O Home que Mataba Touros [Relato dende o cárcere de José Antonio López Cabrera]

recollemos (traducido) do Boletín Tokata

1508656_1181788921834885_2760801671950616624_nCando entro na praza ata que sae o touro ao coso taurino invádenme recordos malvividos. Son antitaurino como moitas outras antifas.

Un día saltei da miña cama con suor case empapada a cama, o meu corpo e a miña cara. Tivera un pesadelo? Quizais un mal sono que paso a contar, logo posiblemente sexa certo. Estaba na miña cela de 2×4 metros e só dispoñía de varias cousas; uns trapos de papel e boli e dous libros, ambos os dous eran contos; “O Estado contra natura e outros contos” de Luis M.M. e “Unha avanzada do progreso” de J. J.Conrad. Rematara de ler os dous, eran bos contos para durmir un avó ou algún locuelo, a parábola e a fábula aparecían neles como na maioría de libros pois non hai malos libros se non malos lectores. Como xa non tiña nada co que entreter a miña mente, recorrín aos coñecementos moi básicos do ioga e a autorrelaxación. Así pois, pola noite na cama estireime e comecei, dispúxenme a poñer en práctica artes que leiera tempo atrás de T. Lomsang Rampa “O terceiro ollo”, un tibetano que realizaba viaxes astrais, ademais concorre tamén a idea motivado por Jack London no seu “O vagabundo das estrelas” así que comecei a relaxar ata adormecer os pés, subín ata as coxas, o cóccix, onde comeza o primeiro chakra, e continuei cara ás miñas extremidades chegando á fronte, lugar onde se encontra o 7º chakra. Asusteime pero puiden saír do meu corpo unido por un fío parecido ao cordón umbilical. Era o fío estelar que mantiña unido o meu corpo e o meu espectro, o cordón estelar como lle chamo eu. De pronto aparecín nun recinto de forma xeométrica totalmente circular. Estaba cheo ata os topes. A algarabía e o bulicio impedíanme a concentración. Por ese motivo e asustado, decidín volver ao meu corpo carnal na terra, planeta no que vivo. Non fun consciente totalmente do que me aconteceu, así que decidín facer un novo intento, estaba tan unido ao meu corpo, que só as ansias de aprender e coñecer puideron máis que os meus temores. Esta noite intentareino de novo, díxenme.

Así que esta noite me acomodei na cama pero sen embullirme nela, pés abertos e estirados como o home de L. da Vinci, a excepción das mans que puxen boca arriba estiradas sobre a cama, un pouco separadas da miña cintura e co polgar e o índice en contacto para canalizar enerxía. Así, nesta postura fun percorrendo o meu corpo ata saír del. Mentres me suxeitaba o cordón estelar podía ir a calquera lugar, pero o cordón sempre, sempre estaba ligado a min como un halo de luz amarela esbrancuxada. Unha luz celestial tan viva como as estrelas e toda a galaxia. Podía ir a Marte, Xúpiter, Saturno, Plutón, Urano… a todos os planetas coñecidos e outros que non figuran en ningún mapa de astrofísica.

Centreime no mesmo lugar en que estiven o día anterior, era un coso taurino repleto ata as trancas, todos alí reunidos berraban e axitaban panos brancos ao vento. Pedían as extremidades do animal, era un touro bravo, nobre e aguerrido. Polo que puiden comprobar, o home sinistro vestido de negro con encaixes de prata para resaltar a súa figura era un toureiro, un matachín da empresa dos Osborne ou Vitorinos. Pensei que se parecía a un gladiador en tempos de Roma, cando o imperio chegou ata a antiga Tarraco ou Barcelo, deixando como herdanza histórica uns xogos ancestrais máis propios de primitivos que de animais.

A area estaba tinguida de sangue, o touro sufrira a pica e os tres terzos desangrándose para que o home de negro o marease co seu capote antes de entrar a matar segundo a linguaxe da tauromaquia. Os gregos xa coñecían esta “arte”, pero só burlaban a sorte saltando por enriba do animal nobre sen chegar a matalo, para desfrute da masa “democrática”. Eran máis civilizados pero tiñan e facían escravos a todos os vencidos nas súas púnicas guerras e batallas, pois para eles como para os romanos o IN PACE PARABÉLLUM era de rigor indiscutible. Podía viaxar no presente pero non no pasado ou futuro, non obstante, o presente no astral é eterno, así que cos coñecementos que adquiría do presente, podía concluír o pasado e o futuro, pero nada máis, pois eran inamovibles.

Como vos contaba, cando estaba na area ninguén me observaba, non podían, pois era o meu espectro o que vía o que alí sucedía; o touro arremetendo o cabalo e recibindo puiazo tras puiazo. O animal estaba asustado pero aínda así non paraba de arremeter unha e outra vez ata que a comparsa ou camarilla do toureiro o afastaban desa sorte para gozo dos mozos da cuadrilla, capotear repetidamente ao tauro mentres o home de negro con campaíñas de prata se dirixía ao seu padriño para brindarlle o touro tirando a monteira ao púlpito, onde se encontraba o mestre XYY dos touros cos seus tres cromosomas coa súa cerimoniosa frase “máis cornadas dá a fame” frase que forma parte do refraneiro popular que é o único que ofrece tourear sen ter que asañarse cun animal. A escusa de sempre é que viven como príncipes e morren como reis, certamente algo de veraz hai en toda esta labia, pois cantos reis morreron envelenados sufrindo unha sorte que quizais desmerecían, pois son as sombras as que gobernan ao pobo, non á vista presente, pois serían indecentes. XYY collido á súa nova prometida Dona María de los Dolores, duquesa da Casa de Albacete. E así concluía esa tarde bestial, “tarde de touros”, que ofrecían fai xa un terremoto cando a televisión era UHF e o famoso nodo é dicir que todo pobre se arremuiñaba ante este aparato bobo para ver máis sangue da que fundía, pois non era suficiente o vil aparato para saciar ás masas e adoutrinar o seu cocote. Na praza caía de todo na arena, botas de viño, flores, aclamacións esixindo as dúas orellas e o rabo, pois non tiñan suficiente con torturar e asasinar o animal, que ademais querían a cabeza e as súas extremidades como botín dunha loita desigual; moitos contra un e un contra todos. Decidín volver ao meu corpo, pois aquilo era un esperpento. A tarde de touros seguía e un novo vitorino saía á area con testa e astado. Impresionante, pensei que se utiliza a cor vermella para desfrute das masas, o vermello da capote co negro do touro debe ser o da falanxe española. Como pode ser o home tan desapiadado e cometer atrocicades sen ser vilipendiado, moi ao contrario, era o toureiro sacado da praza a ombros cando concluía a corrida. Aínda que esta noite comezarei unha nova viaxe, non sen o mesmo medo que ao principio, quizais porque son atrevido e deslucido busco novas aventuras (“é normal na vida que se vaia da aventura á amargura” L. Mingo.). Quizais porque son atrevido e aínda deslucido nun traxe de raias non brillan os descosidos. Esperto de súpeto co meu corpo canso e desnutrido por viaxar tanto, o meu corpo era un farrapo, unha osamenta rechea de carnes flácidas que axigían alimentarse así que tomo un vaso de café con leite e o que teño a man, que consiste nun anaco de pan e unhas viandas. Nunha ocasión, viaxei 80 días e ao volver o meu corpo estaba tan desnutrido que se non o coidaba se extinguía.

No astral non tes que saciar apetitos, só observar. Aínda vía as sombras daquela figura tenebrosa sobre todo nas noites de inverno, que eran máis longas e enganosas. Como xa explico ao comezar, non é conto, nin sono aquel espertar, aquilo era a miña realidade. “O medo sempre permanece. Un home pode destruír todo o que hai no seu interior, o amor, o odio, as crenzas, mesmo a dúbida; pero mentres se aferra á vida non pode destruír o medo; o medo sutil indestrutible e terrible, que invade todo o seu ser, que impregna os pensamentos que roldan no seu corazón; que observa nos seus labios a loita do último alento” Crin conveniente plasmar esta cita de J. Conrad porque é o máis parecido ao sentimento que se ten nunha viaxe astral para o neófito.

José Antonio López Cabrera

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: