A loita de Antúnez Becerra e das defensoras dos dereitos humanos

As compas do “Todo por Hacer” fan unha súa analise sobre a luita de Antúnez, unha persoa privada de liberdade cumprindo unha cadea perpetua encuberta, e sobre a represión á xente que se preocupa pola situación das persoas privadas da súa liberdade (e non estamos a falar de oportunistas eleitoralistas). Nós traducimos e colamos:

becerra-2 Toda unha vida no cárcere. José Antúnez Becerra leva corenta anos entrando e saíndo de prisión por delitos contra o patrimonio. A súa mirada foi testemuña dos cambios que sufriron as prisión post-franquistas, e estivo presente en numerosas loitas e campañas polos dereitos dos/das presos/as, iniciadas pola COPEL (Coordinadora de Presos En Lucha) ou polos/as presos/as da campaña “Cárcere=Tortura”. Na actualidade quédanlle por cumprir doce anos máis debido a que foi condenado polo motín da prisión de Quatre Camins. Cabe recordar que a vinganza dos/as funcionarios/as do centro adoptou “a forma de malos tratos e torturas, demostradas nun xuízo hai dous anos, no que varios/as funcionarios/as de prisións foron condenados/as”, segundo escribiu o avogado Andrés García Berrio no xornal dixital www.eldiario.es o 26 de marzo de 2015.

Temos ante nós/vos unha persoa privada de liberdade cumprindo unha cadea perpetua encuberta debido a que o límite de cumprimento de penas privativas de liberdade de vinte anos só se impón enbecerra 2 uns casos restrinxidos. As súas avogadas solicitaron que se lle aplique o devandito límite pero aínda non obtiveron resposta. Ten 58 anos, e quédanlle por cumprir doce anos máis. As ganas de vivir máis alá dos muros xunto á súa familia actual e a desidia penitenciaria é o que o levou a tomar a decisión de emprender unha folga de fame o pasado 23 de xaneiro para reivindicar algo tan básico como é que lle dean un permiso penitenciario e que a Administración Penitenciaria lle posibilite realizar o pertinente programa individualizado de tratamento. E non o fixo só: o 12 de decembro de 2014 Javier Guerrero Carvajal tamén iniciara unha folga de fame, o 20 de decembro uniuse Mouloud Legaid e o 2 de xaneiro de 2015 Xavier Corporales Berruecos fixera o propio, todos protestando contra os malos tratos en prisión e as súas denegacións de permisos.

Ao mes e medio da folga, o Colectivo de Apoio a José Antúnez escribiu un comunicado en www.solidaridadantunezbecerra.wordpress.com no que manifestaban que “o seu obxectivo é tan lóxico e humano que resulta incomprensible que non o poida realizar e evidencia o absurdo da lóxica do encerro e da prisión. Repetiuno en varias ocasións: o seu sono é facer unha comida cos seus seres queridos e abrazar a todo o mundo que lle apoia e lle apoiou sen un cristal de por medio”.

becerra-300x161Entre a xente que o apoia, cabe mencionar ás persoas que, co fin de visibilizar e difundir o seu caso (e o do resto de presos/ás en folga), todos os mércores ás 21 h. acudían ás concentracións que se celebraban na madrileña praza de Tirso de Molina.

O 27 de marzo, Antúnez deixou a folga, tras máis de dous meses de loita. Perdera 25 quilos, tiña problemas na vista, e problemas gastrointestinais que facían que o seu corpo rexeitase a auga. En principio, logrou un pacto cunha Xuíza de Vixilancia Pebecerra 3nitenciaria, que prometeu revisar a súa situación. Veremos que acontece.

No momento en que escribimos estas liñas, o preso Javi Guerrero anunciou que abandonaba a súa tras 133 días. Por outro lado, segundo informa a páxina de Salhaketa (www.salhaketa.org), a presa anarquista Noelia Cotelo* encóntrase dende o 22 de marzo en folga de fame (37 días neste momento) porque os/ás carcereiros/ás non queren devolverlle os seus obxectos persoais e de aseo.

becerra-3-300x225 O 23 de marzo, catro días antes do cal Antúnez Becerra puxese fin á súa folga, a Coordinadora de Prevención da Tortura (www.prevenciontortura.org) fixo público un comunicado no que denunciaba que Iñaki Rivera Beiras, profesor de Dereito Penal e Director do Observatorio do Sistema Penal e os Dereitos Humanos da Universitat de Barcelona e Jorge del Cura, voceiro da Coordinadora e membro do Centro de Documentación contra a Tortura, foran vetados en todas as prisións catalás pola Dirección Xeral de Servizos Penitenciarios da Generalitat. Segundo o comunicado, tiveron noticia desta prohibición para realizar comunicacións ordinarias con presos cando mostraran “preocupación polo estado de saúde e a situación de José Antúnez Becerra, preso que leva en folga de fame dende o pasado 23 de xaneiro de 2015 para denunciar a existencia de cadeas perpetuas encubertas”.

Non obstante, este non foi o único golpe contra os/ás defensores/ás dos dereitos das persoas presas da semana. Dous días despois, o 25 de marzo, foron detidas en Euskadi Nagore López de Luzuriaga, psicóloga; Oihana Barrios Salinas, psicóloga; Fernando Arburúa, psicólogo; e Izaskun Abaigar, traballadora psicosocial, no marco da Operación Pastor (https://legal15m.wordpress.com/). Imputábaselles ás/aos catro un delito de colaboración con organización terrorista (ETA), debido ao seu labor de denuncia da tortura a presos/ás, entre eles/ás algúns/ás de ETA. Segundo un comunicado redactado pola Coordinadora para a Prevención da Tortura, publicado na páxina a Asociación Libre de Avogados (www.ala.org.es) o 27 de marzo, “trátase de profesionais de recoñecida traxectoria no campo do traballo en saúde e dereitos humanos, que viñeron desenvolvendo un labor tenaz, profundo e comprometida amplamente recoñecido a nivel tanto persoal coma profesional. Membros destacados de sociedades médicas, docentes universitarios de pre e postgrao, expertos e expertas forenses e consultores nacionais e internacionais no traballo con superviventes de tortura, pero ante todo, profesionais que demostraron ao longo de anos a súa profunda calidade humana e unha sensibilidade e unha dedicación completa cara aos seus pacientes. A razón pola que foron detidas é extremadamente preocupante. Foron detidas polo feito de atender e acompañar persoas de todos os sectores sociais e políticos incluíndo a persoas vinculadas ao movemento abertzale. Persoas que estiveron detidas ou presas ou o están aínda con problemas médicos ou psicolóxicos e familiares de persoas que estiveron ou están presas. […] Se eles e elas son sospeitosas polo seu traballo, calquera pode selo. Todas nós o somos”.

……………
* Nota de Abordaxe .- Tal como xa contamos neste blog, Noelia deixou a súa folga de fame tras 37 días

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: