[Karcelona] Cortes de Tráfico fronte ás Montaxes á conta do Anarquismo
Soubemos polo Tokata deste Comunicado (en catalán), presumiblemente dirigido ao Quique e que foi publicado onte en Indymedia Barcelona e asinado por Solidaries, e que nós agora traducimos e publicamos:
Estimado compañeiro,
Hoxe (por onte) decenas de persoas de varios barrios da cidade de Barcelona cortamos algunhas das principais vías da cidade para romper o silencio, a impotencia e a soidade en que nos queren ver os que fabrican montaxes e grupos terroristas.
Fixémolo porque non queriamos permanecer quietos e atemorizados ante o inaceptable: verte nunha prisión, moi lonxe dos teus amigos e compañeiros. Cremos firmemente que cando a represión golpéanos debemos dar un paso máis adiante, profundar nos lazos de compañeirismo e defender con orgullo os motivos da nosa loita e as ferramentas con que nos dotamos para ela.
Queremos dicirche que non estas só, alí onde esteas, que neste anaco do mundo hai persoas que pensamos en ti e non esquecémosche.
Seguiremos en loita ata que esteades todas libres.
Un abrazo forte.
Deixar unha resposta