Operación Piñata: Todos somos o inimigo! x Revista Argelaga

Nos envían para darlle pulo esta reflexión da Revista Argelaga (que traducimos):

En 1985, o xurista conservador Günther Jakobs congratulouse ante o mundo da aparición e desenvolvemento dunha lexislación restritiva en clara contradición co Dereito Penal tradicional, dentro do cal constituía unha parcela estraña á que denominou Dereito Penal do Inimigo. As devanditas leis sancionaban condutas ás que a “autoridade competente” atribuía o papel de levar a comisión de actos delituosos aínda que os devanditos actos non se tivesen cometido. O suposto infractor sufría castigo non por feitos realizados, senón por feitos posibles. A lei xa non o contempla como un cidadán do Estado con plenos dereitos, senón como un perigo, un inimigo do Estado con dereitos recortados, ou mellor, sen dereitos. Pois ben, dada a inestabilidade duns sistemas políticos onde a progresión da inxustiza social evidencia o seu fracaso histórico, a lexislación contra o “inimigo” pasou de ser a excepción á norma, quebrando a relación lóxica entre a falta e a sanción, ou o delito e a pena. No actual ordenamento xurídico as detencións e rexistros arbitrarios sen ordes expresas, a violencia gratuíta dos axentes da orde, as deficientes garantías procesuais e o castigo desproporcionado por delitos inexistentes, empezan a ser normais. Vímolo recentemente, por exemplo, no xuízo do 4F, nos procesos a piqueteiros, na Operación Pandora e na revisión da sentenza aos que “bloquearon” o acceso ao Parlament de Catalunya, cousas que confirman unha situación que xa non corresponde a un estado de Dereito, senón a un estado de Excepción, ou sexa, a un estado de Non Dereito. Políticos, policías, xuíces, fiscais e maxistrados gustosamente contribúen a iso.

A idea de “inimigo” constitúe a base dun estado de Dereito Suprimido, é dicir, dunha Democracia da Non Liberdade (dunha Ditadura). Por inimigo considérase non o corrupto, o prevaricador ou o delincuente privado, senón o adversario do ordenamento xurídico e político vixente, a quen combate a este, sexa con ideas ou con feitos. O inimigo é o inimigo público, o do sistema político, aquel que non acepta a súa lexitimidade e considera a súa existencia como a garantía dunha desigualdade e unha opresión perpetuas. E o sistema, para protexerse, sepárase do seu inimigo, pono fóra da lei e transfórmao en criminal, posto que a disidencia é un crime, o maior. O sistema considérase en guerra contra ese “inimigo” e polo tanto aplícalle leis de guerra. Cando o Xefe Superior de Policía de Valencia, Antonio Moreno, nomeado por Rubalcaba, xustificou nunha rolda de prensa (20 de febreiro de 2012) a contundencia das cargas policiais nas manifestacións contra os recortes no Ensino referíndose aos estudantes como “o inimigo”, proclamaba coa naturalidade do verdugo un segredo de Estado voces. O funcionario foi ascendido dous anos máis tarde. Aínda hai quen se resga as vestiduras falando de trazos “típicos do franquismo”, cando en realidade son típicos da democracia de castas parlamentarias. Non, o Dereito Penal do Inimigo non é un legado da Ditadura de Franco; é unha invención do sistema democrático bipartidista.

Un sistema autoritario, chámese democrático ou non, defínese respecto ao seu inimigo, ese ser vil e infame que pretende a súa abolición, e na actualidade a etiqueta de “terrorista” cadra á perfección. Pero cualificar a todo inimigo de terrorista require unha gran flexibilización do concepto. Así pois, no campo gasoso do terrorismo cabe de todo, dende a queima de colectores e o lanzamento de bengalas aos actos propios da loita armada, dende a difusión de ideas e a okupación aos atentados suicidas. Nese todo queda atrapado calquera que discrepe da forma estatal como a ideal dunha sociedade libre organizada e dubide do desenvolvemento económico capitalista como esencia da democracia, posto que a pouco que practicase as súas ideas, na linguaxe da orde equivalería a “subverter a orde constitucional, ou suprimir, ou desestabilizar gravemente o funcionamento das institucións políticas”. O delito de opinión, é dicir, ter unha opinión contraria á dominante, ao parecer leva lonxe. Igual que os delitos de usurpación e resistencia á forza pública, é dicir, a creación de centros sociais en edificios abandonados e a protesta ante a brutalidade policial. As imaxinarias tramas de “terrorismo anarquista” descubertas pola policía e perseguidas polos xuíces son unha clara mostra do que estamos a dicir.

A Operación Piñata do 30 e 31 de marzo último, segunda parte da Operación Pandora, tiveron por obxecto a detención de persoas acusadas de pertencer a unha “organización criminal con fins terroristas”. Enténdase ben iso de “fins”, posto que nin hai proba ningunha de que os detidos estivesen organizados, nin tampouco de que se lles poidan atribuír accións que ata utilizando os criterios máis amplos sexan cualificables de terroristas. A organización en si, coa que moitos non tiveron nada que ver, os Grupos Anarquistas Coordinados, non foi máis que un foro de relacións entre individuos e colectivos de ideoloxía afín para os efectos de propaganda perfectamente trasparente, coa súa dirección de correo electrónico incluída. Non obstante, no Dereito Penal do Inimigo, a organización do contrario é delituosa por natureza, e polo tanto, criminal e terrorista per se; un “punto de encontro de grupos violentos” dispostos a cometer improbables “sabotaxes e colocación de artefactos explosivos” co obxecto de “sementar o terror na poboación”. Aquí xúlgase soamente pola intención, que se dá por sentada. O inimigo non ten dereito á intimidade, nin tampouco á liberdade de expresión ou de reunión, polo que tanto o uso do servidor Riseup, como a publicación dun libro e a coordinación de persoas, son consideradas probas abondo de delitos potenciais e aínda doutros xa cometidos por descoñecidos, como os petardos de feira colocados en caixeiros automáticos ou os artefactos sen carga explosiva da Almudena e do Pilar, que servirán para cualificar de “terroristas” ás vítimas da operación.

O Director xeral da Policía Nacional Ignacio Cusidó non ten empacho en afirmar publicamente que “o terrorismo anarquista se implantou en España” e por iso a loita contra el é “unha prioridade para a policía”. Se os feitos desmenten tales despropósitos, tanto peor para os feitos. Os axentes da orde arranxarán probas e os xuíces desbotarán testemuños favorables. O Dereito Penal do Inimigo somérxenos nun universo kafkiano que en certo modo ten a súa lóxica e esa é a do medo. A aberración xihadista e a crise prolongada ameazan con espertar unha histeria securitaria nas masas cidadás que non augura nada bo. Malos tempos para a liberdade, un valor á baixo, e bos para os falcóns da política. O medo é a coartada do Poder, e un sector deste é partidario de xogar esa carta a fondo. As algaradas na rúa ridiculizaron montóns de veces a eficacia dunhas forzas da orde mentalmente moi identificadas coa súa función represora, pero incapaces de neutralizar unha loita urbana ruidosa que conta con efectivos non excesivamente numerosos. O ridículo é ás veces moito máis subversivo que a propaganda radical ou a pedrada, se ben non é o acto de sabotaxe máis contundente do sistema, si é o que máis o deslexitima. A Operación Piñata non se desencadeou pois contra un etéreo terrorismo anarquista, senón que forma parte dun plan de guerra que apunta ao ámbito segregado do sistema, á base da disidencia social e da resistencia na rúa. Aos ateneos, centros ocupas, asembleas veciñais, colectivos obreiros autónomos, grupos anticarcerarios, agrupacións en defensa do territorio… É unha operación de limpeza que intenta evitar que uns minúsculos puntos de apoio, á calor da crise económica e política, se convertan en panca dunha crise social dificilmente manexable. Como dixo Cusidó, trátase dun “labor preventivo”, dúas palabras que convén interpretar en sentido militar, posto que este servidor do Estado é consciente de estar en guerra contra o bando radical da xustiza social, a igualdade e a liberdade.

ABAIXO O ESTADO!

LIBERDADE INMEDIATA PARA OS DETIDOS!

Revista Argelaga, 1 de abril de 2015.

2 Respostas a “Operación Piñata: Todos somos o inimigo! x Revista Argelaga”

  1. epynndwem Says:

    Reblogged this on Pluma Epynndwem.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: