade nivel 3, unha dos máis difíciles de obter vista o perigo do seu traballo, e mesmo foi colaborador do FBI sobre o tema do ántrax durante anos.

A INVESTIGACIÓN

Por mor dos ataques realizouse unha inxente investigación que duraría sete anos e converteríase nun auténtico pesadelo para os responsables da mesma que levou o nome de AMERITHRAX, sendo a maior e máis complexa na historia do FBI. Nela participaron entre 25 e 30 investigadores a tempo completo procedentes do FBI, o Servizo de Inspección Postal, outras forzas de seguridade, así como os fiscais federais do Distrito de Columbia e de Contraterrorismo do Departamento de Xustiza.

A investigación estendeuse sobre seis continentes; levou 10.000 entrevistas a testemuñas, 80 rexistros, 26.000 e-mails revisados e a análise de 4.000 Gigas de memoria. Ademais universidades e laboratorios comerciais axudaron a realizar as análises científicas tan relevantes nesta complexa investigación.

O FBI chegou á conclusión de que Bruce Ivins era o autor dos ataques baseándose tanto en evidencias científicas como no emprego de forma intensiva das tradicionais técnicas de investigación.

As probas científicas foron complexas e suscitaron certas controversias científicas. O FBI ten enormes indicios circunstanciais que demostran que o ántrax utilizado viña do seu laboratorio e mesmo saben de que tubo de ensaio de cultivo, aínda que en teoría é posible que alguén puidese introducirse no edificio e roubado unha mostra.

Existen algunha probas concretas que vinculan a Ivins á hora e ao lugar da expedición dos sobres, existindo buracos no emprego do seu tempo que teoricamente lle permitirían cumprir esta tarefa, pero nada é seguro. Neste caso o perfil ideolóxico de Ivins cobra especial importancia. Os Axentes Federais retratan a un home moi activo na súa comunidade, un católico devoto dedicado á súa parroquia que milita en asociacións cristiás de dereita, ferventes partidarias de Israel (nos Estados Unidos o movemento vén a chamase Christian Zionism).

Este home era aparentemente todo un modelo de bo cidadán responsable e solidario. Pero o FBI descubriu unha zona máis escura. Estaba obsesionado por un club universitario de só mozas (a irmandade Kappa Kappa Gemma), fixación que permitiu aos investigadores atopar unha correlación entre os seus desprazamentos e os lugares dos envíos. Tiña unha caixa de correos secreta en correos baixo un nome falso onde recibía material pornográfico.

O FBI atopa na casa de Ivins, 68 cartas xa redactadas dirixidas a xornais, organizacións non gobernamentais e partidos políticos que nunca foron enviadas, mostrando a estraña relación do biólogo con este modo de comunicación. O contido das cartas non foi revelado polo FBI.

O FBI elaborou un perfil sobre o autor, no que destaca o seguinte: Alta probabilidade de que sexa home adulto que traballe nun laboratorio nunha posición con pouco contacto co público ou outros compañeiros, e con acceso á fonte e ao instrumental necesario para o seu tratamento e manipulación. Manifesta bos coñecementos científicos, seguramente complementados cun bo historial académico e experiencia neste campo. Usou medidas protectoras, tales como antibióticos e vacúas, para salvagardar a súa integridade mentres manipula este perigoso material co que parece está afeito e domina perfectamente.

A acción criminal pon de manifesto que o autor posúe un pensamento racional e organizado dirixido á consecución do obxectivo criminal. Non seleccionou as súas vítimas ao azar, os datos da dirección postal son completos e correctos, tanto respecto da identidade do receptor, como a rúa, o número, código postal, e o franqueo (34 centavos) é o que corresponde. Posiblemente ten algunha vinculación coa poboación de Trenton (NJ) aínda que non habite alí mesmo, pero sente cómodo, e coñécea o suficiente.
De todo iso inférese o interese, e a preparación minuciosa ata no máis mínimo detalle por parte do autor para asegurarse de que a carta chegará ao seu destino sen incidencias. Por tanto, demostra que o obxectivo é importante para el.

Tendo como referencia o perfil e a avaliación do comportamento, os investigadores efectuaron máis de 10.000 entrevistas a testemuñas e interviñeron uns 6.000 obxectos aproximadamente nos máis de 80 rexistros practicados, chegando á conclusión que o autor das misivas contaminadas era o Dr. Bruce Ivins, o cal traballaba nun laboratorio do USAMRIID (Fort Detrick), e ao que lle incautaron mostras da mesma cepa de ántrax (RMR-1029) empregada nos ataques, así como fotografías ao microscopio do bacilo de ántrax, e anotacións manuscritas e informes sobre os tratamentos e mutacións xenéticas ás que sometía esta sustancia a fin de convertela en máis mortífera.

Unha vez reunidas as probas incriminatorias suficientes, o Departamento de Xustiza e o FBI presentaron cargos formalmente contra o Dr. Ivins, a principios do mes de agosto de 2008. Considerado como o único responsable, este a o saber a noticia inmediatamente suicidouse cunha sobredose de barbitúricos o 29 de Xullo 2008.

Finalmente o expediente coñecido como Amerithrax foi pechado o día 19 de febreiro de 2010 polo Departamento de Xustiza, o FBI, e o Servizo de Inspección Postal dos Estados Unidos.

OS MOTIVOS

Non se pode asegurar con rotundidade, tendo en conta que Ivins suicidouse cando foi acusado e antes de ser axuizado. Pero, segundo despréndese do informe do FBI os ataques foron debidos a: 1) O impacto do 11S que foi visto por Ivins como unha acción divina para castigar aos Estados Unidos por tolerar a pornografía, a homosexualidade e o aborto. 2) A ameaza de Bin Laden a Estados Unidos e Israel. Ivins consideraba o seu país e Israel como pobos elixidos por Deus para cumprir a súa vontade e loitar contra o mal. O Islam é visto como unha falsa relixión, obra tamén do demo que busca derrotar as forzas do ben para someter a Xerusalén.

Os obxectivos foron seleccionados seguindo este ideario extremista. A prensa liberal e un xornal de murmuracións por difundir a promiscuidade e a pornografía. Os senadores Leahy e Daschle por ser pro-abortistas, culpables dun novo holocausto de bebes, e favorecer a promiscuidade.

Ivins pretendía facer recaer sobre Al Qaeda a autoría dos ataques e agudizar así o odio aos musulmáns. Ao mesmo tempo que cimentaba a alianza entre os pobos americanos e xudeus en nome dunha misión divina.

AS CONSECUENCIAS

O tráxico balance de 5 mortos e 17 feridos é a máis dolorosa e grave consecuencia dos ataques. Pero os custos económicos e de alarma social non foron desdeñables. Ducias de edificios foron contaminados con antrax como resultado do envío das cartas con antrax. Un documento do FBI estima que o custo total do asunto do antrax supera os mil millóns de dólares.

TEORÍAS DA CONSPIRACIÓN

O feito de que os ataques se producisen pouco despois do 11-S, que as evidencias científicas fosen controvertidas e, sobre todo, que o presunto autor tardase moito tempo en ser identificado e posteriormente suicidásese, deu pé a numerosas teorías conspirativas. Moitas destas enlazan os ataques do 11-S coas cartas e suxiren unha man negra gobernamental detrás deles.

En todo caso, é probable que a administración Bush soubese pouco tempo despois do envío das cartas (principios de outubro), que o ántrax era americano dun laboratorio militar e que calasen e obstaculizasen a investigación o máis posible para aproveitar a histeria da poboación e así levar a cabo a súa política en Afganistán e medio oriente.

Documentos:

AMERITHRAX INVESTIGATIVE SUMMARY. Pdf en inglés do Departamento de Xustiza de EE.UU. amx-investigative-summary

INVESTIGACIÓN AMERITHRAX. Pdf en castelán. Autora: Mariluz Ponte Balsells. Investigacion Amerithrax

Colado e presentado para Abordaxe x Xan do Can

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: