[C.P. Villena, Alacant] Familiares de Arantza Díaz Villar denuncian a situación de Exterminio Sanitario a que a teñen sometida

Colamos (traducido) do Tokata:

dibujo-arantza-libertad-dibujandoporunsuec3b1o Arantza kalera xa!

O primeiro que escoito alén do auricular é a voz crebada dunha sogra (Pilar) narrando a situación da súa nora Arantza Díaz Villar, nestes momentos outra vez ingresada no cárcere de Villena tras o seu paso polo hospital de Alacant. Pilar, entre bágoas grita de rabia e dor “non hai dereito”.

Así é, non hai dereito, a xustiza é a día de hoxe unha palabra prostituída. Nas poltronas da AN e TSJ abundan os corazóns podrecidos de odio, rancor e rédito político. Arantza Díaz Villar é unha presa política do PCE(r) condenada pola súa militancia política.

En maio do 2014 foille detectado un cancro de colón. En xuño foille extirpado e posteriormente foi tratada durante seis meses con quimioterapia.

Durante o mes de xullo deste ano tíñana que sacar ao hospital para unha revisión médica. Con todo durante dous meses desde o cárcere estiveron pospoñendo a súa saída mediante escusas de: “a seguinte quincena…” , “agora é agosto… ata setembro xa nada”, agosto é inhábil nos cárceres en cuestións de saídas médicas; o cancro con todo non descansa…

Esta situación xerou en Arantza estados de ansiedade, xa que vía que, desde o cárcere podían eternizar a súa saída ao hospital. Neste tipo de enfermidades é super importante por unha banda respectar os prazos para as revisións, pois un atraso supón a diferenza entre a vida e a morte, e ademais levar unha vida na medida do posible libre de tensión, unha boa alimentación, calor etc…

Xusto o contrario do que atopas nun cárcere. Cantas chamadas durante estes meses de “aínda non me sacaron…” “isto alárgase”… “agora teño que esperar ata setembro”… “teño as mans durmidas”… “non podo nin coller as bandexas da dor que sinto nos dedos”… “as compañeiras tenme que lavar a roupa”…

Hoxe está no Módulo de Villena, despois de ter que ser sometida a unha segunda operación por reaparición do cancro. Levamos dez días sen escoitar a súa voz e con escasas noticias de cal é nestes momentos o seu estado de saúde, o seu estado emocional… Pasar polo hospital supón o illamento da presa ou o preso, enfrontar a enfermidade sen a posibilidade do acompañamento, da calor do abrazo. Para os familiares e amigos supón a rabia e impotencia de en estes momentos tan difíciles non poder estar aí ao seu lado para arroupala.

Arantza ten as ¾ da condena cumprida, ademais de padecer unha enfermidade grave, demostradamente incurable permanecendo no cárcere.

Arantza debería de estar na rúa xa!

(A.G.L.)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: