Do machismo-leninismo ao anarco-machismo, “camiños de liberación”.

marichulo que arde

Tras 40 anos, outra vez nos 70s oubo intensos debates que denunciaban as posturas puramente economicistas de boa parte das loitas de liberación. Foise formulando como horizonte xeral que a liberación contra o capitalismo é unha loita de clase, raza e xénero, e contra toda opresión posíbel. Así naceron loitas onde a contradición étnico-nacional e a contradición de xénero impulsaron procesos de liberación. Nestes días déronse duros debates sobre estas cuestións, e nos últimos 30 anos temos vivido o tránsito do machismo-leninismo ao anarco-machismo como posturas no interior dos movementos sociais.

O patriarcado é o sistema, o machismo a ideoloxía e o acoso, os sarcasmos e os piropos a lingua franca.

Hai quen di que loita por horizontes de liberación e continúan a mirar e tratar ás compañeiras de loita como escravas sexuais, que deben aceptar sen rechistar as actitudes machistas, as agresións sexuais, o acoso, os piropos e os sarcasmos, a minimización e nulificación da súa palabra, como se iso formase parte das licencias dos homes en loita. No século XXI en moitos espacios todavía está ben perto ese mundo que a anarquista mexicana Lucía González no século XIX resumía: As mulleres somos as escravas dos escravos.

Con todo, tamén hai un montón de comunidades, colectivos e espacios de loita que afrontan de forma cotiá a liberación contra a opresión de xénero. Aí impulsan novas práticas, liberadoras, discútese, teorízase, organízanse debates e obradoiros, pénsanse e executanse novas práticas, formánse xeracións que veñen. Todos e todas temos pendentes, vicios, puntos cegos; pero é clave mirar en todas as trincheiras de loita a opresión de xénero e desterrála para que non regrese nunca máis. Declarar sobre a práxe ilexítimas todas as actitudes que afirman loitar pola liberación e que son actitudes e políticas opresoras de xénero.

O machismo non debe ter lugar nunca máis nos nosos espacios de loita, comunidades, colectivos, organizacións, asembleas, artellamentos, no noso devir cotiá. Non se pode loitar pola liberación e oprimir desde o mesmo movemento. Se loitamos, liberamos. O contrario é militar profundos procesos de corrupción política.

O machismo, as agresións sexuais, o acoso, a minimización da palabra das compañeiras e a falta de respeto á súa dignidade deben desterrarse para sempre dos espacios e das colectividades se é que queremos seguir afirmando que hai loita, se é que non nos poñemos do lado do inimigo.

Tirado de Centro de medios libres de México, e traducido por B.Castrona para (A)bordaxe

3

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: