¿Que foi da Liberdade Condicional? x Mikel Armendariz Barnechea

ID18-F1153871908 Recollemos do Boletín Tokata ( e traducimos) esta reflexión de Mikel Armendariz Barnechea, avogado, coordinador do Servizo de Orientación Xurídico-Penitenciaria (SOJP) de Pamplona e membro da Subcomisión de Dereito Penal do Consello Xeral da Avogacía Española, na que conclue dicendo que: “se eu fose penado tería clara unha cuestión: que me manteñan en terceiro grao e que non me tramiten a actual suspensión da execución do resto da pena e liberdade condicional:

Dentro da cadea de despropósitos á que levou a última reforma do Código Penal, un dos que máis me chamou a atención, desde o punto de vista do dereito penal, é a do tratamento da liberdade condicional recollida no artigo 90.

Segundo o artigo 72.1 da Lei Orgánica Xeral Penal: “As penas privativas de liberdade execútanse segundo o sistema de individualización científica, separado en graos, o último dos cales será o de liberdade condicional, conforme determina o Código Penal”.

Pois ben, este artigo que o lexislador se esqueceu de modificar ou de suprimir, posto que aínda se mantén vixente en toda a súa literalidade, entra en total contradición co agora establecido para a liberdade condicional.

Esta figura, que era realmente un cuarto grao penal polo que se cumpría en liberdade a última parte da pena, quedou totalmente desnaturalizada, pasando a converterse nunha simple suspensión da pena con todos os efectos que iso leva. Entre estes efectos e como máis grave está o feito de que se a liberdade condicional é revogada “o tempo transcorrido en liberdade non será computado como tempo de cumprimento da condena” (artigo 90.6 do Código Penal).

A suspensión da execución do resto da pena e concesión da liberdade condicional, que é o novo nome que se lle deu, choca frontalmente co espírito desta figura xurídica encamiñada a depositar unha confianza no penado que, superando as dificultades propias dun sistema penal cada vez máis de costas á reinserción, logra con todo ser acredor da mesma.

A concepción actual da liberdade condicional fai que crebe ese espírito progresivo de cumprimento da pena encamiñado á reinserción do penado para converterse nunha traba máis. Parece esquecer o lexislador que o acceso á liberdade condicional non é de aplicación automática para todos os penados, senón que está destinada a aqueles que presentan unha boa evolución tratamental, entre outros requisitos.

Quedando aínda por definirse a aplicación retroactiva ou non deste precepto, se eu fose penado tería clara unha cuestión: que me manteñan en terceiro grao e que non me tramiten a actual suspensión da execución do resto da pena e liberdade condicional.

Mikel Armendariz Barnechea

(a imaxen é dunha escultura de Esteban Duarte titulada “Libertad Condicional”)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: