[Baixo minho] Colectivo Mërda

merda

Colamos este correo recibido do novo colectivo Mërda

Carta aberta para xs primates de tódolos xéneros, sexos, cores, capacidades, idades e tamaños; e para xs compañeirxs de outras especies que asistan ás nosas actividades.

¡Saúde a todxs! Somos a MËRDA crew / Coletivo Mërda.

¿Qué é a MËRDA crew?
Un colectivo informal (semi)aberto afincado na comarca do Baixo Miño (Galiza) que ten como obxectivo principal desenvolver actividades que permitan reactivación da contracultura antiautoritaria (e por tanto, marcadamente antipatriarcal) no pobo de A Guarda e no mundo enteiro. E somos, en primeiro lugar, un grupo de amigxs.

¿Que entendemos por contracultura antiautoritaria?
Con contracultura queremos dicir que pretendemos crear eventos que estean ao marxe do mercado, da lóxica capitalista e das súas estruturas.
Con antiautoritaria, que apostamos polas relacións libres de poder, horizontais e de afinidade. Non entendemos – nin queremos entender – outra forma de relacionarnos.

¿Como pretendemos conseguilo?
Queremos incentivar o desenvolvemento de eventos libres de comportamentos discriminatorios, creando espazos de seguridade para que todo o mundo se sinta ben acudindo ás actividades. Por iso, rexeitamos todo tipo de actitude e discurso machista, homófobo, lesbófobo, tránsfobo, xenófobo, capacitista, etatista, especista, etcétera. ¡Todxs debemos sentirnos cómodxs!

¿Que tipo de actividades propomos?
Queremos fuxir do ocio mercantil do bar, a discoteca e a droga. Non nos interesa. A nosa intención é potenciar espazos e actividades que atenten contra a cultura da dominación. Queremos facer eventos que, máis alá do hedonismo, fomenten a solidariedade. Isto é, por exemplo,conseguir recursos para colectivos que levan tempo e traxectoria arriscando contra os mecanismos do poder: centros sociais okupados, bibliotecas e ateneos antiautoritarios, colectivos transfeministas, colectivos de apoio a persoas presas, santuarios animais, represaliadxs pola ditadura democrática, etcétera. Remarcar que non queremos ningún beneficio, todo o que poidamos recadar, será destinado a colectivos como os mencionados.

Deste xeito, polo antes exposto, non toleraremos o camelleo nas nosas actividades. Tampouco queremos que os nosos compis animais asistan a eventos con moito ruído, por respecto a eles e aos seus ouvidos. Por suposto, non toleraremos merda machista nin agresións de ningún tipo.

Se tedes algunha suxerencia, queredes tocar nun conci para presxs ou bos mola o rollo, escribide neste feisbk ou ben a merdacriu@riseup.net.

Beixiños e apertas.

2 Respostas to “[Baixo minho] Colectivo Mërda”

  1. […] 22:30h Presentación do colectivo Mërda crew (A guarda) O texto de presentación: https://abordaxe.wordpress.com/2015/08/28/baixo-minho-colectivo-merda/ […]

  2. […] 22:30h Presentación do colectivo Mërda Crew (A Guarda). Texto de presentación en Abordaxe. […]

Deixar un comentario