[Xenofobia Policial] Un mozo paquistaní denuncia ao Goberno español tras ser identificado “por ser negro y punto”

Entanto os falsimedios seguen manipulando a información dos sucesos en Baltimore, EEUU, onde un feixe de xente saiu ás rúas en protesto polos sucesivos asasinatos de mozos negros a mans de policías blancos e polas decisións xudiciais de absolver algúns destes asasinos confesos, culpando à xente que protesta dos incidentes ocasionados, en troques de buscar a responsabilidade nos gobernos e xuíces que potencian o racismo institucional. Por estes lares tambén temos o noso ao respecto do comportamento xenófobo das forzas de orden, como o caso que nos ocupa e que recollemos ( e traducimos) de El Diario onde a xornalista Gabriela Sáchez aponta que a ONU xa instou en repetidas ocasións ao goberno español a erradicar as identificacións por perfil étnico que, segundo concluíu o relator contra a discriminación en 2013, se manteñen. Alén eldiario lembra o antecedente de Rosalind Williams, unha muller negra que denunciara, hai máis de 30 anos, sufrir unha identificación por perfil racial nunha estación de tren de Valladolid e que vira como o Tribunal Constitucional arquivara o seu caso:
Rosalind-Williams-Ambos-Alejandro-Bustamante_EDIIMA20150426_0407_18
Tariq (nome ficticio) presentou un recurso polo contencioso administrativo contra o Ministerio do Interior polo control de identificación discriminatorio que sofreu en 2013, dado que cando preguntara aos policías a razón de identificalo só a el, estes respostara: “Hombre, a un alemán no le voy a identificar. Por ser negro y punto. Alén durante a condución a comisaría o mesmo axente espetoulle: “Mono que eres un mono”

A resposta resoa aínda hoxe na súa cabeza: “Hombre, a un alemán no le voy a identificar”. A normalidade coa que o axente confesou a razón de frear o seu paso, e só o seu, por unha rúa repleta de xente recordoulle aquilo que tanto tempo tardou en eliminar da súa cabeza; devolveulle o seu medo a sentirse diferente. “Si, por ser negro, y punto”, reiterou o policía despois de requirir a súa documentación. Agora a Audiencia Nacional estuda o seu caso unha vez que o Ministerio do Interior desestimase a súa reclamación polo control discriminatorio do que asegura ter sido vítima. “É unha práctica sistemática pero non lle debería pasar a ninguén máis”.

9 de maio de 2013. Tariq [nome ficticio], paquistaní, paseaba de camiño a casa cun amigo da súa mesma nacionalidade cando un coche patrulla detívose moi preto deles, segundo describe o relato dos feitos descrito na súa demanda, á que tivo acceso eldiario.es. “La documentación”, esixiu a ambos os dous un axente da Policía Nacional. Mostróuselle: conta con residencia regular no Estado español dende que chegou por reagrupamento familiar hai 8 anos. Afirma que cumpriu as ordes policiais e, despois de identificarse, non puido resistirse. “Por que?”, preguntou. O motivo que intuía apareceu sen disimulo. O policía, conta o mozo, admitiu que a súa cor de pel lle impulsara a pedir a súa documentación. Este medio púxose en contacto co Ministerio do Interior e coa Policía Nacional pero ambas as dúas institucións declinan facer declaracións ao respecto por “ser un caso xudicializado”.

A pesar de que os controis de identificación “indiscriminados baseados unicamente en criterios étnicos” non están permitidos segundo unha circular da Policía emitida en 2012 polo Ministerio de Interior, o ordenamento xurídico español polo momento non recolle de forma explícita a prohibición estas prácticas policiais. Aínda que ONG e movementos sociais trataron de conseguir a súa introdución na nova Lei de Seguridade Cidadá, unicamente se logrou unha mención xenérica ao respecto: “Na práctica da identificación respectaranse estritamente os principios de proporcionalidade, igualdade de trato e non discriminación por razón de nacemento, nacionalidade, orixe racial ou étnica, sexo (…)”. Segundo a defensa de Tariq, o avogado do Estado agárrase a elo para defender esa petición de documentación que marcou psicoloxicamente o mozo.

“Nese momento, díxenlle que non abusase da súa autoridade. Saíu do coche, deume unha labazada e meteume no coche”, explica a eldiario.es. “De aí leváronme á comisaría”. Tariq describe a impotencia sentida durante un traxecto caracterizado polos insultos e as intimidacións: “Preguntei que se podía facer unha chamada, e non me deixaron. Eu respondía ao que me dicían. O mesmo axente que me pediu a documentación me dixo: ‘Bueno, cuando vayas a renovar papeles, te enterarás’… E insultoume: ‘Mono que eres un mono’. O detido foi levado a dependencias policiais por “negativa a identificarse, falta de respeto a la autoridad y actitud chulesca”, segundo expón o acta-denuncia por infracción que lle foi entregada a Tariq.

Cando lle deixaron en liberdade, dirixiuse a dúas comisarías diferentes pero non lle permitiron efectuar a denuncia, asegura. Finalmente, púxose en contacto coa ONG SOS Racismo onde o asesoraron para efectuar unha reclamación ao Ministerio do Interior. Unha vez desestimada, o seu defensa, a cargo da Fundación Open Society, interpuxo un recurso polo contencioso administrativo.

O antecedente: Rosalind Williams

Rabia e impotencia. Son as razóns que, conta Tariq, lle levaron ata a Audiencia Nacional. eldiario.es encóntrase con el en Madrid, momentos despois da celebración do primeiro xuízo, do que saíu decepcionado. Segundo a súa defensa, o avogado do Estado defendeu a legalidade dos controis de identificación por perfil racial. Para iso recorreu, explican fontes xurídicas, á sentenza pola que o Tribunal Constitucional arquivou o caso de Rosalind Williams, unha muller de raza negra que sufriu unha identificación por perfil racial nunha estación de tren de Valladolid.
Rosalind-Williams-Alejandro-Navarro-Bustamante_EDIIMA20150426_0415_18
O seu caso, non obstante, foi un fito para a consideración das identificacións por perfil racial neste país. O 27 de xullo de 2009, o Comité de Dereitos Humanos da ONU concluíu que o estado español violara o artigo 5 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, ao ter sometido a William a discriminación racial. O Comité determinou que non poden efectuarse controis de identidade baseados nas meras características físicas ou étnicas dunha persoa, e que tales características non poden considerarse indicios da súa situación migratoria no país.

A ONU pediu explicacións a España. Dende entón, as recomendacións das Nacións Unidas ao respecto sucedéronse, mentres os diferentes Gobernos mantiveron un criterio policial baseado nos trazos étnicos ou raciais á hora de decidir que persoas son identificadas e cuales non. Ese mesmo ano, fíxose pública unha circular interna que obrigaba a deter un número mínimo á semana de estranxeiros en situación irregular durante o Goberno de Zapatero. Non foi ata 2012 cando a Dirección Xeral da Policía adoptou unha circular para prohibir o establecemento de cotas de identificación de estranxeiros baseadas en criterios étnicos.

As similitudes de ambos os dous casos son palpables: un axente vestido de paisano, conta Rosalind, dirixíronse cara a ela. Só e directamente a ela. Solicitaron a súa documentación. A española nacida en Nova Orleans, o seu marido formulou a mesma pregunta que Tariq: “Por que?”. O anden estaba cheo de pasaxeiros pero só rodeaban a ela e a súa familia. “Porque tenemos instrucciones de identificar a gente como ella”. Como ela, negra.

Rosallind Williams séntase fronte a Tariq nun encontro presenciado por este medio. “O meu logro non serviu para nada”, dille a quen pasou por un mal trago calcado ao que ela sufriu hai máis de 30 anos, un episodio marcado por prácticas policiais riscadas de ilegais pola ONU fai xa seis anos e que, segundo as Nacións Unidas e o Consello de Europa se manteñen. O seu sincero pesimismo sorprende a quen hoxe loita a mesma batalla. “Creo que si se avanzou a nivel social e houbo unha serie de cambios”, engade o mozo. “Pero a esencia non mudou.

Segundo o último informe do movemento Brigadas Veciñais dos DDHH, os controis por perfil racial non cesaron, senón que cambiou o método de efectualos. Segundo mencionan, agora lévanse a cabo dunha forma máis discreta, evitan identificacións en masa e adoitan estar protagonizados por policías vestidos de paisano. Unha investigación de Metroscopia do mesmo ano indica que un cidadán negro ten tres veces máis de posibilidades de ser freado pola policía en española que un branco; aqueles de trazos magrebís teñen 7,5 veces máis de posibilidades que unha persoa de “aspecto europeo”.

“Sentirse diferente de novo”

Ambos os dous, Rosalind e Tariq, coinciden: a discriminación materializada nun control de identificación deixa pegada. Segundo describen, vai máis alá que un momento incómodo. Verse rodeado de policías, que frean o seu camiño por uns trazos característicos, por ser diferente, marca tamén a nivel psicolóxico. Rosalind non pegou ollo en toda a noite e non freou a súa busca de xustiza ata que as Nacións Unidas lle dixeron que tiña razón, que esas prácticas teñen un nome: discriminación. A Tariq viñéronselle anos de esforzo por lograr sentirse como os demais nun país tan diferente ao seu.

“O que me empurrou aquel día a decidir chegar ata o final foi máis a rabia. Pero definir esa rabia, especificar o porqué desa rabia, creo que me custou dous anos”. Explica as súas palabras. “Cando cheguei aquí, en 2005, cheguei a Barcelona, non saín da miña casa durante tres meses. Era o medo a sentirte estraño ou a non ter xente aquí. Tardas 8 anos en adaptarte de todo, en sentar a cabeza, en revivir de novo e, de pronto, vén un calquera e inténtacho botar todo pola borda, faite volver sentir diferente de novo, confesa o mozo de 22 anos.

Pensei: “Isto pasoume a min pero non o ten por que pasar a outro neno que malgaste 8 anos, e logo veña e lle diga: ‘A mí me otorga ese poder el Estado. Yo te puedo llamar negro y decirte que no eres uno de nosotros‘”.

Hai uns meses soportou un novo control de identificación. “Intentei calmarme. Despois de mostrarlla, preguntoume polo meu teléfono móbil (un iPhone). Díxome que debía de ter moito diñeiro… Eu respondinlle con ironía. Contestei que non, que en realidade eramos todos mafiosos”, narra resignado. “O avogado do Estado no xuízo mencionou unha posible indemnización. Eu non necesito nada persoalmente. Se o Estado Español pode cambiar as leis e ser un pouco máis humano, perfecto. Se que custa. Pero non vale pedir perdón, a caridade non serve de nanda.

………..

Introdución da noticia x Xan do Can

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: