Manipulación mediática. Os medios ao servizo do goberno.

Colamos (e traducimos) da publicación anarquista “Todo por Hacer”:

el roto claridade confusomNon é ningunha novidade sinalar que os grandes medios de comunicación son o altofalante mediático dos intereses das elites económicas e políticas. A relación entre medios e elites é unha relación de auténtica camaradaría, toda unha demostración do “hoxe por ti, mañá polo meu”, un pacto do que ambos os dous saen beneficiados. Aí tivemos todos os xornais nacionais coas portadas compradas por Coca-Cola anunciando a felicidade que proporciona o refresco favorito dos sindicalistas asasinados pola marca en Colombia o día despois de que o Tribunal Supremo tombase o ERE que afecta ao equipo da embotelladora de Fuenlabrada. Quizais este sería un exemplo paradigmático da capacidade dunha grande empresa de facer valer os seus intereses por unha parte e da falta de escrúpulos, a ocultación de información e a mentira pola parte das grandes empresas da comunicación.

Os medios de comunicación xogan un papel clave no devir da sociedade, son os encargados de socializar os discursos hexemónicos, de marcar axendas políticas e de erguer ao poder a quen sexa necesario no momento oportuno. E así, a través da xeración de opinión pública e consensos, este modelo político, económico e social trata de surfear as adversidades que se vai encontrando no camiño. Nestes intentos, bastante frutíferos, de surfear as adversidades, o poder dótase das ferramentas necesarias para levar a cabo o seu proxecto propagandístico, para esta ocasión gustaríanos sinalar algúns dos casos máis claros de como opera o poder nos seus medios para apartar á suave disidencia que se encontra neles. No territorio que habitamos, a antiga única, grande e libre España, temos a desgracia de ter que aguantar a un dos partidos e goberno máis cutre e descarado de todos os que poboan o continente europeo. O caso do Partido Popular, co virtuoso e grande orador Mariano Rajoy á cabeza, é digno dunha traxicomedia, aínda que quen parte o bacallau en cuestións de comunicación e ten a última palabra é a nosa amiga Soraya Saenz de Santamaría, filla dun asasino franquista, como non (*). Mentres que o seu pai acalaba a disidencia a balazos, a súa filla é algo menos drástica e conténtase con poñer os medios ao servizo do partido do goberno.

A transparencia da manipulación pública

menos entendo o que pasaQuizais a relación máis transparente entre medios e poder sexan as mal chamadas televisións públicas, esas televisións municipais, autonómicas ou estatais onde casualmente a orientación política sempre mira do lado dos intereses do partido de goberno. En Madrid temos TeleMadrid, a cadea autonómica con menos audiencia, caracterizada por despedir os seus traballadores, sobre todo os que estean afiliados a un sindicato, para contratar xente tan independente e competente como exmembros do para nada dereitista canle Intereconomía, con programas tan exitosos e comprometidos socialmente, cos intereses das elites, como “Ciudadano Cake”. Por suposto, isto non é unha cousa exclusiva do PP, por outro lado tamén temos Canal Sur, a autonómica andaluza, que non fai se non reproducir todos os clixés negativos do pobo andaluz ou dicir o boa que é a súa presidenta Susana Diaz. En cuestións de manipulación mediática a cousa non vai de partidos, se non de intereses sociais que se reducen ao mantemento do statu quo.

Dentro da pública encóntrase a xoia da coroa, TVE. Que vén a ser a canle do goberno. Nos últimos meses, fronte á total perda de credibilidade por parte do goberno, parece que se puxeron as pilas e así contrataron a 11 xornalistas, parece ser que ningún dos/as centos de traballadores/as de TVE valían, para fortalecer a cadea ante os próximos acontecementos electorais. Estes/as xornalistas teñen magníficos currículos: Onda Cero, Cope, Intereconomía ou Peridodista Digital, medios de comunicación que demostraron de sobra o seu compromiso… co goberno.

Ademais de fichar xente do seu pperfil, tamén se desfán dos que lles resultan molestos ou non cadran co seu modelo de televisión. Así é o caso de retirar da condución do programa “La Noche en 24 h” a Xabier Fortes ou a máis famosa expulsión de Ana Pastor de “Los almuerzos de TVE”, ambos os dous non se caracterizan por ser xornalistas militantes de nobres causas sociais, son xornalistas que igualmente serven aos intereses da ideoloxía dominante, que non cuestionan o modelo económico e que criminalizan as loitas sociais, pero non son xornalistas do Partido, e como a televisión pública é a televisión do goberno, quen manda, ordena.

Aínda máis escandaloso foi a retirada da xornalista Yolanda Álvarez, correspondente en Gaza de TVE, por petición directa do goberno de Israel. O goberno de Israel acusábaa directamente de ser unha voceira de Hamás, que é algo así como o “todo é ETA” pero en versión sionista. O caso é que o traballo desenvolvido pola xornalista non se axustaba ás estreitas marxes do réxime terrorista de Israel, e o noso goberno, como bo cómplice, acata.

A man do goberno nas privadas

prensa-manipulacionTampouco os medios privados poden alarde1ar de independencia ningunha. Cando o xornal El País se encontraba nunha situación económica insostible, apareceu a vicepresidente Soraya para axudar no refinanciamento da súa débeda, pouco tempo despois, hai un cambio de nome na dirección do xornal por unha persoa máis tolerante co goberno. O diario La Vanguardia tamén recibiu un toque de atención, ao parecer para o goberno o xornal estaba a ter unha dialéctica excesivamente independentista (catalana), aquí tamén houbo cambio de director. Tampouco esquezamos o caso de Pedro J. Ramírez, despedido director de El Mundo tras publicar os papeis de Bárcenas. Nuns poucos meses o goberno se carga 3 directores de 3 dos xornais máis influentes do panorama estatal.

Pero non nos poderán calar

a comunicaçom fai a forçaCon este panorama e tendo en conta que o segundo maior informador dos medios despois do goberno é a Brigada de Información Policial, a confianza nuns medios que só se diferencian na súa titularidade, pública-estatal ou privada, tornouse bastante difícil. Dende o Todo Por Hacer, dunha forma moito máis humilde, sacrificada e, sobre todo, militante, tratamos de facer, na medida das nosas posibilidades, de contrapeso respecto dos grandes medios, dando unha voz propia ás loitas e movementos que se enfrontan á orde imperante. É necesario crear os nosos propios contidos, os nosos propios medios e apoialos, para que o que hoxe é unha pequena publicación mensual poida ser algún día un xornal diario, ao alcance de calquera e que sexa capaz de desmontar a estratexia de comunicación das elites.

Todo por Hacer
……………….

(*) Nota de Abordaxe.- Sen ánimo de contrariar canto se di no texto, as compas de “Todo por Hacer” caen no mesmo bulo que se repite dende hai anos respeito á relación familiar da Soraya con o golpista asasino José Antonio, «Antón», Sáenz de Santa María Tinturé; cando a realidade é que o seu pai era ou é vallisoletano e empregado dunha constructora, de nome Pedro Sáenz de Santamaría.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: