Operación Pandeireta.- E se o ridículo das acusacións é parte da montaxe? x Osec

cblfxecw0aavmxuOsec que se autodefine no seu blog como “Activista. Interesado na defensa dos dereitos contra o capital. Defensor da acción directa”; o sábado pasado publicou este texto como chamado à participación da Mani de Madrid o vindeiro domingo 12, que, se ben non compartillamos na súa totalidade, consideramos moi interesante (alén na entrada do seu blog hai un debate moi saudable ao respecto) e agora colamos à ìntegra (unha vez traducido respeitando cursivas, negruñas e enlaces, alén das fotos):

Esta semana vivimos a segunda parte da que chamaron “Operacion Pandora” cualificada “Operacion Piñata”. Ambos os dous nomes parecen expresar as intencións destas, a primeira como un testeo para valorar que pasaba ao abrir esa caixa, detendo 11 persoas en redadas de madrugada con toda a montaxe mediática ao uso. E esta segunda, cun nome que parece indicar un ánimo de machucar as súas vítimas, cunha sorna que mostra ademais unha escasa preocupación manter unha estética que lexitime esta represión ideolóxica. Ao conxunto desta montaxe referireime como “Operación Pandeireta”. Este nome véñeno usando moitas persoas e sinala de forma clara o absurdo da represión nesta España escura que non saíu do franquismo.

NON É NOVIDADE:

A histórica represión ao anarquismo:

mano-negra-proceso-blanco-de-benaocaz-30-6-1883-audienciaDende que o anarquismo empezase a expandirse en España foi obxecto de persecucións e montaxes, dous dos máis famosos son o de La Mano Negra e o caso Scalac no primeiro de finais do século XIX o estado usa unhas mortes para inventar unha organización e facer razias contra o movemento anarquista que crecía en Andalucía. No caso Scala directamente úsase a un confidente policial para realizar un atentado de falsa bandeira co fin último de parar o ascenso da CNT, a única forza considerable que se opoñía a aceptar a continuidade do franquismo nese cambio estético que chamaron transición e os seus pactos da Moncloa.

As leis “antiterroristas”:

Un grande exemplo da continuidade do franquismo son as leis antiterroristas xulgadas pola Audiencia Nacional, herdeira directa do Tribunal de Orden Público. Se ben estas foron mudando cos anos caracterizáronse por dúas constantes, a eliminación dos dereitos procesuais e a desvinculación do acto delituoso da pena, abondando a miúdo conxecturas baseadas nunha relación ideolóxica para impoñer penas bestiais.

Aínda que non exclusivamente foi Euskal Herria o principal campo de probas na aplicación destas leis, son innumerables os casos así que destaco só un, o de Arnaldo Otegi, un preso político que está en prisión por loitar pola paz. Resulta ridículo e sorprendente que unha das persoas que máis encabezou o rexeitamento da esquerda abertzale á continuidade do terrorismo de ETA estea condenado por querer supostamente “reorganizar a banda”.

As detencións políticas:

operacionpic3b1ata-300x192Se ben a represión política non cesou durante todos estes anos en todo o estado, o nacemento do #15M e os seus valores profundamente anarquistas fixo resoar o taboleiro e pode verse como un momento de inflexión na escalada represiva. Ao principio debeu pillalos algo descolocados, e sistematicamente detencións e acusacións remataban arquivadas. A elaboración do novo Código Penal, que ampla o concepto terrorismo ata límites surrealistas e instaura a cadea perpetua, e a Lei Mordaza, como forma de ruína económica para usar a discreción da delegación de goberno, son froito evidente da necesidade de usar de novo o cárcere de forma masiva contra a mobilización política.

Non esperaron en todo caso a estas leis para lanzar toda unha serie de operacións contra a disidencia, espectaculares ás veces como a detención de persoas por facer chistes en twitter con temas que non se deben facer (e estes temas non son o machismo, nin o racismo, nin ningún que non poña en dúbida a autoridade) xunto a moitos outros casos de persecución de delitos de opinión.

Destaco neste punto por recentes e absurdas as detencións dos compañeiros de Distrito 14 e Fronte 202. Dentro do modelo da detención como castigo e circo mediático, foron detidos 19 mozos acusados de delitos “contra a altas institucións do estado” O que, á vista do sucedido ese día no pleno de xunta de distrito, non é senón outra mostra do total desprezo do estado ante o que chaman “estado de dereito”.

O QUE SI É NOVIDADE:

Non obstante a pesar de todo isto creo que a Operación Pandeireta si supón outro punto de inflexión nesta escalada represiva. E hai varias cousas dela que me resultan sorprendentes e que me fan pensar que a resposta á pregunta do título é si.

Como dicía non é novidade, senón unha tradición neste país e en moitos outros, penar os anarquistas sen necesidade de que incumpran lei ningunha, pero cos mártires de Chicago, Sacco e Vanzetti ou os anteriormente mencionados, “La Mano Negra” e no “caso Scala”, polo menos había un acto que atribuírlles, unhas mortes sobre as que se construía e xustificaba esa represión, aínda que fose unha farsa a acusación evidentemente. Neste caso dous pequenos artefactos, cun comunicado que parece escrito por alguén que odia ao anarquismo, polo que ademais xa había xente en prisión, abondou para deter 55 persoas na Operación Pandeireta. Mención a parte fago do “intento de” que lles atribúen a todos que dá auténtica vergoña allea.

Como dicía non é novidade, senón que polo norte o veñen sufrindo de longo, a aplicación de leis antiterroristas onde a simple organización política te leva ao cárcere por moitos anos sen necesidade de facer absolutamente nada para danar a nada nin a ninguén. Pero ata agora polo menos había algo nalgún lado, agora parece que xa nin iso é necesario. É dicir, xa non só non fai falta ter participado en forma ningunha en danar a ninguén para ser terrorista senón que xa non fai nin falta que danase ninguén. Cantas persoas resultaron mortas ou feridas por alguén de ideoloxía anarquista nos últimos 30 anos? Seguramente é a ideoloxía máis pacifista xunto con algunha outra como o ecoloxismo ou o feminismo, mentres outras que seguen impunes, como o fascismo (que nunca é considerado unha ideoloxía terrorista) provocaron decenas de mortos e miles de feridos nese mesmo período, ou o machismo, que leva un ritmo de xenocidio social.

E como dicía non é novidade senón que sucede cada vez máis a miúdo, ver como se usa a policía con fins políticos, en operacións espectaculares que non perseguen evitar un crime senón criminalizar a distintos colectivos, asaltos a domicilios de madrugada que crean unha estética dura ideal para utilizar na campaña de criminalización mediática e un estado de terror entre a disidencia, pero de novo vexo aquí unha novidade, e é referida á desgana, a sorna do nome e as acusacións á hora de lanzar a campaña mediática con acusacións tan graves. Non entro a analizala pero súmome a este artigo onde repasan moi ben os demenciais titulares de prensa que deu resultado.

E SE O RIDÍCULO DAS ACUSACIÓNS É PARTE DA MONTAXE?

548c5a87ef2bdInferir as intencións do estado cando non se coñecen os detalles nin os obxectivos sempre é un acto especulativo, hai quen sinala a proximidade das eleccións como motivo, como o uso do típico recurso da dereita de crear un inimigo social co fin de chamar á súa xente a filas, pero como digo o nome da operación, a absurda campaña mediática, os feitos imputados a ese “terrorismo” e en xeral, toda a Operación Pandeireta non parece que estea destinada a crear alarma social. Pode que a indiferenza e o silencio sexa a norma na sociedade, pero dificilmente van levantar unha soa décima a preocupación polo terrorismo dos votantes con estes vimbios. De feito antes ao contrario se se mira a historia, e mirándome eu mesmo, é ese tipo de represión brutal a que empurrou algunha vez a moitos anarquistas a votar e estou convencido que non somos tan poucos como lles gusta facernos crer, se ben repito, non creo que a Operación Pandeireta se produza en clave electoral.

Tamén hai quen di que a Operación Pandeireta é unha preestrea do novo Código Penal e a Lei Mordaza. Certamente co novo Código Penal serán moitas máis as persoas inocentes que se verás procesadas por terrorismo. Pero non lle vexo sentido nin a forma en que a estas detencións políticas axuden nese proceso. Eles son conscientes de que as leis son só un conxunto de regras que se aplican de forma selectiva aos pobres para manter o control social. Si, certamente hai xente no cárcere por facer dano a persoas, pero os que o fan sistematicamente fano dende a impunidade, e mesmo sen ser rico un mesmo feito pode levarte ao cárcere ou non segundo interese ao poder. Ben coñecido é o uso de traficantes e outros delincuentes que actúan como sopróns a cambio de impunidade, moito máis sangrante é a protección que o réxime español dá a asasinos, reclamados pola xustiza por delitos de lesa humanidade, poderiamos seguir cun interminable número de exemplos.

Por isto vexo tamén errada esta hipótese, pois ao facer un uso tan sinistro e desgando das leis me parece deslexitiman máis estas novas voltas de rosca que o que poidan axudar á súa implantación. A min xuízo, o mantemento para o estado da orde capitalista baséase nunha sinxela ecuación, someter á xente por engano, a mellor situación para o poder onde a explotación laboral e vital se desenvolven na súa totalidade sen necesidade de inverter máis enerxía e recursos, aos que non engana comprándoos, que lle resulta máis caro e pesado na obtención de plusvalías pero que se viu forzado a facer en moitas ocasións, e aos que nin engana nin compra co terror, en forma de paus, miseria e cárcere, cousa que dá resultado se as vítimas compoñen minorías illadas pero que é arriscado e insostible se se ten que aplicar de forma masiva.

É por isto que a miña hipótese é que a Operación Pandeireta foi deliberadamente cutre e carente de todo sentido, que non se molestaron en crear un monstro, nin sequera en adxudicarlles un ferido, porque non está feita nin para os seus votantes nin para xustificar as novas leis, senón que é unha mensaxe para todos os que non poden enganar e tampouco poden nin están dispostos xa a comprar. Nesta linea que poñer policías con metralladoras polas rúas de Madrid, sen o máis mínimo interese por xustificar en que axudaría iso a deter un atentado. Creo que a Operación Pandeireta é unha mensaxe para deixar claro que ao poder non lle importan leis nin feitos, que só o silencio ante o terror capitalista, agachar a cabeza e conformarte coa situación, así esteas na rúa sen nada, é o único que che salvará do cárcere.

NON TEMOS MEDO:

Moitas son as veces que ante un inminente ataque policial, nun desafiuzamento ou nunha manifestación, berramos “non temos medo”. Coñecín a moitas persoas que afrontan situacións terribles sen perder o sorriso nin a enteireza, non é o meu caso dende logo e a perspectiva da tortura e o cárcere me espantan, pero máis espántame a perspectiva de calar, someterme e sumarme a iso que tantos chaman vida, coma se se puidese vivir mentres calas ante o verdadeiro terrorismo, o que mata mulleres, emigrantes e presos, o que encerra e oprime persoas só culpables de ter un enorme corazón, o desta orde que mantén a millóns na miseria sen que exista máis razón que aumentar os seus beneficios. É por iso que se teño razón me gustaría mandar unha notificación de recibo cun lema #NoNosPodránParar

CONCLUSIÓN:

Moi posiblemente equivóqueme, sexan as razóns que descarto ou outras que nin imaxino as que están detrás de Operación Pandeireta, que a desgana é froito de como funciona a policía española e onde o odio ao anarquismo abonda como motivo xudicial, pero talvez, só talvez, a Operación Pandeireta sexa o berro de medo duns cantos homes malvados que nos coñecen mellor ca nós mesmos, que ven que cada día o anarquismo crece e crece e tremen ante a posibilidade de que un día se mire a se mesmo e se poña de forma masiva a materializar un mundo novo, onde ninguén sufra o terror dunha sociedade desigual e se comprobe que nunca fixo falta outra lei que a íntima conciencia.

Non o sei, anúncianse tempos aínda máis escuros sexa callando esta operación ou coas próximas leis e si me dá medo, pero como di a frase o momento máis escuro da noite é xusto antes de amencer. Non me pillará durmindo.

Advertisements

Unha resposta to “Operación Pandeireta.- E se o ridículo das acusacións é parte da montaxe? x Osec”

  1. Solo agradeceros la traducción del texto y animaros, si queréis, a señalar las discrepancias con la hipótesis que lanzo.

    Salud.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: