[Kurdistán] Shengal finalmente liberada e a loita continua

Recollemos de “Rojava no está sola” dúas noticias, a primeira do venres dando conta da liberación de Shengal e outra de onte sábado anunciando que continua a operación para liberar toda a rexión; traducimos e colamos:

O 13 de Novembro foi liberado o centro da cidade de Shengal (Iraq, Kurdistán este) nunha ofensiva liderada polas guerrillas HPG/YJA-Star e as forzas Êzîdî YBS/ YPJ-Shengal e na que tamén participaron persoas locais armadas e algúns loitadores peshmerga (en coordinacion cos ataques aéreos da coalición internacional). A continuación deixamos unha recompilación de información sobre a liberación, e algúns vídeos e fotografías; que demostran o contrario ao que os medios de (des)información do estado dixeron declarando falsamente que a liberación foi realizada e liderada unicamente polas forzas peshmerga e a axuda da coalición internacional.

Vídeo dos primeiros momentos das guerrillas entrando no centro de Shengal (13 Novembro)

‘Operación Liberar Shengal’: o centro de Shengal é liberado

A Comandancia das forzas HPG e a Comandancia Xeral das YBS anunciaron o 13 de Novembro que o centro de Shengal foi liberado da ocupación do ISIS. Na devandita declaración senllas forzas de defensa lembran que infrinxeron golpes duros e certeiros contra os grupos do ISIS durante a ofensiva na zona de Shilo, que se iniciou o 8 de outubro, tras o cal púxose en marcha unha operación para liberar ás vilas do oeste de Shengal o 31 de outubro.

A liberación conseguiuse no segundo día da ofensiva lanzada no centro de Shengal e as vilas de ao redor. Segundo o comunicado, a operación para liberar as vilas e as zonas de ao redor de Shengal aínda continua.

Fonte: Kurdish Question

Vídeo: os guerrilleiros quitan as bandeiras de ISIS dos silos de trigo de Shengal (punto máis alto da cidade) e elevan as bandeiras das HPG e as YBŞ.

Comandante das HPG: Mantivemos a nosa promesa liberando Shengal (Sinjar)

O Comandante das forzas HPG, Egit Civyan presentou a liberación de Sinjar a todo o pobo de Kurdistán. Civyan dixo que algúns círculos negan o feito de que as guerrillas conducisen a loita de liberación por Sinjar. Así mesmo declarou que todo o pobo de Kurdistán, os yezidíes en primeiro lugar e os mártires, xunto coas guerrillas HPG, YJA-STAR, YBS, YPJ-Sinjar e as forzas peshmerga tomaron parte nas operacións para liberar a rexión.

“15 meses de resistencia concluíron hoxe nunha gran vitoria”

O comandante engadiu que a resistencia que durou 15 meses trouxo a vitoria ao pobo de Sinjar. As 15.000 persoas civís que viven no monte Sinjar nunca abandonaron as súas terras por permanecer xunto aos loitadores pola liberdade. “Esta xente non abandonou nunca as súas terras sacras e desta forma contribuíron en gran medida na realización desta vitoria. Pagamos un prezo moi alto, moitos dos nosos compañeiros perderon a vida na batalla e liberamos Sinjar en lealdade á súa memoria”.

En canto ao tempo tan longo que tomou a liberación, declarou o seguinte: “Fixemos os preparativos fundamentais para liberar Sinjar o pasado mes de decembro. Tamén fixemos un chamamento ás forzas peshmerga e tivemos reunións, xa que lograramos moitos avances, e liberado moitas áreas. Con todo moitos deles argumentaban que a liberación desta zona non estaba dentro da súa axenda e dixéronnos que esperásemos. Mentres tanto abrimos un corredor para lanzar unha ofensiva. Moitos combatentes peshmergas uníronse á ofensiva, que non aguantaron debido aos obstáculos creados por algunhas forzas. Se as forzas peshmerga no seu conxunto uníronse á ofensiva, Sinjar sería liberada o 19 de decembro de 2014. Estivemos esperando este día durante 11 meses”.

“As forzas de liberación deberían actuar baixo un comando conxunto”

O comandante reiterou a importancia da creación dun comando conxunto. “Nós temos un único inimigo aquí. En varias ocasións realizamos chamamentos para crear un comando de acción conxunta para resistir en unidade. Unha vez que quedou claro que non se producía ningún progreso, decidimos actuar. Acto seguido apoiamos a operación lanzada polas Unidades de Resistencia de Sinjar (YBS) no val de Shilo, o 8 de outubro e liberamos a zona. O 2 de novembro iniciamos unha ofensiva na rexión situada entre o Kurdistán de Siria e Sinjar, onde foron liberadas 9 vilas. Durante os últimos 3 días estivemos en acción ininterrupida, no marco da acción iniciada onte, as nosas forzas tomaron o control do centro da cidade”.

O comandante das HPG declarou que cumpriran a promesa dada ás súas mártires agregando: “os lugares sacros do noso pobo yezidí permanecen aínda baixo a ocupación do ISIS. Imos loitar para liberalos”.

“A guerrilla resistiu e pagou un alto prezo”

“Aquí hai guerrilleiros, forzas YBS e forzas*peshmergas loitando de xeito conxunto, con todo esta operación foi liderada pola guerrilla. Ninguén pode negar o papel da guerrilla. Xornalistas dalgunhas canles de televisión cambian a versión cando ven guerrilleiros mentres están a informar desde Sinjar. Tales enfoques prexudican os intereses nacionais do noso pobo. Ninguén debería pedir aos guerrilleiros que saian de aquí, non podemos aceptar tales imposicións”.

Fonte: Newrozeuskalkurdu

Êzîdîes saúdan a liberación de Shengal

O pobo Êzîdî que vive no Monte Shengal saudou a liberación do centro da cidade de Shengal por parte das forzas Êzîdî e kurdas o 13 de Novembro.

Dixeron: “A vitoria das forzas YBŞ e YPJ-Shengal levantounos moito a moral e o entusiasmo. As mozas e mozos do pobo Êzîdî tomaron as armas e organizáronse con forza despois do xenocidio ao que sobreviviron o ano pasado. Hoxe, os nosos fillos preséntannos un Shengal libre. Non hai maior felicidade que esta. Os nosos fillos vingaron ás nosas irmás, nais, familias e familiares masacrados polas bandas [de ISIS].”


Fonte: ANF

Os Peshmerga do KDP bloquean o acceso ao Monte Shengal

O centro da cidade de Shengal foi liberado a mañá do 13 de Novembro como resultado dunha ofensiva maior da forzas kurdas e Êzîdî que inclúen ás guerrillas de HPG/YJA, as YBŞ/YPJ Shengal, xente local armada e algunhas forzas peshmerga.

Xusto despois da liberación, os soldados peshmerga afiliados ao KDP estableceron un posto de control no val de Kersê preto do Monte Shengal e bloquearon o acceso á zona.

Fonte: ANF

Fotografías da liberación

Comandante de YJA-Star: A operación para liberar as vilas de Shengal continua

14 Novembro. A operación para liberar Shengal e as súas vilas continua despois de que as forzas tomasen o control do centro da cidade onte pola mañá.

A comandante de JA Star Shengal Berfin Nurhak declarou que a operación continua co obxectivo de liberar as vilas de Shengal que están ao redor do val de Shilo e que están aínda baixo as ocupación de ISIS.

Nurhak lembrou que esta operación foi lanzada polas YBŞ (Unidades de Resistencia de Shengal) e as YPJ-Shengal (Unidades de Defensa de Mulleres) no val de Shilo o 8 de Outubro, e logo uníronse e apoiaron as HPG (Forzas de Defensa Populares) e as YJA-Star (Tropas de Mulleres Libres).

A comandante remarcou que, “Os nosos compañeiros e compañeiros tomaron acción esta mañá para liberar as vilas ao redor do val de Shilo. A operación en curso ten un papel importante para Shengal porque a rexión completa será liberada coa toma de control destas vilas.”

Comandante das HPG: Toda a rexión de Shengal será pronto liberada.

Un dos comandantes das HPG Shengal, Devrim Pau tamén declarou que lanzaron unha operación contra as vilas ocupadas por ISIS ao redor do centro da cidade de Shengal e o val de Shilo esta mañá.

Pau engadiu que, “A nosa ofensiva ten o obxectivo principal de tomar en primeiro lugar as vilas de Meydan, Medivan, Cudali, Skênîye e Hayalê. A operación continúa con éxito. Prometemos á nosa xente que toda a rexión de Shengal será pronto liberada.”

Fonte: ANF

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: