Entrevista a Josep Pàmies, defensor das plantas medicinais xulgado por cultivar marihuana

Colamos (e traducimos) de Vice:

hablamos-con-josep-pamies-defensor-de-las-plantas-medicinales-420-body-image-1427812780 Acusa á industria farmacéutica e á OMS (Organización Mundial da Saúde) de prohibir o uso de certas plantas medicinais, de cronificar enfermidades en vez de buscar solucións reais e de promover o uso de transxénicos polos seus propios intereses. Josep Pàmies é coñecido como “o campesiño da estevia” e leva anos reivindicando o uso curativo das plantas medicinais, a través da asociación Doce Revolución, co fin de recuperar a medicina natural. Férreo defensor e divulgador da agricultura ecolóxica, este horticultor e activista conquistou inimigos nas esferas do poder por afirmar que o ébola e outras enfermidades se poden curar con solucións naturais. A súa loita pola defensa dos beneficios da marihuana para o seu uso medicinal levouno recentemente ante a xustiza polo cultivo desta planta, nun caso cuxa sentenza aínda está por determinar.

Josep recíbenos a mañá dun sábado no seu Balaguer natal, nas instalacións de Pàmies Hortícoles o negocio familiar que dirixe xunto ao seu irmán Miguel, e onde falamos con el sobre o particular loita que protagoniza dende fai xa moitos anos.

VICE: Josep, defendes o uso curativo das plantas medicinais e afirmas ferreamente que as farmacéuticas prohiben o seu uso polos seus propios intereses. Por que consideras que a comunidade médica vira as costas aos compoñentes naturais que a miúdo utilizan para os seus propios medicamentos?

Josep Pàmies: A maioría de médicos só estudaron a parte que a comunidade farmacéutica quere que se estude nas universidades. Os médicos hoxe en día aplican a medicina segundo os seus propios protocolos, porque se se saen de aí van ter sancións, van ser expulsados do colexio de médicos.

O Dr. Javier Herráiz, oncólogo durante 3 anos en Lanzarote, descubriu que ao ir reducindo as doses de quimioterapia aos seus pacientes, se curaban máis e había máis supervivencia, ata que ao cabo de tres anos os seus superiores lle dixeron: “Ou aplicas o protocolo ou te despedimos. Se se nos morre algún paciente, imos ter problemas e vannos acusar de non aplicar o protocolo”. Coma se o protocolo fose a panacea. Pois non fai falta, voume, porque eu non quero envelenar con exceso de quimio os pacientes, respondeu Herráiz, e foise. Agora estase a refacer, pero pasouno moi mal porque ese era o seu medio de vida, e tivo que ser moi duro dubidar xa do que aprendera. Hai que ter valentía, si, pero agora xa son momentos bos para saír do armario, os médicos van ter moito soporte da sociedade, porqué están fartos desta medicina única. Non vou dicir que non teña aspectos bos pero…

Peter Goetsche presentou hai pouco o libro Medicamentos que matan e crime organizado (Os libros do Lince), onde explica como os gobernos e os seus ministerios de saúde son manipulados polas farmacéuticas, que os antidepresivos matan máis que a cocaína e a heroína xuntos, que a aspirina mata máis que a sida, ou que o omeprazol é o causante de 3.000 fracturas de fémur e de cadeira en persoas anciás só aquí en Cataluña, e aínda se siga dando omeprazol por un tubo.

Que o diga un médico dese talle e que non pase nada nin a nivel popular, nin a nivel de goberno, que ademais o xefe de farmacoloxía da Vall d’Hebron e presidente do Instituto de Farmacoloxía, Ramón Laporte, faga o prólogo deste libro, se reafirme en que estes datos son certos e que os gobernos non lle fagan caso, que esta sociedade aparvada non nos revelemos nin a nivel político nin a nivel social-humano… Isto é unha vergoña. Eu non quero ser un año máis.

Pero existe unha alianza entre médicos e sandadores que agora está a frutificar na Asociación Médicos e Sandadores liderada por Paco Barnosell. Esta asociación pretende aglutinar a todas as ciencias médicas baixo o concepto do que chamamos a medicina holística. Unha medicina na que non critiquemos, non denunciemos ferozmente só a unha parte da medicina ou o abuso desta medicina tradicional, que tamén ten unha parte boa, abrigo na parte de diagnóstico, de precirurxía, de cirurxía, de tratamento de urxencia con produtos químicos en emerxencias. Pero no que fallamos é no paquete de pastillas que nos levamos cando saímos do hospital, e aquí é onde hai que corrixir. A propia sociedade tense que implicar en algo que é tan sagrado como a nosa saúde. O mellor médico somos nós mesmos. Estamos a converter a humanidade en seres indefensos, totalmente dependentes e hai que recuperar este instinto, esta intuición, saber que é o que teño que facer en cada momento.

Fálanos sobre o MMS, tamén chamado dióxido de cloro ou clorito de sodio, e da loita pola súa legalización para o seu uso terapéutico.

Este produto é un tesouro e é practicamente gratis. Na miña opinión hai que conservalo e telo como un recurso na casa, para utilizalo só en caso de que non se poida facer nada máis. Eu quizais o utilice unha vez ao ano, un día, unha noite se me vexo cunha gripe. Un virus non se pode combater cun antibiótico pero co MMS si, por iso dicimos o ébola pódese curar co MMS, porque temos a experiencia. A malaria cúrase en oito horas, como se comprobou en Gambia e en Kenya, xa que non é un virus, é un parasito, e a hepatite C tamén se pode curar con este produto.

A nós chámannos tolos e acúsannos de impedir que a xente se trate co oficial pero que problema teñen en probar un produto que é inocuo se cumpres cos protocolos de utilización? Se non che funciona xa poñeranche os retrovirais para a SIDA, os interferóns ou estes novos medicamentos para a Hepatite C que valen 100.000 euros. Xa nolo poñeremos, pero temos outro produto que é económico, practicamente gratuíto porque é un desinfectante de augas natural.

Quen decide que se prohiba o MMS?

A OMS. Os ministerios de saúde de todo o mundo perderon a súa independencia para facer os seus pinitos e esas cousas. Os ministros de sanidade van á asemblea da OMS e danlle o poder para o resto do ano. Por que un goberno elixido democraticamente ten que obedecer unhas normas dun organismo ao que ninguén elixe?

Enriba os gobernos do mundo só financian a OMS cun 23 por cento do seu presuposto de forma desinteresada. O outro 77 por cento do presuposto da OMS vén de farmacéuticas, de Coca-Colas, de Nestlés, de Danones, de Monsantos, vén de Bill Gates coa súa fundación altruísta que non o é, vén de gobernos que din “esta achega que che fago condicionada non é para que investigues o ébola gratuitamente, non, é para que investigues medicamentos caros para que logo a xente que ten diñeiro os poida pagar”.

No teu libro mencionas o caso do pai César Hernández.

O Padre César en Burkina Faso e Javi Galindo, que non é un pai, é un padrazo, é un transportista e panadeiro que curou miles de persoas de malaria, de lepra, de ántrax, de ébolacon esas herbas e o dióxodo de cloro. Por iso nós podemos afirmar con rotundidade que o ébola se pode curar con dióxodo de cloro, pola nosa experiencia diaria. Temos compañeiros que están alí a arriscar as súas vidas con ébolas, malarias, tuberculose… e todo iso cúrano moi doadamente. Galindo estivo a punto de que o matasen, arrancáronlle os seus campos de artemisa e tivo sorte de que intercedesen por el e lle salvasen a vida de milagre. A experiencia desta xente en primeira liña é o que nos dá forza a nós para dicir o que estamos a dicir.

Recentemente tivo problemas pola plantación de marihuana para o seu uso medicinal. De feito, comentaches que mesmo as autoridades policiais che chegaron a axudar e que nunca se puxeran con este tema ata fai ben pouco. Como está todo o proceso que viviches?

Non son casualidades, é causalidade. Había anos que cultivamos marihuana porque hai persoas que cando lles dicía que debían cultivarse eles mesmos a súa mata xa que unha mata non é delito e se teño que cultivar eu 20, 30 ou 40 matas si que sería delito, respondíanme pero é que agora xa non teño tempo, a miña planta tardará seis meses en crecer, teño cancro, eu teño esclerose múltiple, eu teño artrose, artrite reumatoide, que non se me controla con nada, estou moi mal, etc… “. Co que eu acababa dicindo vai, xa te dou un pouco, pero eu teño que cultivar e arriscar por ti… “. Eses Mossos sabíano porque tamén se poñen enfermos os Mossos d’Esquadra e a policía de aquí. Cando viñeron de paisanos tamén leváronse aceite de marihuana, e hai uns anos dous Mossos trouxéronme dúas matas xigantes de marihuana aquí e dixéronme “ti vas facer un bo uso delas, requisámosllelo a un tío que o quería vender como droga”.

Eu estaba tranquilo de que isto era así, pero un día perdemos a nosa neta e as casualidades fixeron que Mossos, Policía e cidadáns que había por aquí debido ás visitas guiadas que facemos cada sábado, entrasen no pequeno invernadoiro onde as cultivabamos e as viron. Os Mossos dixeron “agora vímolo moita xente, non só nós que xa o sabiamos e se non te denunciamos, nos nos van denunciar por non te che denunciar”. “Pois facede o que teñades” que “facer”, díxenlles. Fun a declarar o 11 de decembro e agora estou á espera de de que o xuíz ditamine se haberá xuízo ou non e que pena propoñen.

Nós imos defendernos con médicos que curaron persoas, con biólogos como Manuel Guzmán, da Universidade Complutense que demostrou que a marihuana vai ben para o cancro, a esclerose múltiple e para outros temas que fomos descubrindo. A marihuana non é unha planta tóxica, e non pode matar a ninguén, usouse milenariamente e nunca se salientou unha soa morte con marihuana. É cando dixen, mira: eu cultivo e que sexa o que Deus queira. Se teño que ir ao cárcere vou afrontalo con toda a tranquilidade do mundo porque sei que dentro de pouco isto vai normalizarse.

Agora vaise legalizar o Sativex, que é THC (tetrahidrocannabinol) sintético. Se temos que usalo algunha vez, usarémolo pero, para que usar este fármaco só para evitar os vómitos ocasionados pola quimio? Eu o que quero utilizar é THC e os miles de cannabinoides máis que leva a marihuana, ademais doutras substancias, que son case como un alimento. Porqué cando a uso na súa complexidade, esta planta non só evítame os vómitos da quimio senón que me cura o cancro, mesmo de cerebro, de páncreas e a esclerose múltiple

Isto é o que hai que divulgar e para o que hai que arriscarse, e non creo que pase nada, pero se pasa, tampouco pasará nada. Eu sei que xa estou de volta, que se hai que entrar no cárcere por iso, prefiro entrar por iso que por ladrón como Pujoles e Bárcenas e todas esas mafias políticas.

A pataca quente está no tellado do xulgado, que fagan o que queiran.

Alexandra Carrera

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: