[Francia] Evacuadas “manu militari” dúas ZAD (“Zona A Defender”)

zad4A represión en Francia non dista muito da que hai por estes lares contra toda persoa que non se amolde aos patróns económicos agresivos contra a natureza e que queira facer fronte a esa teima especulativa que os falsimedios gostan de chamar “desenvolvimento”. Colamos (traducindo do castelán dende Argelaga) este artigo autoría de Baptiste Giraud, publicado en Reporterre, o diario da ecoloxía, en 13 de maio de 2015; onde denuncia as artimañas políticas e sindicais (mesmo dun alcalde mentireiro nas eleccións) para instalar à forza unha incineradora e máis un proxecto de produción industrial de mexillóns e ostras.

Operación expulsión o martes 12 de maio: pola mañá temperán, os ocupantes da zona ocupada da incineradora de Echillais e da “Casa Feliz” de Boyardville foron expulsados por orde da prefecto de policía.

As zadistas esperábanno, polo que a cousa non tivo consecuencias. A decisión de expulsalos fora tomada polos xuíces en xaneiro e abril respectivamente, pero as forzas da orde non actuaron ata o 12 de maio.

zad1A primeira ZAD durou algo máis de catro meses. Dende o pasado 31 de decembro, os zadistas impedían o inicio das obras da incineradora no municipio de Echillais, preto de Rochefort, ao ocupar un espazo adxacente á vella incineradora actual, onde estaba previsto a construción da nova. O proxecto, que pretende aumentar a capacidade de incineración de residuos no sur do departamento, tamén foi denunciado pola asociación ‘Pays Rochefortais Alert’, PRA, debido á súa lóxica irracional, o seu custo financeiro e o seu impacto ambiental.

Non obstante, a agrupación de municipios que o impulsa, o SIL ou ‘Syndicat Intercommunautaire du Litoral’, quería que os traballos empezasen canto antes. “Sabíase que antes de rematar maio terían que empezar, tal como o estipulaba o contrato de inicio de obras” explica Jean-Marc Cornu, membro de PRA. Durante todo este tempo, e sobre outro tema diferente, en Boyardville, illa de Oleron, unha segunda ZAD formouse nos antigos locais dun instituto experimental, a “Casa Feliz”. Os ocupantes opóñense á “Malconche”, un proxecto de produción industrial de mexillóns e ostras.

“Os xendarmes planearan as cousas ao grande”

zad2“Tiñamos dúas situacións similares e non era cuestión de elixir entre enviar a forza pública a un lado ou ao outro”, declarou a prefecto do departamento, Béatrice Abollivier a Vogue Radio. “Os cargos electos non o terían entendido, posto que me solicitaban de ambas as dúas partes, tanto da illa de Oleron coma do SIL. Quixemos que fose unha operación conxunta e simultánea”. En efecto, estas expulsións foran ordenadas polo tribunal administrativo de Poitiers nos fallos do 12 de xaneiro e 21 de abril.

Cara ás seis do martes pola mañá do 12 de maio, dous grupos compostos cada un por un centenar de xendarmes móbiles, apoiados por un equipo especial e un helicóptero, procederon simultáneamente á evacuación do terreo da incineradora de Echillais e da Casa Feliz de Boyardville. A operación transloce o temor por parte da autoridade de que as ZAD non se sostivesen mutuamente e o desexo de erradicar calquera oposición para que as obras puidesen empezar rapidamente. As instalacións das zadistas -tendas, caravanas, cabanas- foron destruídas, mentres que á Casa Feliz se lle puxo custodia en espera de ser tapiada.

O alcalde mentireiro: non dixo o mesmo na súa campaña electoral

zad3As dezaseis ocupantes da Casa Feliz foron detidas a resultas das “dilixencias xudiciais” contra elas por feitos acaecidos no pasado sobre “resistencia á autoridade” e “roubo de electricidade”, de acordo co voceiro do ministerio do interior ao ser preguntado por France 3.

En canto a Echillais, os membros do PRA intentaron soster as zadistas, tal como explicou JM Cornu: “enviamos moitos correos electrónicos, feito unha fervenza de chamadas telefónicas e usado as redes sociais, pero a zona xa estaba invadida ao grande”. A quincena de opoñentes chegados a toda présa non puideron facer outra cousa que bloquear durante pouco tempo a estrada departamental, posto que axiña foron desaloxados polos xendarmes. Despois, xunto con algúns zadistas, presentáronse ante o concello de Rochefort en busca do alcalde do partido UMP, Hervé Blanché, hoxe a favor do proxecto, aínda que se mostrase contrario na recente campaña polas municipais. Ao non os recibir, as loitadoras entraron no edificio e dixéronlle catro cousas no seu despacho, producíndose un lixeiro altercado. Nun video colgado na web do diario Sud Ouest vese o alcalde pedir a un policía municipal que gasease os invasores para sacalos do despacho e ao policía negándose a cumprir a orde; tamén se lle ve tratando de arrebatar o móbil dun dos presentes.

A loita contra a incineradora non retrocede

Zadistas e demais militantes do sector habían de reunirse o mesmo martes pola tarde para discutir as próximas accións. En Echillais, unha reunión do consello municipal sobre o asunto do urbanismo debería ter lugar ás oito, suscitando a mobilización das contrarias á incineradora, pero foi anulada por Vincent Barraud, alcalde de Etaules, feroz partidario do proxecto en tanto que presidente do SIL, o sindicato que o impulsa.

Segundo un adversario do proxecto, Thierry Kieffer, a perspectiva dunha reocupación parece pouco probable e engade: “Os primeiros traballos consistirían en levantar un valo metálico nos lugares, con cámaras de videovixilancia”. Está prevista unha manifestación para o 30 de maio.

PRA continúa o combate pola vía xurídica. Pénsase nun recurso contra a autorización de explotar a incineradora, alegando o non cumprimento das normas sobre sismos. Segundo Xavier Dell’Ova, de PRA, “a prefectura empéñase en comezar unhas obras que non cumpren con todas as garantías parasísmicas”. “Un edificio de máis de 18 metros de altura onde traballa xente ha de respectar as normas. Pero no proxecto cuestionado só as oficinas as cumpren; a incineradora non as cumpre, posto que figura como hangar agrícola, aínda que mida 41 metros de altura e traballe xente alí”. Necesitaríanse novos estudos e unha nova concepción do edificio. Pero o recurso por si só non poderá deter as obras. Para facelo faría falta unha suspensión preventiva, difícil de darse. “Cando falamos de normas parasísmicas coa prefecto, esta enfadouse e negouse a responder”, conta Dell’Ova. “Apaga o botón porque creo que os promotores saben que a incineradora non cumpre coa legalidade e crían poder facerse os tolos”.

El e todas as contrarias ao proxecto denuncian a lentitude da xustiza: “os promotores do proxecto danse o luxo de presentar alegacións para gañar todo o tempo necesario, mentres explotan e rendibilizan o seu útil. A lentitude da xustiza posibilita que nada lles moleste”.

Unha resposta a “[Francia] Evacuadas “manu militari” dúas ZAD (“Zona A Defender”)”

  1. […] Artículo de Baptiste Giraud en Reporterre, el diario de la ecología, 13 de mayo de 2015. [Galego] […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: