[Vigo] A Fiscalía pede 11 anos de cárcere a unha moza por lanzar dous cócteles molotov ao Club Financeiro. Será xulgada mañán

Tempo hai que non sabíamos nada deste asunto tan estrámbotico amplificado polos falsimedios, segundo o cal 3 persoas (dúas galegas e unha asturiana) foran tildadas de anarquistas e terroristas por atentar con cocteles molotov contra as instalacións do Club Financeiro de Vigo. Xa no seu día publicáramos un artigo no noso vello blogue desvirtuando tais “desinformacións” dos falsimedios e a súa “fantasiosa relación con o anarquismo”.

Agora vimos de saber por un mass merda, feito na Galiza, que à viguesa Carmen Otero, detida por este asunto, a Fiscalía pidelle un total de once anos de cárcere por, supostamente, fabricar e lanzar dous cócteles molotov contra a sede do Club Financeiro de Vigo, na rúa García Barbón, na madrugada do 17 de setembro do 2012. A activista, segundo este falsimedio, tería chamado despois para reivindicar os danos en nome da organización Acción Directa Anticapitalista Internacionalista (ADAI). E tería enviado a dito falsimedio unha nota para confirmar a autoría dos feitos. Curiosamente na noticia non fan mención algunha aos seus supostos colabouradores.

O xuízo celebrarase mañán mércores na Quinta Sección da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo. A Fiscalía pide 3 anos de cárcere por un delito de danos e outros 8 anos pola fabricación de sustancias incendiarias. Ademais, reclama que a acusada indemnice con 2.687 euros ao Consorcio de Compensación de Seguros, que abonou esta cantidade ao Club Financeiro polos danos.

O escrito do fiscal do caso sostén que a explosión se produciu un día despois da detención de catro membros da organización terrorista Resistencia Galega. A acusada, supostamente, creou en Facebook nove días despois o perfil co nome Irreduktibles de Adai, que incluía un discurso contra o capitalismo e contra o sistema bancario e democrático. Como interlocutora de Adai atópase o perfil Trianamaria Hachiko, do que resultou estar detrás a acusada.

Máis probas contra ela

A Fiscalía sinala que hai máis probas contra ela, como o rexistro que se efectuou na súa casa de Vigo o día 14 de xaneiro do 2014. Nese rexistro os investigadores da policía atoparon un sobre cun folio no que estaba escrito un texto de reivindicación e no que tamén aparecían as letras de Adai.

Segundo a acusación, a moza implicada nos feitos elaborou os artefactos que foron utilizados na explosión e que estaban constituídos por botellas de vidro recheas dun líquido facilmente inflamable composto por gasolina (ou compoñentes da mesma) e isoparafinas. Os danos causados pola explosión ascenderon a 3.075 euros.

Introducción para Abordaxe x Xan do Can

Unha resposta a “[Vigo] A Fiscalía pede 11 anos de cárcere a unha moza por lanzar dous cócteles molotov ao Club Financeiro. Será xulgada mañán”

  1. […] vivenda e quanto menos teria sabido de antemão algo sobre ela. Só com vissitar o blogue Abordaxe (1 e 2) e o seguimento que se fijo destas curiosas anarquistas ás que ninguém conhece como tais na […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: