[CP Villabona, Asturies] Video Solidario con Belén Vázquez Campillo! Non ao Abandono Sanitario nos Cárceres !!
A finais de abril reproducíramos en Abordaxe a denuncia das familiares de Belén que foi publicada no Boletín Tokata, ante a perspectiva de que están a deixala morrer sen atención médica algunha. Agora colamos este video que tambén recollimos do Tokata
Belén Vázquez Campillo, presa enferma de hepatite c e cirrose, ademais de portadora de VIH, que se está a abandonar á morte na UTE de Villabona, negándolle o tratamento que podería salvala. Dende logo, non é a única persoa presa que se encontra en situación parecida, nin en Villabona nin no resto de cárceres, xa que hai nelas polo menos 14.000 persoas que sofren esa enfermidade, pero o de Belén é un caso extremo. Iniciamos unha “campaña” para denunciar a súa situación, en primeiro lugar, e a de todas a xente enferma de hepatite c que está a sufrir nos cárceres o mesmo abandono.
PEDIMOS APOIO A TODAS AS PERSOAS, GRUPOS E ASOCIACIÓNS SOLIDARIAS COA XENTE PRESA!
Deixar unha resposta