[EEUU] O 13 de maio… aos 30 anos x Mumia Abu-Jamal

MOVERememberOsage (Introducción para Abordaxe x Xan do Can.- En 13 de maio de 1985 a policía de Filadelfia, con o apoio criminal da policía estatal, o FBI e outras “axencias”, conspiraron para cometer un asasinato en masa contra os integrantes da Organización radical afroamericana MOVE –homes, mulleres, meniñas e meniños-, que foran bombardeados no seu fogar. Centos de policías rodearon a casa de MOVE no barrio occidental de Filadelfia. Non era o primeiro ataque policial contra MOVE. Sucedeu tras unha longa campaña co gallo de erradicarla. Escolleran a hora minuciosamente, antes da saída diaria das crianzas. Eran as 5:30 a.m. cando o xefe de policía Gregore Sambor berrou con arrogancia por altavoz: “¡Atención MOVE! ¡Lles fala América!”. E de seguido a policía procedeu a demostrar que sí lles falaba América, disparando miles de balas contra a casa. Un informe confidencial da mesma policía enumerou as municións usadas: 4500 balas de M-16, 1500 de Uzi e 2240 de ametralladora M-60. Logo, as equipas de demolición da policía usaron explosivos, para abrir boquetes nos muros dende edificios contiguos. Por último, na tarde, un helicóptero sobrevoara moi baixo e arroxara unha bomba explosiva militar C-4. Cando rematarar o inferno, a policía MATARA ONCE PERSOAS, entre elas, CINCO CRIANZAS. Reduciran a cinzas unha manzá enteira de casas, deixando sen teito a 250 persoas. Só dúas das moradoras da casa de MOVE sobreviviran, Ramona Africa (quen estivo en prisión 7 anos acusada de motín) e un meniño de 13 anos, Birdie Africa. As investigacións revelaron que altos funcionarios policiais e gobernamentais deseñaran o plano básico da matanza con muita antelación. NUNCA NADIE FOI XULGADO por tais ASASINATOS).Colamos de seguido este texto de Mumia redactado en 26 de abril cando xa se enfrentaba a un atentado médico contra a súa vida e pola que seguimos exixindo a súa saude, vida e liberdade, que recollimos do blog “Amigxs de Mumia”:

O 13 de maio… aos 30 anos x Mumia Abu-Jamal

Por que nos debe importar o que pasou o 13 de maio de 1985?

En serio, iso foi hai 30 anos. Xa choveu. É cousa do pasado. Enténdenme?

Case ninguén di isto – pero é o que moitos pensan.

Direilles por que importa. O que pasou naquel entón foi un antecedente do que está a pasar agora en todas as partes de Estados Unidos.

Non digo que están a bombardear á xente (aínda non).

Refírome a que o odio visceral e o violento desprezo mostrado cara a MOVE en 1985, agora se dirixe cara á xente común, non só cara aos radicais e revolucionarios como eles.

En maio de 1985, as autoridades xustificaron o ataque desapiadado contra os nenos e nenas de MOVE, dicindo que eles tamén eran “combatentes”.

En Ferguson, Missouri, cando a policía e a Garda Nacional utilizaron armas militares contra “os cidadáns”, como cren que describiron estas persoas nas súas comunicacións?

Como “inimigos”.

Que lles parece “combatentes inimigos”?

Vexamos o asasinato de Tamir Rice, de Cleveland. Só tiña 12 anos. Un neno tratado coma se fose un home.

Nenos. Homes. Nenas. Mulleres. Non lles importa.

Cando moitas persoas calaron, ou peor aínda, deron o seu amargo consentimento ao bombardeo, á balacera, á carnizaría empregada contra MOVE o 13 de maio de 1985, abriron a porta ao terrorismo policial actual en todo o país.

Hai unha liña directa que vai dende aquel momento ata agora.

O 13 de maio de 1985 conduciunos ao sinistro Robocop do presente.

Se o masacre tivese sido amplamente condenado en 1985 para que a xustiza se fixese, non poderían impoñer o terror actual en Ferguson, Carolina do Sur, Los Ángeles – ou Baltimore.

O salvaxe bombardeo policíaco do 13 de maio de 1985 e o encubrimento do asasinato de 11 homes, mulleres, nenos e nenas de MOVE, abriron unha porta que aínda non se pecha.

Estamos a vivir as consecuencias.

Escrito o 26 de abril de 2015
Mumia Abu-Jamal

Unha resposta a “[EEUU] O 13 de maio… aos 30 anos x Mumia Abu-Jamal”

  1. […] uns dias publicamos acá em Abordaxe uma crónica assinada por Mumia Abu Jamal sobre os assassinatos orquestrados polo governo dos USA […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: