[Galiza] Crónica-Resumen das Xornadas Anticarcelarias en Pontevedra e da Marcha ao C.P. de A Lama

An illustration of a jail bird in black and white O compa do blog “Rebelión de las Palabras” fixo públicas as súas conclusións e valoracións posteriores destas actividades que, segundo aponta, “elaborei para resumir o que foron e significaron para min estas Xornadas e as actividades desenvoltas na Lama e en Pontevedra esta finde, agardando que alguén atope útiles as conclusións e valoracións plantexadas no mesmo”. O compa tivo a ben remitirnos vía e-mail a súa propia traducción ao galego que agora nos colamos:

Esta fin de semana leváronse a cabo na cidade de Pontevedra unhas xornadas anticarcerarias organizadas polo colectivo Terra, unha organización independentista de tipo comunista, pero que montaron unhas interesantes xornadas que viñeron a complementar as actividades organizadas pola Asamblea para a Marcha ao Centro Penitenciario de A Lama.

O venres comezou cunha palestra do compañeiro Fran del Buey, onde se informou sobre o contexto no que xurdiu o colectivo de Nais contra a Impunidade, e a tráxica sorte que moitxs habitantes de barrios precarios en cidades coma Coruña ou Vigo correron ao morrer na prisión, proseguindo cun relato rápido do nacemento deste colectivo e doutras experiencias anticarcerarias anteriores, para logo continuar reflexionando sobre o sanguiñento negocio no que o Poder ten convertido as institucións penitenciarias e a propia exclusión social, creando unhas macroempresas invisibles, lexitimadas polo pánico social aos “homes do saco” creados por unha cada vez maior criminalización da pobreza nos medios de comunicación, e onde un potente aparello lexislativo asegura a man de obra barata para multitude de empresas que se enriquecen explotando o traballo dxs presxs, que cobran unha auténtica miseria, ademáis de estar sometidxs a unha maquinaria máis ampla, complexa e dende logo brutal de explotación, control e maltrato que vixía e fiscaliza cada pequeno reducto das súas vidas engaioladas. Todo este entramado non está, por certo, exento de certa ironía, e boa proba disto é que nunha prisión do Estado español, por exemplo, hai presxs cuio traballo consiste en confeccionar as togas que logo vestirán aos xuíces que seguirán enviando persoas ao talego.

Tras a palestra e posteriores intervencións con Fran del Buey, e despois dun breve intervalo de descanso, chegou a palestra con Lola Ferreiro, que deu unha charla sobre a dobre condena que supón para unha muller a prisión. Enumerando e desentrañando as distintas diferencias que actúan no caso delas, Lola puso de manifesto que na prisión, coma na sociedade cuias miserias son concentradas e ampliadas a escala dentro do cárcere, ser muller supón enfrentarse a unha doble opresión, e a unha serie de sistemas que non só encarcelan á muller, senon que lle asignan toda clase de etiquetas, persiguen e castigan con especial severidade o seu desafío ás normas e roles impostos polo heteropatriarcado, a súa agresividade e a súa actitude insumisa, ademáis de volver moito máis insoportables prácticas que tamén han de sufrir os homes coma a dispersión, xa que ao existir só 3 cárceres especiais para mulleres no Estado español, máis da metade das mulleres presas atópase en talegos fora da súa comunidade autónoma. A maioría, máis do 80% vense obrigadas a vivir en módulos especiais de prisións mixtas, onde son amoreadas coma minoría deliberadamente desatendida e especialmente oprimida, xa que adóitase impedirlles acceder a determinadas instalacións coma ximnasios, bibliotecas e outros por estar éstas dentro dos módulos masculinos, ademáis de sufrir unha menor remuneración polos seus traballos (volvo a dicir que a remuneración dos presos xa é escasa, así que podedes imaxinarvos como é a delas), por non falar de que teñen que padecer moitas máis dificultades para acceder a servicios básicos dentro do talego coma a atención médica, ademáis de que os talleres que se lles ofrecen acostumbran a coincidir cos roles que o Patriarcado lles asigna, xa que soen adoitan estar relacionados coa costura, a cociña ou os coidados, mentras que a oferta para os homes soe ser máis ampla. Todo isto (e moito máis) sen referirnos ao perigo especial que corren ao estar permanentemente expostas a agresións sexuais por parte dos funcionarios, como xa lle ocurriu a Noelia Cotelo e a moitas outras mulleres presas, e como sigue ocurrindo en moitas prisións.

Tras a palestra, chegou un debate onde alcanzáronse conclusións positivas para a reflexión e para considerar de cara a futuras loitas onde, tal vez, a condición de muller dunha persoa presa debería ser tida máis en conta e analizada con especial deteñimento.

A primeira xornada rematou unha vez terminou esta palestra, e chegou o sábado.

A mañá do sábado comezou cun bó número de compañeirxs chegadxs de toda Galiza e de máis alá desprazándose á localidade pontevedra de A Lama, onde se atopa a infame prisión que leva o mesmo nome, e que fíxose tristemente célebre polo gran número de mortes e os numerosos casos de malos tratos rexistrados entre a súa poboación reclusa.

Unha vez alí, levouse a cabo unha marcha contra a prisión, onde cunha faixa que rezaba “Chamades “reinserción” á máis cruel das vinganzas” berráronse consignas contra as prisións, o sistema xudicial e o Estado, ademáis de berrar en memoria dos presos en loita mortos recentemente nese cárcere (coma Eugenio García “Gavioto” e Borja Martín Gómez “Volvo”) e axitáronse bandeiras dende dous flancos distintos da prisión, ademáis de lanzarse pirotecnia para animar a xornada e facer barullo. Dicir que algúns/has presxs respostáronos, xa fose berrando dende as súas celdas ou sacando mans ou panos polas xanelas, o que lembrounos que en contra do sentimento de derrota que o Poder pretende que asimilemos, estas marchas e esta clase de accións sí serven para algo, pois rachan o illamento que trata de crear o cárcere en torno ás persoas ás que encerra, devolve o apego e o cariño a quen viven sepultadas no gris abismo que se abre tras os seus muros e demostra que a solidariedade é máis que unha palabra, é un sentimento, unha práctica rebelde, un vínculo irrompible, un arma e unha declaración de guerra para todas as institucións e corpos de torturadores e asasinos que viven abrindo e pechando fechaduras tras as que encerran a todas aquelas persoas que sobran dentro das normas e as leis dunha sociedade hipócrita e miserable formada por persoas deshumanizadas que compiten e enfrentan os seus egos para ver quen é máis mediocre.

Durante a marcha, cando estábamos nun alzadeiro do monte que rodea o talego dende onde víamos a porta principal, tivemos a sorte de coincidir coa saída dalgunhas visitas xs presxs, que saudaron e expresaron o seu apoio, o que tamén nos subiu o ánimo. Cabe dicir que os picoletos non nos amolaron demasiado, limitándose á súa función de vixiancia sen poñernos trabas nin no percorrido nin no desenvolvemento da protesta (agardamos que non fagades coma en Teixeiro, e empecen a chegar “recetiñas” inesperadas a casa, que nos coñecemos…).

Tras un par de horas aproximadamente de protesta, sendo arredor das 14:00 da tarde movímonos á Alameda da vila, onde preparamos unha comida ó aire libre disfrutando do bo tempo, amenizada por algúns/has compas que tocaron instrumentos e que tamén serviu para fortalecer os lazos e dar pé a novas propostas e encontros.

Ás 17:00 aproximadamente fumos á Casa do Pobo, onde mantuvimos un debate en torno á prisión e ás posibilidades da loita contra ela, as súas carencias e potenciais. Se ben é certo que a nosa intención era que acudise xente da vila de A Lama (para dese xeito tentar que tomasen conciencia do monstro-cárcere que teñen a uns poucos kilómetros, e coñecer os seus puntos de vista sobre elo) isto non foi así, e ao final volvimos a atoparnos aquelxs que xa sabemos que a prisión é unha bestia coa que temos que rematar, aínda que iso non impediu que do debate saísen algunhas conclusións que a min polo menos resúltanme positivas e sírvenme para continuar pensando no porque fallan as nosas prácticas á hora de cuestionar o cárcere, e de extender esos cuestionamentos. Que buscamos á hora de construir ditos cuestionamentos?, contamos con alternativas, e é máis, queremos de verdade ofrecer alternativa algunha a iso, ou simplemente destruir un engranaxe represivo e á infame estructura social de dominación que a precisa e sustenta?, de que punto parten as nosas críticas?, somos capaces de construir lugares comúns sobre eses puntos nos que atoparnos para deixar de ser un simple reducto fácil de controlar e criminalizar?, por que dentro das prisións existe tan pouca conciencia incluso entre xs propixs presxs?, e outras preguntas que seguen sen resposta.

Algúns/has desprazámonos a Pontevedra antes de rematar este debate, pois queríamos acudir á palestra sobre os centros de menores coa que concluían as xornadas organizadas por Terra. Para esta actividade contamos con tres poñentes, Raúl Asegurado, Alba Pérez e Rubén León, que nos falaron dende distintos enfoques (profesional e activista) e tras explicar as diferencias entre centros de protección e centros de reforma, abordáronse posibles prácticas alternativas e non baseadas nas dinámicas de autoridade e o encerro para tratar as problemáticas relacionadas cxs menores en situación de exclusión (e aquí, persoalmente, teño que dicir que, na miña humilde opinión, todavía fainos falta avanzar na definición do noso papel en todo isto, porque ás veces cando falamos do que “temos que facer” cxs rapaces excluídxs, autoarrogámonos sen querer e sen decatarnos unha función asistencialista que en realidade contén un paternalismo soslaiado e unha moralidade que non me molan nada).

Comentáronse varios casos nos que o Estado e as súas “bondadosas” institucións “educativas” e “de protección do menor”, coa excusa da suposta “tutela”, raptou a nenxs separándoxs dxs seus pais e nais. Por exemplo, o caso dunha muller (migrante, por suposto) que foi separada dos seus dous fillos (e eles, á súa vez, separados en dous centros distintos) e á que o Estado fíxolle asinar coma condición sine qua non para recupear aos nenos un documento onde ela recoñecía que era maltratada pola súa parella, cando iso era totalmente falso. Tras sucumbir á gran presión á que era sometida e asinar o dito papel, esa muller continúa sen ver aos seus fillos.

Tamén citáronse algunhas estadísticas que informan de que unha gran cantidade dxs menores que ingresan a centros de protección (é dicir, delinquindo) e o que tal realidade pon en entredito en canto á suposta “eficacia” deses centros.

Para rematar, falouse de O’Belén e outras fundacións que agochan a tortura baixo a máscara da “beneficiencia” e a vontade de “reformar” a conducta dxs “coitadxs rapazxs desviadxs”. Os nomes de Saray, Hamid, Ramón Barrios e outrxs nenxs mortxs nos seus centros de exterminio son proba dabondo para desarmar todo o seu vomitivo discurso.

Todas estas razóns, e algunhas máis, permítennos replantexarnos se de verdade eses centros cumpren de verdade a utilidade que se lles atribúe ou si, igual que as prisións ou os psiquiátricos, son só fábricas de sofrimento e destrucción da persoa, que “funcionan” baixo toda clase de envoltorios e disfraces filantrópicos avalados por “especialistas” e din cumprir unha “función social”, e que, contando coa financiación de todo tipo de organismos e de multinacionáis investidoras con intereses económicos (por exemplo as farmacéuticas que producen e comercializan todos os psicofármacos cos que xs encargadxs deses centros atiborran axs rapazxs á menor oportunidade) agochan todo un proceso complexo de rendibilización da miseria onde xs pobres e xs marxinadxs (sexa por razóns económicas ou porque por calquer outro motivo xs técnicxs desta sociedade e as súas burocracias puxéronlles o carteliño de “Inadaptadxs”) non contan para nada máis que para estar pechadas e sen futuro algún.

Unha vez rematada esta palestra, chamouse xs interesadxs a levar a cabo os seus propios proxectos contra os centros de menores, e de feito, dado que na Galiza non existen (que saibamos) colectivos nin ferramentas específicas para a loita contra esa clase de institucións (a diferencia de zonas coma por exemplo Madrid, onde sí existe unha asamblea contra os centros de menores), tal vez molaría comezar a traballar en serio nese sentido…

A miña valoración global é que a pesar de que algunhas cousas non saíron tan ben coma agardábamos (tal vez sexa un erro noso por poñer o listón alto), outras superaron con creces as miñas expectativas e as doutrxs compañeirxs, e permitíronnos continuar sentando un precedente para que esta clase de iniciativas continúen florecendo, para seguir atopándonos e conspirando, ata derrubar todos os muros físicos e mentais que encerran os nosos corpos, os nosos pensamentos e os nosos soños. Porque comoa xa dixo nunha das súas cartas o compañeiro Adriano Antonacci, anarquista encarcerado na Italia acusado de participar en varios actos de sabotaxe contra a explotación animal e da Natureza no área de Castillos Romanos:

“Coma un prisioneiro non deixo de soñar cun mundo sen violencia autoritaria, ou sen as dicotomías oprimidxs-opresorxs, explotadxs-explotadorxs, un mundo sen restriccións moráis nin sociais inhibindo e reducindo todos os horizontes, un mundo libre de todas as gaiolas… as gaiolas son a vergonza da humanidade. Un mundo onde a arrogancia humana é deixada a un lado e sustituída cunha coexistencia empática entre todxs xs seres vivos, no respecto ao equilibrio natural, un mundo onde a procura da liberdade individual é o único camiño a tomar para unha autodeterminación colectiva e auténtica.”

Para que algún día poidamos abrazarnos de novo, bailar enriba dos cascallos aínda chameantes das prisións e comezar a construir sobre eles un novo mundo sen amos nin escravxs.

Abaixo os muros de calquer talego!

Nin cárceres, nin centros de menores, nin psiquiátricos, nin CIE’s, nin escolas, nin matadeiros, nin laboratorios, nin granxas, nin ningún outro lugar de explotación e encerro para humanxs ou non-humanxs!

Presxs á rúa, rúas para a insurrección!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: