[Galiza] Diversos organismos compareceron para dar a coñecer a situación de Javier Guerrero, preso na cadea da Lama que leva máis de 130 días en greve de fame.

2013032218023831837 As compas do Grupo de apoio Galiza Sur da Campaña Cárcere=Tortura remitíronos un seu correo onde notifican que o compa Javi, leva dúas semanas nas que non se deixa facer probas, analisis nin pesarse, o seu médico afirma que baixou de peso dende a última vez que o pesaron (52,4 kg o 08/04/15)… o pasado venres o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria desestimou o terceiro grao polo que o seu avogado apelará na Audiencia Provincial.

Alén, onte, convocada pola Comisión de Dereitos Humanos da agrupación Avogados Novos de Vigo, varias organizacións de dereitos humanos fixeron unha rolda de prensa no colexio de avogados de Vigo e un comunicado conxunto, asinado por mais de 40 organizacións, para denunciar as torturas e vulneracións de dereitos nas prisións e o caso de Javier Guerrero Carvajal que leva 130 dias de folga de fame:

Colamos o comunicado:

POLA DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS no C.P. A Lama. O caso de Javier Guerrero Carvajal, 130 dias en folga de fame

A través do presente comunicado, as organizacións de defensa dos Dereitos Humanos asinantes queremos facer pública a denuncia de vulneracións de dereitos fundamentais que se está a vivir no Centro penitenciario de A Lama, e solidarizarnos especialmente con Javier Guerrero Carvajal, en folga de fame desde o día 12 de decembro de 2014 e hospitalizado desde o 5 de xaneiro de 2015 polo seu delicado estado de saúde.

As folgas de fame e sede son formas de protesta e reivindicación que empregan as persoas internas para denunciar os abusos de poder e malos tratos que se dan na cadea, as irregularidades na administración de xustiza e penitenciaría así como as deficiencias en materia de saúde, traballo, educación, actividades culturais e deportivas no tratamento penitenciario e nos procesos de reinserción da poboación reclusa.

Javier Guerrero Carvajal inicia o pasado 12 de decembro de 2014 unha folga de fame con continuas folgas de sede, baixo dúas demandas xerais, o cumprimento do Regulamento Penitenciario e o respecto aos Dereitos Humanos na prisión, e catro denuncias particulares de vulneración de dereitos na súa persoa:

1. Dilacións inxustificadas nas resolucións e revisións de grado.

2. Inseguridade xurídica e arbitrariedade.

3. Vulneración do Dereito a Tutela Xudicial Efectiva.

4. Vulneración dos dereitos e garantías vinculadas as prestacións sanitarias (Javier Guerrero padece fibromialxia entre outras doenzas).

Despois de mais de 4 meses de protesta a súa saúde deteriorouse gravemente. En este tempo sufriu crises de hipoglucemia, desfalecementos, cólicos frecuentes de riles, edemas periódicos na perna esquerda a consecuencia da falta de proteínas, lagoas de memoria. As secuelas para a súa saúde serán dificilmente reversíbeis, poren, Javier Guerrero Carvajal mantense firme na súa decisión de continuar en folga ata:

• Obter resposta efectiva aos recursos de revisión de grao, xa que as dilacións fan que os mesmo se acumulen e fiquen sen resolver.

• Realícese unha correcta folla de cálculo.

• Asistir a comisión que resolve sobre o arquivo da sanción administrativa imposta o pasado decembro, e que podería deixar sen efecto a suspensión do mesmo.

Ante a gravidade da situación de Javier Guerrero Carvajal e as constantes denuncias por vulneración de dereitos humanos nas cadeas españolas por parte das persoas reclusas e organizacións nacionais e
internacionais. Entendemos estamos no contexto político-social oportuno para que as organizacións e sociedade civil que traballamos en pro dos Dereitos Humanos continuemos demandando e así o facemos constar no presente comunicado, transparencia na administración penitenciaría e efectivo respecto aos dereitos das persoas privadas de liberdade, con o fin de conseguir unha administración da pena dentro dos estándares europeos, mais xusta e acorde con o mandato constitucional de prevaleza da rehabilitación e reinserción da persoa condenada como principio reitor da execución das penas privadas de liberdade.

Asinantes:

Agrupación de Avogados Novos de Vigo; Esculca, observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades; Salhaketa; Xustiza e Sociedade de Galicia; Coordinadora Estatal para la prevención y denuncia de la tortura; Imán-Cedro; Observatori del Sistema penal i els Drets Humans; Comité de defensa dos Presos Concepción Areal; Grupo de Apoio a Javier Guerrero Carvajal; Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS)

2 Respostas a “[Galiza] Diversos organismos compareceron para dar a coñecer a situación de Javier Guerrero, preso na cadea da Lama que leva máis de 130 días en greve de fame.”

  1. […] Nov@s Vigo; EsCULca; Abordaxe; Público; Sermos Galiza; Europa Press; Diario de Pontevedra; La Voz de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: