A industria armamentística cotiza á alza tras os atentados en París

Colamos (traducido) de ElDiario:
fabricantes armamento
Rolls-Royce, Zodiac Aerospace, Bae Systems e Thales soben entre un 3 e un 4% despois do anuncio de François Hollande de declarar a guerra a ISIS.

A actual procura de apoios internacionais de Hollande para afrontala supuxeron un impulso económico para a industria armamentística que viu como as súas accións creceron ao redor dun 3% na sesión de hoxe, segundo recolle a axencia de noticias Reuters.

Algúns investidores do índice europeo STOXX viron unha gran oportunidade de negocio no anuncio do presidente francés, quen xa pediu un aumento do orzamento de Defensa aínda que iso supoña o incumprimento do obxectivo de déficit acordado na Unión Europea.

Rolls-Royce, compañía recoñecida principalmente pola venda de coches de luxo e que viu crecer as súas accións nos últimos días un 4%, conta tamén cunha división moi importante de enxeñería que produce motores de avión, turbinas ou propulsores, á parte de ofrecer un catálogo de produtos e servizos militares.

Zodiac Aerospace tamén subiu un 4%, debido á súa dedicación ao mercado do equipamento aeronaútico, tan importante para a industria militar en guerras como a que se está librando en Siria.

Pola súa banda Bae Systems, un dos maiores vendedores de armas no mundo e Thales, empresa francesa e tamén subministradora de material bélico para aeronaves, viu rebotar as súas accións un 3%.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: