[EEUU] Conferencia de Prensa sobre a Crise Médica de Mumia a 7 de maio

Colamos (e traducimos) do blog AmigosdeMumia de México este resumo sobre a Conferencia de Prensa de case dúas horas na que participaron múltiples persoas en apoio a Mumia, tal como podedes ver e escuitar (en inglés) neste video:

O único remedio verdadeiro para Mumia Abu-Jamal na súa grave condición de saúde será a súa liberdade, concordaron os participantes nunha conferencia de prensa realizada no restaurante Madiba en Harlem, USA, o xoves 7 de maio. Pero como segue en prisión por agora, esixiron un tratamento por un doutor independente que poida entrar á prisión a revisalo e estar en comunicación con el. Tamén esixiron un fin ás limitacións sobre as visitas e chamadas telefónicas e unha investigación de todo o sistema de saúde no estado de Pennsylvania, con énfase nas corporacións privadas responsables polas enfermidades e mortes de miles de presos.

Ao abrir a conferencia de prensa, a moderadora Suzanne Ross da Coalición de New York recordou as palabras da presa política Lynne Stewart, quen foi liberada de prisión debido á súa condición médica en xaneiro do 2014: “Se non tivese saído da prisión, estaría morta agora”. Suzanne tamén comentou que o luns pasado, un grupo entregara unha carta que levaba as mesmas demandas ás oficinas do Gobernador de Pennsylvania Thomas Wolfe e o Secretario de Correccións John Wetzel na cidade de Harrisburg, Pennsylvania. Despois de protestar e difundir información na Rotunda do Capitolio, os manifestantes fixeron un escrache fóra da mansión do gobernador. Mentres estaban aí, achegouse un traballador do taller mecánico en fronte e preguntou: “Vostedes falan de Mumia Abu-Jamal?” Cando dixeron que si, lles contou que el estivo en prisión con Mumia en Mahanoy durante dous anos e que o recorda como unha persoa sinxela que facía moito exercicio no xardín e que sempre axudaba aos demais presos cos seus casos legais. Se alguén tiña un problema persoal ou familiar, sempre intentaba axudalos e escoitalos.

O Senador do Estado de New York Bill Perkins non puido estar presente durante a rolda de prensa pero chegou a tempo para saudar a todos. Mencionou que a roda se celebraba nun restaurante que leva o nome Madiba, un tributo a Nelson Mandela, en Harlem, “a Mecca da diáspora africana”, rodeado por monumentos construídos para recordar Malcolm X, Marcus Garvey e outros heroes.

O ex Pantera Negra Jamal Joseph, agora profesor, director de cine, dramaturgo e fundador do Impact Repertory Theatre falou da cousa máis importante ca el e Mumia aprenderon cando se uniron ao Partido Pantera Negra moi mozos, á idade de 14: amar e servir o pobo con mente, corpo e espírito. Estes son os principios que aínda nos guían, dixo. Mumia segue sendo a encarnación do amor, a esperanza e a transformación. Dixo que os dous teñen outra cousa en común tamén: a diabete. Pero Jamal ten acceso a un tratamento de alta calidade e está perfectamente ben, mentres Mumia está a morrer. En prisión el está suxeito aos mesmos tratos crueis e inhumanos enfrontados por outros miles de presos e ademais, serve de escarmento para aqueles que se atrevesen seguir nos seus pasos. “Temos que entender o que significa para nós a súa saúde e benestar neste momento cando América nos di que os corpos negros non importan. Agarran a un negro de corpo forte e rómpeno para que todo o mundo o vexa e para que ninguén pense na resistencia”, dixo Jamal. Para os nenos, nenas e mozos no seu proxecto de teatro de repertorio, Mumia é un héroe… alguén que lles platica a través dos seus escritos… e déixaos saber que el é parte da súa historia vivente. “E non podemos permitir que esa parte da nosa historia vivente expire baixo castigos crueis e inusuais… ha que liberalo. Hai que salvalo”.

apr29mumiaharrisburgjoepiette13 Juliet Seydi de St. Denis Francia, onde nomearon unha rúa en honor de Mumia en 2008, falou do aprecio que lle teñen a Mumia alá e dixo que unha delegación chegou a Estados Unidos para apoialo e tamén para acompañar á Organización MOVE no aniversario 30 do bombardeo da súa casa colectiva e o asasinato policíaco de 11 dos seus integrantes.

O deputado Charles Barron recordou o programa de almorzo gratis dos Panteras Negras e tamén o seu reclamo ao dereito da auto-defensa. Chamou a encontrar o xeito de seguir o seu exemplo na situación colonial que impera nas comunidades negras hoxe en día.

Ao dar unha breve actualización médica e legal, Noelle Hanrahan de Prison Radio resaltou que Mumia segue estando extraordinariamente enfermo, en parte porque en prisión nunca tivo un tratamento axeitado para unhas condicións crónicas que padeceu durante moitos anos. Como resultado, baixou de peso ata 34 quilos ao principio do ano, recibiu un tratamento equivocado na enfermaría para un sarabullo que detonou unha alza no seu nivel de glicosa no sangue, resultando en síntomas da diabete, para a cal non recibiu ningún tratamento durante tres semanas e por fin entrou en shock diabético o pasado 30 de marzo. O seu nivel de glicosa en sangue chegou a 779 e o seu nivel letal de sodio a 168; sufriu deshidratación e insuficiencia renal. Noelle falou do xeito en que os familiares e compañeiros foron tratados no hospital, onde ao principio, non lles deron información ningunha e prohibiron visitas durante 20 horas. A Mumia non o informaron da súa presenza e mantivérono encadeado á súa cama. Cando un capelán lles comentou que “nunca deixan que os familiares visiten aquí”, souberon que en realidade lle estaba a dicir que moitos presos non saen vivos de aí, que os deixan morrer sós. Non obstante, desenvolveuse unha forte campaña para sacar a Mumia de prisión e mentres tanto, esixir que teña atención médica con acceso a un doutor ou doutores en quen el pode confiar. O avogado de Mumia puido platicar con el e tivo unhas visitas de familia e amigos. Agora é máis difícil que as autoridades carcerarias escondan a súa verdadeira situación. Mentres tanto, noutro terreo, Noelle reportou que unha corte revogou a lei aprobada o outubro pasado para silenciar a Mumia, aínda que advirte que os mesmos que o idearon seguramente intentarán.

O Dr. Joseph Harris, quen tamén ten historia cos Panteras Negras, dixo que el non ten acceso ao arquivo médico de Mumia pero que está consciente dos flagrantes problemas que está a vivir –todos agravados pola privatización da atención médica dentro e fóra das prisións. Opina que a sentenza de cadea perpetua é unha forma de tortura e que Mumia non pode recibir un tratamento axeitado baixo estas condicións. Preguntou: Como podes estar saudable cando che están a torturar? Outras persoas foron liberadas por cuestións humanitarias, di, e é o menos que poden facer no caso de Mumia. O doutor pensa que moitos dos seus colegas se van horrorizar ao saber do trato dado a Mumia e os está a invitar a formar parte dun novo grupo, MDs por Mumia.

Ronsel Vazquez, a Vicepresidente do sindicato 1199 dos traballadores da saúde, formulou que a lóxica do racismo é o xenocidio. Isto é certo nos cárceres, dixo, e nas rúas “cando diariamente os nosos fillos son asasinados por policías que se saen coa súa”. A neglixencia médica contra Mumia tamén é parte deste xenocidio, dixo. Recorda que en Nova York ata os capos da mafia saíron por razóns persoais e insiste en que temos o dereito de esixir que Mumia tamén saia.

Larry Holmes da Asamblea do Poder Popular dixo que Mumia está en prisión porque representa un perigo para o seu sistema. Ninguén debe estar en prisión, dixo, pero se estás aí a estar gravemente enfermo, é unha sentenza de morte. Ao crecente movemento “Black Lives Matter”, faille falta a voz e a participación de Mumia. Hai que sacalo da prisión agora mesmo.

O teólogo Cornel West do Seminario Princeton dixo que todos están presentes porque aman a Mumia e porque aman a tradición de loita da que Mumia forma parte –a tradición de Harriet Tubman, Sojourner Truth, Frederick Douglass, Ida B. Wells Barnett, Marcus Garvey, Malcolm X, Martin King e Fanny Lou Hamer, unha tradición que xera valor, visión e a vontade de vivir e morrer polo pobo. O espírito de Mumia maniféstase cada vez máis nos tempos de Ferguson e Baltimore, dixo, ese espírito perigoso, ese espírito indomable, ese amor imparable.

Pam África, do Comité Internacional da Familia e Amigos de Mumia (ICFFMAJ) dixo que na súa última visita do sábado pasado, non sabía que esperar. “El entrou á sala de visitas camiñando como alguén cos pés encadeados. Intentaba manterse ergueito e forte. Fíxoo non por orgullo, senón por nós porque sabía que moitas persoas nos sentimos destruídas ao velo tan enfermo. Os xeonllos doéronlle e aínda tiña esa comechón constante por todo o corpo”. Dixo Pam que apenas estaba a recuperar a súa voz cando soubo do asasinato de Walter Scott en Carolina del Sur e sentiu a necesidade de falar sobre isto. “Non é certo o que di a FOP, que ha de estar ben se está a escribir ensaios. É que Mumia vai ser Mumia onde queira que se encontre… E non é certo o da neglixencia médica. É intencional. Eles sempre quixeron matar a Mumia”. Dixo Pam que o día do 30 de marzo cando Mumia perdeu a consciencia na prisión, ela e varios outros compañeiros estaban nunha audiencia sobre o caso da lei mordaza. “Se non tivésemos estado aí, se Johanna Fernández non se tivese decatado que o levaran ao hospital, se ela non nos tivese avisado e se nós non tivésemos chegado ao hospital, creo sinceramente que Mumia se tivese convertido noutro antepasado ese día. Creo que a nosa chegada ao hospital salvou a súa vida. Pero el necesita a nosa axuda agora mesmo. Eles nunca deixan de pensar en como van matar a Mumia. Cada minuto, cada segundo están a tramar algo. Hai que sacar a Mumia de aí AGORA… Recibín unha chamada do Ministro Louis Farrakhan. Preguntoume que podía facer por Mumia. Díxenlle: ‘Xa sabes mellor ca min o que podes facer’. Colgou e logo chamou de novo. Dixo: ‘Quero pagar calquera doutor para que revise a Mumia e lle de tratamento’. E vostedes que preguntan: Que podo facer? No seu corazón xa saben a resposta. Que o fagan… Mumia está pelexando para o seu sobrevivencia. Está a pelexar pola nosa sobrevivencia. El cre en nós… E houbo homes na prisión que creen nel. Antes do 30 de marzo, Mumia non se decatara que estaba enfermo. Pero un irmán que se chama o Major Tillery viuno mál, inchado, e preguntouno “Que te pasa? Debes estar na enfermaría”… lle dixo o mesmo ao Director da prisión, quen lle dixo: “Non te metas nisto. Ocúpate dos teus propios asuntos”. Dixo Major Tillery: “Mumia é o meu asunto. Eu son Mumia”… Él había estado nas peores prisións do illamento. En Mahanoy tiña unha situación mellor. Pero cando levantou a voz por Mumia, o Director tomou represalias… o cambiou a outra prisión e agora está no burato… O único xeito en que podemos perder é non pelexar. Mumia está vivo hoxe debido ao noso apoio. Pero non nos decatamos para facer todo o posible para levar a Mumia á casa e tombar este chingado sistema do noso verdadeiro poder… Hai que movernos”.

7 de maio de 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: