[Valencia] No cárcere de Picassent “mórrense de sede” por restrincións!!

Colamos (traducida) esta denuncia de Salhaketa publicada no Boletín Tokata:

freedom-prison Segundo diversas fontes provenientes de persoas presas recluídas no penal de Picassent en Valencia, no luns 13 producíronse situacións de emerxencia humanitaria que atentan contra o dereito á saúde e ao trato digno das persoas encarceradas, dereitos que a institución carceraria ten a obriga de garantir aos que dependen totalmente dela pola súa condición de penados e que incomprensiblemente e por falta de previsión se violaron.

Este luns, día 13 de xullo neste penal, os funcionarios, sen previo aviso, deron instrucións de non usar a auga para consumo, nin por motivos de hixiene (lavarse, ducharse, etcétera) debido a que a depuradora de auga está en situación de limpeza e mantemento. A auga tiña unha hipercloración que facía perigoso o seu contacto polo que non podía lavarse as mans, os dentes ou ducharse e moito menos beber auga da billa.

Dende a dirección, para afrontar esta situación de emerxencia recorreuse a racionarlles a auga potable, dándolles unha botella de auga de litro e medio para todo: poder beber e lavarse durante todo o día (de 8 da mañá a 8 da tarde), o cal resulta totalmente inaceptable e vexatorio se temos ademais en conta as condicións de extrema calor que fixeron alcalzar, segundo os termómetros, temperaturas de 35 graos durante o día. Isto ademais de limitar as actividades diarias, provocou conatos frecuentes de deshidratación entre as persoas presas que claramente podían ser evitadas se se tivesen previsto as consecuencias de cortar o uso da auga. Ademais, poden existir efectos non visibles a curto prazo nos casos de quen ante a súa situación de desespero pola sede e a calor inxerisen ou utilizase a auga contaminada.

Para que xamais se volva producir esta situación que, ao parecer non é a primeira vez que acontece, queremos que os medios de comunicación se fagan eco mediante este comunicado informativo para que se esixan responsabilidades á dirección do penal e co fin de que interveña a autoridade xudicial competente enviamos este comunicado ao Xulgado de Vixilancia Penitenciaria co fin de que interveña.

Salhaketa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: