[Grecia] As últimas eleccións e a oportunidade perdida

Colamos (traducida) esta reflexión sobre as eleccións de onte na Grecia, que recollemos do VerbaVolant:

ignobel-1-620x360As eleccións xerais do 20 de setembro de 2015 tiveron unas certas particularidades en comparación coas anteriores. Imos referirnos brevemente a elas en concreto, sen estendernos ao papel do proceso electoral en xeral, á posición que han de ter en xeral os que se opoñen a este proceso, ou ás súas propostas á sociedade. Así mesmo, referirémonos á oportunidade perdida das forzas políticas libertarias e anticapitalistas que propoñen a organización social horizontal.

Foron as primeiras eleccións celebradas despois dun mandato duns sete meses dun goberno parcialmente esquerdista. Antes das eleccións de xaneiro de 2015 unha boa parte dos súbditos tiña a esperanza de que un goberno esquerdista-socialdemócrata seguise outra política dentro do ámbito neoliberal. Tiña a ilusión falsa de que este goberno podería mellorar a situación social e política no país, unha situación que está determinada pola Banca e o Capital transnacional. En fin, tiña a ilusión falsa de que a delegación da súa vida a uns “políticos non corruptos” cambiaría, aínda que fose lixeiramente, esta situación lúgubre.

Nas sucesivas eleccións de 2012 prevalecera entre os votantes o dilema “submisión a través dos memorandos ou quebra”. Moitísimos foron os que non picaron o cebo. A porcentaxe da abstención chegou ao 35% nas eleccións de maio de 2012 e ao 37,53% nas de xuño de 2012, nun país no que o voto, en teoría, é obrigatorio. Nas eleccións de setembro de 2015 a porcentaxe da abstención foi notablemente máis alto. Chegou ao porcentaxe-récord do 45%.

Estas son as primeiras eleccións celebradas despois da desilusión da falacia socialdemócrata do “outro mundo posible”, alcanzado con procesos pacíficos, dentro do capitalismo e sobre todo nun ámbito de globalización neoliberal. Ao mesmo tempo, son as primeiras eleccións nas que a gran maioría das forzas políticas partidarias do parlamentarismo están de acordo, directa ou indirectamente, en que o único camiño para os oprimidos, os explotados, os de abaixo, é o dos memorandos impostos pola Unión Europea, o Fondo Monetario Internacional e o Banco Central Europeo. Son as primeiras eleccións nas que, despois da imposición do terceiro memorándum polo neoliberalismo europeo, púxose de manifesto que os partidos políticos son uns servos dos seus amos, que difiren só no modo de que se ten que realizarse a execución (eles din xestión) dos ditados dos amos políticos e económicos do país. En moitas ocasións nin sequera nestes, dado que esta diferenciación maniféstase tan só a nivel verbal.

Por primeira vez a gran maioría dos partidos políticos non deixou de andar falando da necesidade da colaboración entre eles. Isto non é debido só ao feito de que a pesar de que a lei electoral dá un agasallo de cincuenta escanos ao primeiro partido, é bastante difícil que un só partido consiga maioría absoluta parlamentaria (se fose posible, se cadra non estarían tan obsesionados coa colaboración…). É debido primeiramente ao feito de que o parlamentarismo está a esgotar os seus reservas e está a xogar unha das súas últimas cartas: A da colaboración interclasista. A carta que se está botando á mesa é concordante coa propaganda apolítica que foi intensificada durante o último tempo sobre “o carácter nacional dos problemas que afronta o país”.

Fronte a esta situación, as forzas políticas que están en contra da delegación e a organización vertical da sociedade non aproveitaron a gran oportunidade que lles ofreceu a crise do sistema político. A conxuntura actual é un desafío para estas forzas, dado que é a primeira vez que os alicerces do sistema político póñense en dúbida tan abertamente. Sobre todo, é a primeira vez que se pon en evidencia tan abertamente a representación da Democracia burguesa é unha estafa e que calquera que sexa o resultado das eleccións, os poderosos determinarán a vida dos de abaixo. Con todo, con excepcións que confirman a regra, estas forzas non analizaron as características da devandita crise para sacar conclusións útiles para o seu discurso e a súa loita en xeral. Tampouco elaboraron unhas propostas convincentes ou polo menos dignas de ser estudadas. A maioría delas consumiuse en lemas xenéricos de oposición ás eleccións ou aos memorandos, acompañados por nocións igual de xenéricas e altisonantes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: