[CP Madrid III - Valdemoro] Nabil Chakik é o preso anarquista francés detido en Tremp (Lleida)
En 7 de xullo informamos acá en Abordaxe da detención dun anarquista francés en fuga dende 2013 e de quen non tiñamos máis dados que os ofrecidos polos falsimedios.
Agora nos escrebeu a muller francesa que o acompañaba cando foi detido e nos fai saber que o seu nome é Nabil CHAKIK e que está detido en Madrid III – Valdemoro. Alén di que está en contacto telefónico con el e que está disposto a respostar as nosas preguntas acerca do seu caso. Algo que imos facer para saber máis sobre o compa.
Tambén numha somera busca na rede vimos que o compa sofrera illamento, roubo de obxectos persoais (cartas, memorias usb, unha máquina de tatuaxe,…) e abusos e torturas nos inicios de 2013 no cárcere francés de La Talaudière, tal como conta el mesmo nunha súa Carta e máis o seu grupo afín nun outro escrito; as “razóns” de tais abusos dos carcereiros contra el semellan ter sido algúns escritos do compa criticando os “intríngulis” desta prisión.
Seguiremos informando, mais colamos aquí o seu enderezo por se alguén quere escreberlle (en francés):
Nabil CHAKIK
NIS : 2015010138
CP MADRID III - Valdemoro
Ctra Pinto - San Martin de la Vega km 5
28340 Valdemoro (Madrid)
Setembro 9, 2015 ás 11:03 am
[…] francesa que o acompañaba cando foi detido en Lleida soubo de nós e nos escrebeu contando que o seu nome é Nabil CHAKIK e que estaba detido en Valdemoro e nos fixera saber que Nabil estaba disposto a respostar as nosas preguntas acerca do seu caso. […]