Inauguración do “Ateneo Libertario Xosé Tarrio” (A Coruña)

cartel aperturaTras longos meses de preparaciòn do proxecto e acondicionamento do local, temos o enorme pracer de anunciar por fin a apertura e inauguración do “Ateneo Libertario Xosé Tarrio”, que abrirá as súas portas o vindeiro sábado 9 de maio no número  16 da coruñesa rúa A Paz (facendo esquina coa rúa Vizcaya, no barrio de os Mallos). O espazo pretende erixirse en ferramenta do movemento contestatario e rebelde da cidade. Promovendo a reflexión, o debate e a difusión da cultura disidente partindo dunha óptica antiautoritaria. Albergará unha biblioteca de temática social e unha distribuidora anticomercial (outros proxectos, como o da radio libre, aínda se atopan en fase de preparación). Tamén será a sede do colectivo “Nais contra a impunidade” e dun grupo de difusión anarquista.

O acto comezará as 14:30h cun Xantador vegano. Ás 17:00h continuará cunha presentación do colectivo “Nais contra a impunidade” así como outra do Proxecto do Ateneo e Biblioteca Anarquista Xosé Tarrio e rematará con Petiscos veganos e un pouquiño de musica en vivo.

Dez, cen, mil Centros Sociais!!!

Longa e próspera vida ao “Ateneo Libertario Xosé Tarrio”!!!

Estades todxs invitadxs… menos xs policías, que sabemos que tamén mirades Abordaxe.

C.R.

Unha resposta to “Inauguración do “Ateneo Libertario Xosé Tarrio” (A Coruña)”

  1. Miguel A. Engranaxe Says:

    Boa senda compañeiros, Desexovos un bo futuro e moitos exitos. ABRAÇOS LIBERTARIOS.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: