[CP Villabona, Asturies] O abandono sanitario fai perigar a vida de Belén Vázquez Campillo, presa na UTE e enferma de hepatite C e cirrose avanzada

Colamos (e traducimos) do Tokata esta denuncia das súas familiares ante a perspectiva de que están a deixala morrer sen atención médica algunha e tamén colamos este audio do último programa de radio Tokata y Fuga, onde ao final falan con a familia de Belén:
http://www.ivoox.com/tokata-y-fuga-25-iv-2015-criminal-abandono-de-la_md_4407830_wp_1.mp3″

desatençom medica3Por suposto Belén non é a única persoa presa que se atopa nesta situación ou similar, nen en Villabona nen no resto dos cárceres, dado que hai canto menos 14.000 persoas que sofren esas enfermidades estandoi encirradas, pero o de Belén é un caso extremo e por iso iniciouse unna “campaña” para denunciar a súa situación, en primeiro lugar, e a de toda a xente enferma de hepatitis C que está sofrendo nos cárceres o mesmo abandono:

Belén Vázquez Campillo está presa na Unidade Terapeútica Educativa (UTE) do cárcere de Villabona. Ex toxicómana e portadora de anticorpos de VIH, coas defensas baixas e sen recibir ningunha medicación, sofre un papiloma que pesa quilo e medio… e ademais está enferma de hepatite C e de cirrose.

Os seus familiares denuncian unha desas situacións terribles que non o son menos porque se fixesen habituais dende que, coa xustificación da “crise”, o réxime de dominación e explotación decidiu unha vez máis facer o necesario para manter as ganancias capitalistas, aínda a custa das máis elementais condicións de vida e da dignidade da xente de abaixo.

Despois de ser trasladada dúas veces en coma hepática ao hospital da rúa e despois do correspondente diagnóstico, os médicos da seguridade social decidiron empezar a preparala para recibir o novo tratamento contra a hepatite C, o chamado “sobaldi”, que, segundo parece, require outro previo. Pero, cando chegou o momento de administrarlle o tratamento propiamente dito, os médicos topáronse co contencioso pendente entre as administracións sanitarias autonómicas e o ministerio do interior sobre quen debe facerse cargo do seu financiamento para pacientes presos. A seguridade social asturiana negouse a iso e a administración carcereira nin sequera llo formulara.

De maneira que agora está Belén, con cirrose avanzada, en perigo de morte, sen tratamento e sen posibilidades en perspectiva de que llelo dean a curto prazo, e os responsables de garantir os seus “dereitos” á saúde e á vida xogando a pasarse a pataca quente por ver que administración consegue aforrar algo de diñeiro.

Burócratas sen corazón e sen conciencia, non se sentirán sequera avergonzados, mentres todos os poderes do “Estado de Dereito” e un formigueiro de “funcionarios” están actuando en relación con este asunto, pero ningún para salvar a vida de Belén.

Entre todos a están a matar e ela soa vaise morrer.

Quen será, entón, o “responsable”? Ninguén?

A súa nai e o resto da súa familia piden axuda para conseguir, por quen deben facelo, que se proporcione a Belén o único tratamento que lle pode salvar a vida. E, se non, que a excarceren, xa que é a súa condición de presa a que lle impide acceder aos remedios que tan urxentemente necesita e que, legalmente, a administración penitenciaria, os xuíces e o Estado están obrigados a velar pola súa vida, pola súa integridade e a súa saúde.

Unha resposta to “[CP Villabona, Asturies] O abandono sanitario fai perigar a vida de Belén Vázquez Campillo, presa na UTE e enferma de hepatite C e cirrose avanzada”

  1. […] finais de abril reproducíramos en Abordaxe a denuncia das familiares de Belén que foi publicada no Boletín Tokata, ante a perspectiva de que […]

Deixa unha resposta a [CP Villabona, Asturies] Video Solidario con Belén Vázquez Campillo! Non ao Abandono Sanitario nos Cárceres !! | abordaxe Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: