[C.P. Brieva] Manifesto de Noelia Cotelo

Colamos (traducido) do blog “Anónimxs Libertarixs” este Comunicado asinado por Noelia Cotelo (dicer que no mesmo día de redactar este manifesto, Noelia tiña que ser xulgada en Ávila por dous delitos de “Atentado contra a Autoridade e Lesións”; xuízos que se adiaron e aínda non se sabe cando se van celebrar):

NOE (1) Saúde e Anarquía compañeirxs!

Tan vella como a idea Anárquica (proveniente da voz grega “an-arkos”: sen goberno) é o debate e a discusión entre aquelxs camaradas que se auto-denominan Anarquistas sociais e xs que nos auto-denominamos Anarquistas Revolucionarixs ou Insurrectxs, pero agora non pretendo entrar a analizar o contexto social para debater cal é máis apropiado actualmente e cal menos; tan só pretendo expoñer o meu punto de vista acerca das consecuentes divisións ás que isto deu lugar e incentivar o apoio internacional a todxs xs anarquistas que nos encontramos en prisión por levar á praxe o noso belo Ideal.

Cada vez que debatín o tema con algún/unha compañeirx sempre pretendín subliñar que sexa a que sexa a rama ácrata coa que se comunga e pola que se avoga (nihilistas, colectivistas, comunistas libertarixs e a xa case extinguida rama Mutualista de Prohudon) e independentemente do que prediquemos a xeito de Anarquismo Social ou Anarquismo Revolucionario, todxs predicamos un mesmo Ideal e buscamos unha mesma finalidade: a destrución do Sistema Capitalista e os seus métodos de Dominación, a abolición de toda figura autoritaria, opresiva e de todo indicio de poder en pro da liberdade humana e animal, e da fraternidade universal de todos os pobos. Polo tanto, para que imos facer diferenciacións entre nós, diferenzas que nos achegan no debate pero nos afastan no demais, cando o amplo e fértil árbore da Acracia reclama para si todos os prismas Libertarios do que xorde noso Ideal? Iso é xerar divisións e nós como Anarquistas só debemos crear a UNIDADE, a FRATERNIDADE UNIVERSAL (por desgracia xa existen xs fodidxs Comunistas Autoritarixs, Marxistas, Marxista-Leninistas, Stalinistas, etc. que renegan da fraternidade universal querendo independendizarse, ironicamente para ser gobernadxs). Ademais, obxectiva e subxectivamente, todxs somos á súa vez Anarquistas Sociais, porque buscamos unha mellora para a sociedade propugnando a destrución da súa actual Sociedade Represivo-Carceraria en pro da creación dunha Sociedade Libre e Igualitaria rexida horizontalmente sobre a base dos Principios Federativos, e ao mesmo tempo somos Anarquistas Revolucionarixs porque buscamos ese cambio e a destrución do Sistema de Dominación a través da revolución Social.

De facto, a única diferenza existente é que xs insurrectxs se non vemos un contexto social proclive a unha Revolución Social, creamos e propiciamos o devandito contexto social coa realización de pequenos ataques, sabotaxes, expropiacións-recuperacións capitalistas, etc. En cambio, aquelxs que se posicionan como Anarquistas Sociais evitan combater a Violencia Represiva do Estado con Violencia Popular, e realmente non chegan a materializar ao 100% os seus Ideais porque se limitan a realizar a súa Propaganda pero sen levala á praxe; o cal me parece estupendo porque iso levou consigo a que hoxe en día exista unha gran cantidade de textos, manifestos, libros, etc. que enriqueceron enormemente ao anarquismo e o fixeron chegar a cada pobo de forma universal. Non obstante, tamén hai que recoñecer que esa é a forma “sibarita” de predicar o noso Ideal porque o anarquismo enlaza (imperiosamente e para predicarse na súa totalidade) a Acción Directa coa predicación do Ideal. [E aquí as palabras de Bakunin cando alude: “Quen ten razón? xs Idealistas ou xs Materialistas?” e converxe na conclusión de para que un Ideal floreza, e non se volva inerte pola inanición, é preciso materializalo]. E isto leva consigo a facer pecar de hipocrisía pura e dura (quero pensar que inconscientemente) a xs chamadxs Anarquistas Sociais que critican e non apoian a xs Insurrectxs que materializamos o noso Ideal levando á praxe Accións que elxs, xs Anarquistas Sociais, pregonizan no papel coa súa Propaganda.

A Propaganda non pode nin debe limitar o marco das Accións Directas que se han de realizar, do mesmo modo, que non podemos nin debemos limitarnos a realizar ataques sen a Propaganda (polo feito); a súa complementación é o que realmente conseguirá que a semente da Anarquía floreza na súa plena esencia dando lugar á Liberdade Humana e a Emancipación Social do pobo. Non obstante, mentres o noso apoio mutuo e a nosa unión non sexa total o único que estamos a facer é, desgraciadamente, favorecer a perpetuidade do Estado-Capital e, no seu defecto, favorecemos tamén a existencia de Opresorxs e Oprimidxs ao perder o tempo en obtusas divagacións que non levan consigo a nada, en vez de poñernos as pilas para organizarnos e coordinarnos todxs xuntxs para crear un contexto social que sexa proclive a unha Insurrección Popular. Como xa Malatesta afirmou “a Revolución Social non xurdirá de forma espontánea nin por intervención divina nin celestial”, senón que como Anarquistas é noso “deber moral” incentivala, provocala e estalala.

Así e todo, debemos ter moi presente que, como ETA está desarticulada e o Goberno sempre necesita un “Inimigo Invisible” co que atemorizar ao pobo para xustificar a súa existencia, o Estado está a levar a cabo unha “caza de bruxas” bestial! No Movemento Libertario, facendo especial fincapé en encarcerar e deter a compañeirxs que vinculan ao (escaso) Movemento Insurreccional. Polo tanto, A SOLIDARIEDADE ENTRE ÁKRATAS NON DEBE QUEDAR EN PAPEL ESCRITO, senón que ha de fomentar a nosa unión a nivel Global, posto que non creemos nesas absurdas lineas debuxadas ás que chaman fronteiras. Así que nos deixemos xa de personalismos que unicamente levan consigo a fomentar a división nas nosas filas e apoiemos enerxicamente en conxunto a todxs aquelxs compañeirxs que perderan a súa Liberdade intentando conquistarla.

Con especial afecto a xs compañeirxs Damién Camelio (Francia), Txema Pirla Oliván (España), Thomas Meyer-Falk (Alemaña), Javier Guerrero Carvajal (España) e a todxs xs Irredutibles que aínda estando presxs xamais dobregarán porque entenden que a única derrota é non seguir loitando e que é preferible morrer de pé que vivir axenlloadxs. A todxs elxs un fraternal e combativo abrazo Libertario.

Lume ao Cárcere!, Morte ao Estado e ao Capital!

QUE VIVA A ANARQUÍA E A LIBERDADE

Noelia Cotelo Riveiro (FIES-5 “Presa Anarquista”)
C.P. Brieva – Módulo Amarillo -FIES-

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: