[C.P. Topas, Salamanca]: Noelia Cotelo de novo en folga de fame desde o 12 de novembro. Denuncia, unha vez máis, sufrir malos tratos a mans dos carcereiros

Colamos (e traducimos) do Tokata:

12240066_971656039574062_5550517928127669381_n O 12 de novembro, Noelia Cotelo Riveiro iniciou unha folga de fame en protesta porque non lle entregan a súa pertenzas que quedaron no cárcere de Brieva cando foi trasladada á de Topas onde se atopa agora. Pídenlle 300 euros polo porte cando deberían viaxar con ela na condución. Ese mesmo día sufriu malos tratos a mans dos carcereiros de Topas. Un carcereiro abriu a porta da súa cela mentres estaba a ouriñar e iniciaron unha discusión. O carcereiro saíu e volveu con outros catro, todos provistos de porras e luvas. Emprendérona a golpes con Noelia que resultou co beizo partido, o oído esquerdo lesionado e hematomas por todo o corpo. Mentres a levaban a enfermería, volverona agredir. Ao volver á cela onde a teñen encerrada, desapareceran as poucas cousas persoais que quedaban. Noelia continúa en folga de fame, illada a mercé dos boqueras, en réxime FIES 1, o máis duro de todos. Necesita apoio.

Para escribirlle:

Noelia Cotelo Riveiro
Centro Penal de Topas
Estr. N-630 Km. 313,4
37799 TOPAS (Salamanca)

Unha resposta a “[C.P. Topas, Salamanca]: Noelia Cotelo de novo en folga de fame desde o 12 de novembro. Denuncia, unha vez máis, sufrir malos tratos a mans dos carcereiros”

  1. […] pasada, 17 de novembro, solidarizándose coa súa compañeira Noelia Cotelo Riveiro, que está tamén en folga de fame no cárcere de Topas (Salamanca) desde o día 12, reivindicando que se lle entreguen as súas cousas persoais, retidas […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: