“Desde a cela” (Curtametraxe de sensibilización sobre a situación nos cárceres)

Colamos (e traducimos) do Boletín Tokata este moi recomendable video feito con o apoio e o cariño de muita xente:

Todas as persoas privadas de liberdade responden a un nome que ás veces se esquece pola cosificación que exerce a institución. Sen demasiado esforzo acábanse convertendo nun número, nunha cifra máis, nun dato estatístico, pero o certo é que todos e cada un deles, todas e cada unha delas, provén das súas propias circunstancias.

Non son un número. Non son unha taxa de criminalidade, de reincidencia, de tipoloxía delituosa. Non son un experimento social. Non son partidas orzamentarias. Non son conclusións de estudos sociolóxicos, xurídicos ou criminolóxicos. Son persoas con nome e apelido, con familia, con contorna, con sorte ou sen ela, pero persoas.

As cartas ocupan tempo, trasladan a mente, debuxan ilusións, deseñan esperanzas. As cartas lense unha e outra vez ata aprenderse de memoria; son o triunfo da persoa fronte á institución; son a non cosificación, a resistencia, a liberdade.

Son sensación, emoción, vida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: