[Vigo] Reconcíliase co Club Financeiro tras lanzarlles dous cócteles molotov.- A acusada agradece a compresión dos empresarios porque se librou do cárcere

O caso a tratar ten visos de superar o imaxinábel no concernente a xuízos contra supostas activistas antisistema. Xa tempo há, puxéramos en dúbida o sinalamento como anarquista dunha outra persoa envolvida nesta trama, Xavier Omaña, de quen descoñecemos, na altura porqué agora non foi xulgado onte, mais todo cheira a chamusco neste curioso caso, como o feito de que a moza viguesa que ven de “reconcialiarse” con os xefes do “Club Financiero de Vigo” (ver foto) publicara nunha rede social e antes do seu xulgamento unha nota na que recoñecía a autoría da acción reivindicativa, sen dano persoal algún (ver acá) e que remataba con estas súas palabras: “E é por isto polo que me vexo obrigada a denunciar e facer pública a miña situación ata agora silenciada”. “Porque só a solidariedade pode frear a súa represión”. MARÍA ABSOLUCIÓN!. LIBERDADE PRESAS POLÍTICAS!. e AMNISTÍA!; o que non apontaba ao que os falsimedios contan do que se passou onte nos xulgados, entroutras cousas que foran os outros quen lanzaran os cocteles e que ela só axudou a redactar a carta de reivindicación do acto. Vos colamos acá (traducido) un compendio do publicado nos falsimedios:

A activista Carmen Otero, que colaborou con outras persoas para lanzar dous cócteles molotov contra o Club Financeiro Vigo no 2012, e o entón director do foro empresarial, Jesús Bahíllo, selaron onte unha emotiva reconciliación á saída dos tribunais. Entre sorrisos e algún abrazo, pousaron xuntos nunha foto cando terminou a vista por conformidade.

A acusada, natural de Bueu e veciña de Vigo de 37 anos, chegou a un acordo de conformidade con a fiscalía e evitou a celebración do xuízo, e agradeceu aos empresarios a súa comprensión porque rebaixaron a súa petición de pena para evitar que ela ingresase en prisión. Enfrontábase a 11 anos de cárcere por danos e fabricación de explosivos pero aceptou unha condena de dous anos por un delito de danos. Con tal rebaixa, o seu ingreso no cárcere quedou suspendido a condición de que a acusada fixese fronte ás cotas fixadas pola indemnización e non volvese delinquir en 5 anos, “non vai ver ningún delito nin nese nin en ningún outro prazo”, asegurou Carmen ante o tribunal. Ademais, indemnizará con 50 euros ao mes durante 5 anos ao consorcio de seguros pola reparación. A Audiencia concedeulle prazos para pagar eses 2.687 euros porque ela só cobra a axuda do Risga. A vista por conformidade foi na Quinta Sección da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo. A sala aplicoulle o código penal máis beneficioso.

Á súa saída dos xulgados, mostrouse ante os medios satisfeita polo acordo alcanzado, agradeceu o comportamento do Club Financeiro e declarouse inocente. Segundo dixo, “son inocente desde o momento no que como cidadán teño dereito a un traballo e teito e cando se che arrebata todo, a cabeza lévache a reaccionar dunha forma que nada ten que ver coa miña forma de ser, pacífica e sociable”. Así, recoñeceu que “foi un acto desesperado e agora toca asumir as consecuencias”. Otero considérase «inocente» porque, segundo di, foi impulsada a actuar así por culpa da crise, que ela define como «estafa financeira». «Multan ao que revolve no colector de lixo e non a outros», queixouse. «Nesa época, eu estaba desesperada», xustificouse. A activista anticapitalista estaba desempregada, sufriu unha ruptura sentimental e pasou por un «mal momento».

Respecto ao lanzamento dos cócteles, en cuxas imaxes de seguridade aparecían dous homes e ningunha muller, dixo que “non participei directamente, foron dúas persoas que nese momento estaban na miña casa e axudeilles. Asumo unha responsabilidade que non me corresponde”. Aclarou que cargou con toda a responsabilidade do acto e asegurou que, en realidade, quen tirou o artefacto explosivo foron os dous mozos aos que ela deixou durmir na súa casa esa noite e aos que axudou a redactar unha carta de reivindicación do acto. «Eu non estaba alí esa noite, estiveron dous mozos que xa se marcharon do país. Eu sei escribir e pedíronme axuda para a carta. Eramos mozos da rúa nun momento malo pero non había ningunha organización detrás. Ocorréusenos poñer ADAI, un nome inventado. Esa organización non existía, nin existe, foi inventada nese momento (*). Foi unha obrigación porque se lle atribuía a outras persoas e anunciábanse consecuencias. Fixémolo para que os de Resistencia Galega non pagasen por algo que non fixeran», dixo. Contou que ela foi sospeitosa porque colecciona armas legais e de fogueo.

Traballou como vendedora de seguros e inmobiliarias. O arresto prexudicoulle nas entrevistas de emprego. «A xente pon o meu nome en Google e saio como unha terrorista fortemente armada. Dóeme que os meus veciños retiren a cara cando se cruzan comigo na rúa, iso xa é bastante condena. Son sociable, pacífica e solidaria», afirmou.

(*) Sinalar tambén que o ABC levase a palma no que a manipulación e terxiversación deste caso, pois pese a que o resto dos falsimedios destacan o feito de que a organización ADAI foi un nome inventado, este da por feito a existencia de tal organización e sinala a María del Carmen Otero como militante de Acción Directa Anticapitalista Internacionalista (ADAI), e sinala a militante viguesa de ADAI como a súa interlocutora, e quen reivindicara a acción mediante dúas chamadas telefónicas das que informaba dunha carta súa nun xornal da cidade «que ela mesma escribira». Alén engade que, nove días despois do atentado, a muller «creou en Facebook o perfil co nome de “Irreduktibles de Adai”» no que fai un discurso «subversivo de ton anticapitalista, contrario ao sistema bancario e democrático» e da conta de que en xaneiro de 2014 localizárase durante un rexistro domiciliario practicado na vivenda de Otero Martínez, entre outros obxectos, «un sobre cun folio e un texto de reivindicación e as letras A.D.A.I».

Redactado por Xan do Can para Abordaxe

Advertisements

5 Respostas to “[Vigo] Reconcíliase co Club Financeiro tras lanzarlles dous cócteles molotov.- A acusada agradece a compresión dos empresarios porque se librou do cárcere”

  1. […] uns tres meses a parella coñece a unha autoproclamada compañeira anarquista que, durante as poucas ocasións de encontro, «confesa» os s…. Co corazón na man, Gabriel e Elisa responden á petición de axuda da «compañeira» acolléndoa […]

  2. […] y traducir y difundir de nuevo este artículo, publicado en su día en el blog de los compas de *Abordaxe! y que habla sobre la deleznable actitud de delación, chivateo y arrepentimiento que esta mujer […]

  3. […] e quanto menos teria sabido de antemão algo sobre ela. Só com vissitar o blogue Abordaxe (1 e 2) e o seguimento que se fijo destas curiosas anarquistas ás que ninguém conhece como tais na […]

  4. […] Abordaxe! xa se advertira da súa condición de, como mínimo, suspeita de delación, exemplos aquí e aquí. Afortunadamente, moitas páxinas e blogs de compañeiras xa rectificaron a información. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: