[Grecia] Comunicado sobre o congreso fundacional da Federación Anarquista

Colamos (e traducimos) do Verba Volant, este Comunicado sobre o Congreso Fundacional da Federación Anarquista que terá lugar nesta fin de semana, os días 3 e 4 de outubro de 2015

O tema da rehabilitación organizativa dos anarquistas en Grecia foi exposto de maneira imperativa e enfática desde hai moito tempo. Publicación de libros, eventos políticos, debates en público, e confrontacións dentro e fóra de Internet, estiveron creando, por unha banda un ambiente de crítica ás deficiencias do aformalismo e do modo de organización e de acción política utilizado ata hoxe, e doutra banda a vontade para iniciar o debate da cuestión en termos que puidesen conducir a cambios prácticos e a resultados visibles.

Neste contexto, durante os dous últimos anos moitos colectivos anarquistas de varias cidades gregas, compartindo as preocupacións anteriormente mencionadas, procedemos a un proceso de diálogo que nos permitise, por unha banda reflexionar e situarnos sobre unha multitude de cuestións, e doutra banda (algo que é máis difícil e máis importante) formar posicións en común con outras colectividades, coas cales non tiñamos necesariamente códigos comúns e relacións políticas anteriores.

Consideramos que tanto a forma deste proceso como o modo da súa realización, o seu contido e resultado, constitúen uns acervos para o espazo anarquista de Grecia. A pesar de que os diferentes puntos de vista organizativos e políticos desta cuestión non permitiron a uniformidade desta formación e conduciron durante a última fase do proceso á creación de dúas formacións a nivel nacional diferentes entre si, a cuestión básica e esencial, e a razón pola que se iniciou este proceso segue sendo o desafío máis crítico: A necesidade da reestruturación organizativa dos anarquistas sobre unhas bases novas.

É unha necesidade que xorde cada vez que nos decatamos de que os nosos reflexos poden facernos capaces de dar respostas con prontitude aos desafíos e os ataques do Estado, pero a nosa compracencia ante eles condena o noso espazo político a mergullarse ao pantano da precariedade e a aleatoriedade da conxuntura.

É unha necesidade que xorde cada vez que no marco dunha loita as nosas propostas convértense en linguaxe de madeira e en motivos verbais monótonamente repetidos, ao non estar integradas na articulación dun discurso global e con propostas, e nun programa político unitario e coherente.

Por último, é unha necesidade que xorde cada vez que as relacións sociais e persoais, e as relacións de tipo cuadrillismo ou de antagonismo, determinan cales son as colaboracións, quen son chamados ou non a un proceso, e que en última instancia quen son os que van colaborar.

Todo o anteriormente citado, é dicir, o oportunismo e o carácter conxuntural, a falta de claridade e a fragmentación das propostas, a ideoloxización ríxida e a substitución das relacións políticas polas relacións persoais, están xusto no núcleo da problemática exposta polos colectivos que tentan abrir un novo capítulo na historia organizativa do movemento anarquista en Grecia, procedendo á creación da Federación Anarquista.

Por suposto os procesos de deliberación e de diálogo non nos fixeron expertos nos temas da organización. Tampouco cremos que descubrísemos a panacea organizativa para as debilidades políticas do espazo anarquista. ¡Estamos decididos, con todo, a experimentar con novas formas de organización política e a probar novas formas de estruturación da nosa acción, do noso discurso e en xeral da presenza dos anarquistas nas loitas sociais e de clase!

Estamos decididos a confrontar a incapacidade crónica de produción dunha estratexia de loita mediante a creación dun campo político onde as nosas opinións crúcense e participen no diálogo por igual e dunha maneira funcional. A forma federal de organización pode ofrecer (constituír) este campo, promovendo aínda máis o discurso global e con propostas, e ofrecendo máis oportunidades para a difusión deste discurso na sociedade e o proletariado.

Queremos que a Federación se converta nun conxunto de estruturas e procesos, que poida proporcionar un campo de diálogo e de coacción entre os colectivos anarquistas políticos, e que se opoña á lóxica das negociacións oportunistas entre os suxeitos políticos, para poñer de relevo (sacar á luz) de cando en vez as xerarquías informais creadas.

Os rapidísimos acontecementos políticos, os cambios no escenario político central, a crise (económica, social, política), os acontecementos arrasadores para a nosa clase nos asuntos sociais e laborais, e a disolución das ilusións dunha xestión capitalista máis favorable para os de abaixo, fan aínda máis apremiante a necesidade da nosa organización con formas novas, máis eficaces, máis masivas, ¡claramente revolucionarias! Por outra banda, a nosa organización federal constitúe un exemplo palpable da organización que propoñemos para toda a sociedade.

Vivimos nunha época na que xa as propostas anarquistas poden e deben ser difundidas e incorporarse ás loitas sociais e de clase, ¡sendo as únicas propostas capaces de conducir á emancipación de clase e á liberación social!

Xa é claro para nós que nos períodos de transición e nas descontinuidades históricas que vivimos, os colectivos anarquistas ou se organizarán, planificarán e actuarán conxuntamente, ou se limitarán á autorreferencialidade e desvaneceranse.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: